18/12/13

UN XOGO PARA O NADAL


ESTABÁMOLO DESEXANDO: UN XOGO PARA ESTAS FESTAS. VEDOQUE OFRÉCENOS A POSIBILIDADE DE PASALO BEN E APRENDER CON ESTE XOGO. PREMEDE NA IMAXE OU IDE AO QUE XOGAMOS. ENJOY!
SE XA XOGÁCHEDES, DICÍDELLO A PAULO AQUÍ, COMA SEMPRE.
AH, E DE PASO, PAULO DESÉXAVOS A TODOS E A TODAS UNHAS FELICES FESTAS.

16/12/13

FOLLETO RESUMO DO CONTO DO APALPADOR


NON TODO VAI SER TRABALLAR NO EDI. POR ISO, UNHA VEZ QUE TIÑAMOS MOI APRENDIDO O CONTO DO APALPADOR, NECESITABAMOS UN DOCUMENTO EN PAPEL QUE PUIDESEMOS LEVAR Á CASA E EXPLICARLLES O CONTO ÁS NOSAS FAMILIAS. E PUXÉMONOS MANS Á OBRA. 
PARA QUE O POIDAMOS VER OS CATIVOS E CATIVAS TAMÉN NA CASA, PUBLICAMOS O FOLLETO ON LINE. MELLOR DITO: OS FOLLETOS. PORQUE HAI DOUS COLGADOS. NUN DOS ARTIGOS QUE TEMOS PUBLICADO N'A TROPA XA HAI TEMPO, VIÑA UNHA LIGAZÓN EXPLICANDO AS FASES POLAS QUE PASAMOS OS NENOS E NENAS NO NOSO DESCUBRIMENTO DA LECTO-ESCRITURA. POIS BEN, CON ESTES DOUS FOLLETOS IDES PODER VER AS DÚAS PRIMEIRAS ETAPAS. PREMEDE NAS IMAXES DE ENRIBA PARA VELOS.
SE XA VÍCHEDES OS FOLLETOS, REXISTRARÉMOLO AQUÍ.

05/12/13

RESUMO: COMO BUSCAMOS NOVAS SOBRE QUENLLAS?


COMO BEN VÍCHEDES AO LONGO DO TRIMESTRE, ESTIVEMOS MOITO TEMPO BUSCANDO NOVAS SOBRE OS ANIMAIS COMA PAULO: AS QUENLLAS. SE PREMEDES NA IMAXE, PODEREDES VER CAL FOI O PROCESO QUE SEGUIMOS. DESDE QUE COMEZAMOS VENDO DIFERENTES XORNAIS ATA QUE ACABAMOS POÑENDO OS NOSOS PROPIOS PÉS DE FOTO.
ESTÁ PUBLICADO NUN LIBRO VIRTUAL PERO PODEDES TAMÉN DESCARGALO EN PDF.
ANOTADE AQUÍ SE XA O ABRÍCHEDES.

29/11/13

A NOVA VERSIÓN DO APALPADOR


O LIBRO DO APALPADOR QUE ESTIVEMOS VENDO TEN UNS DEBUXOS MOI BONITOS, PERO ALGUNHAS PALABRAS QUE USA SON MOI DIFÍCILES DE ENTENDER. POR ISO, COLLEMOS O LIBRO DE XOÁN G. E CAMBIAMOS UN POUCO A HISTORIA. ESPERAMOS QUE NON LLE IMPORTE ;)
TÉMOLO PUBLICADO EN ISSU. GOZÁDEO E ANOTADE AQUÍ SE XA O VÍCHEDES!

25/11/13

PAULOMOVIES: TITORIAL PARA XOGAR CON MATEA CALCULATOR (2)


XA VÍCHEDES O VÍDEO DE MATEA CALCULATOR. NOTÁCHEDES SEGURAMENTE QUE NON TIÑA SON, QUE NON SE EXPLICABA O QUE HABÍA QUE FACER. POIS BEN, ESTA SEMANA ÍMONOS DEDICAR A GRAVAR AS NOSAS VOCES NARRANDO OS PASOS QUE HAI QUE SEGUIR. PERO, CLARO, MATEA É UNHA ROBOT E, POR ISO, AS NOSAS VOCES VAN SOAR COMA SE FÓSEMOS ROBOTS. IMOS UTILIZAR O PROGRAMA AUDACITY, QUE TENDES Á VOSA DISPOSICIÓN EN O QUE BAIXAMOS.
COMA SEMPRE, ANOTADE AQUÍ SE XA GRAVÁCHEDES.

AS PARTES DUNHA NOVA (2)


VEÑA! IMOS COA DERRADEIRA ACTIVIDADE QUE IMOS FACER COAS NOVAS SOBRE QUENLLAS. XA O VIMOS FACENDO NA CLASE CO PAPEL, PERO AGORA PROBAREMOS A POÑER O PÉ DE FOTO UTILIZANDO AS FERRAMENTAS DO EDI.
TEMOS TODO O QUE NECESITAMOS NESTA LIGAZÓN. ALÍ ATOPAREMOS:

AGORA QUE XA TEMOS TODO LISTO, IMOS COMPOÑER A NOSA NOVA:

  1. ABRIMOS O DOC DA NOVA.
  2. ARRASTRAMOS A FOTO AO DOC DA NOVA E LOGO COLOCÁMOLA NO SEU SITIO.
  3. E FINALMENTE ARRASTRAMOS O NOSO PÉ DE FOTO AO DOC DA NOVA E POÑÉMOLO NO SEU LUGAR.
AQUÍ COLGAREMOS COLGANDO AS NOVAS QUE IMOS IR FACENDO:

24/11/13

UN CONTO DO NADAL


XA NOS ACHEGAMOS AO NADAL E, COMO AÍNDA TEMOS O SABOR DAS CASTAÑAS NA BOCA, IMOS LER UN CONTO QUE XUNTA NADAL E CASTAÑAS.
ALÁ, MOI LONXE, NUNHAS MONTAÑAS QUE SE CHAMAN O COUREL, VIVE UN HOME QUE SE CHAMA O APALPADOR. QUEREDES SABER QUEN É? UN PAPA NOËL VERDE? UN REI MAGO CON BOINA? QUEREDES ENTERARVOS DE QUE FAI ESTE HOME NO NADAL? POIS PREMEDE AQUÍ PARA VERDES O CONTO, QUE PAULO ADAPTOU PARA VÓS.
SE QUEREDES QUE VER A VERSIÓN ORIXINAL, FACEDE CLIC AQUÍ PARA VER O PDF.
COMA SEMPRE, TEMOS QUE ANOTAR AQUÍ SE XA VIMOS O CONTO.

18/11/13

PAULOMOVIES: TITORIAL PARA XOGAR CON MATEA CALCULATOR (1)


CADA VEZ QUE IAMOS A AO QUE XOGAMOS E PASABAMOS POR UN DEBUXO DUN ROBOT, ALGÚNS NENOS E NENAS DICÍAN: EU QUERO XOGAR AO ROBOT!
POIS BEN. HOXE PUXÉMONOS A XOGAR A EL. CHÁMASE MATEA CALCULATOR. PERO, CLARO, CANDO PREMES NO PROGRAMA AÍNDA NON PODES XOGAR PORQUE TES QUE SEGUIR UNHA CHEA DE PASOS ANTE DE CHEGAR. ENTÓN, PARA EXPLICARLLO A TODO O MUNDO DECIDIMOS FACER UNS VÍDEOS GRAVANDO O PROCESO ATA CHEGAR AO XOGO. QUE FERRAMENTA UTILIZAMOS? POIS GRAVADORA DE VÍDEO DE NOTEBOOK. É MOI SINXELO: PREMEMOS NO CÍRCULO VERMELLO PARA GRAVAR E LISTO.
DE MOMENTO O VÍDEO É MOI SIMPLE: NON TEN SON, ANIMACIÓNS... PERO POUCO E POUCO IMOS IR ENRIQUECECÉNDOO. DÁDENOS TEMPO.
TEMOS QUE ANOTAR AQUÍ SE XA ESTIVEMOS VENDO O VÍDEO E XOGANDO.

11/11/13

MÁIS CREBACABEZAS CON PAULO


NON NOS ABONDABA CON FACER OS CREBACABEZAS DAS NOVAS. QUERIAMOS FACER OUTROS E PENSAMOS EN PAULO. QUERIAMOS TER UN COA SÚA FOTO E PUXÉMONOS MANS Á OBRA.
COLLEMOS A WEBCAM QUE TEMOS NA AULA EDI, CHAMAMOS A PAULO E, ENFOCANDO BEN, FIXÉMOSLLE UNHA FOTO. LOGO SUBIMOS ESA FOTO A JIGSAW PLANET E VOILÀ: XA TEMOS UN NOVO CREBACABEZAS.
TEMOS QUE ANOTAR AQUÍ SE XA ESTIVEMOS XOGANDO.

06/11/13

AS PARTES DUNHA NOVA (1)


PARA COÑECER AS PARTES DUNHA NOVA, IMOS XOGAR A COMPOÑER UNHA DUN XORNAL DIXITAL. E, PARA ISO, USAREMOS AS NOVAS QUE VIMOS LENDO E VENDO ESTES DÍAS. UTILIZAMOS O JIGSAW PLANET QUE TEMOS EN AO QUE XOGAMOS. PREME NAS FOTOS E FAI O QUE MÁIS CHE GUSTE. SE VES QUE CHE RESULTA MOI DIFÍCIL, PREME NA PANTASMA DA PARTE INFERIOR ESQUERDA. VAICHE AXUDAR MOITO.
LOGO, O GRUPO TENLLE QUE DICIR A PAULO QUE XA ESTIVO XOGANDO.

30/10/13

POÑEMOS PÉS DE FOTOS

 PREME E VAI Á NOVA.

 PREME E VAI Á NOVA.

 PREME E VAI Á NOVA.

VEDES ESTAS TRES FOTOS? SON DAS NOVAS QUE ESTIVEMOS BUSCANDO O OUTRO DÍA USANDO A LUPA DOS XORNAIS. 
LEMBRADE: PRIMEIRO PRACTICAMOS COMO SE ESCRIBÍA A PALABRA "TIBURÓN" E LOGO ESCRIBÍMOLA NA CAIXIÑA ONDE ESTÁ A LUPA.
AGORA TOCA MIRAR AS FOTOS DALGUNHAS DESAS NOVAS E POÑERLLES O NOSO PROPIO PÉ DE FOTO. VEÑA!
AQUÍ IMOS IR DEIXANDO OS PÉS DE FOTO DE TODOS OS EQUIPOS:

28/10/13

O SAMAÍN DE PAULO


ESTAMOS EN TEMPO DE SAMAÍN E, PARA CELEBRALO, IMOS CUN XOGO NOVO. AÍ TENDES UNHA CABAZA PARA DECORALA. FALANDO DE DECORAR. MIRADE COMO DECOROU CELIA A SÚA CABAZA. GOZADE COLOREANDO CABAZAS!
AQUÍ ESTÁN AS NOSAS CREACIÓNS:

23/10/13

COMO SE ESCRIBE "TIBURÓN"?


O OUTRO DÍA, MENTRES SEGUIAMOS TODOS OS PASOS PARA BUSCAR NOVAS SOBRE QUENLLAS, TIVEMOS UN PROBLEMA. CALES SON AS LETRAS DA PALABRA "TIBURÓN"? ENTÓN, PUXÉMONOS A PRACTICALA NO NOTEBOOK. ALGÚNS NENOS E NENAS DICÍAN: "EU NON SABO ESCRIBIR". PERO ISO NON É CERTO. TODOS SABEMOS ESCRIBIR Á NOSA MANEIRA.
MIRADE O BEN QUE O FIXEMOS (COAS GRAFÍAS DO GRUPO DAS LÚAS DE MARÍA JOSÉ ACTUALIZADAS):

21/10/13

PAULOMOVIES: A DE COUSAS QUE HAI EN PSICOMOTRICIDADE!


ESTE MES, NAS SESIÓNS IMOS FACER UNHA CHEA DE COUSAS PARA COÑECER OS MATERIAIS DA AULA DE PSICOMOTRICIDADE.:
  • QUECEMENTO: FORMAREMOS UN CADRADO COS CONOS E LOGO CORREREMOS ARREDOR DELES. FAREMOS DOUS EQUIPOS E DESPOIS CORREREMOS PRIMEIRO UNS, LOGO OUTROS E DESPOIS TODOS E TODAS.
  • XOGOS ESPACIAIS: AO SON DA MÚSICA POÑÉMONOS DENTRO DOS AROS. CANDO PARE, BAILAMOS.
  • XOGOS CORPORAIS: DESPRAZARSE ÁS CATRO PATAS NAS COLCHONETAS, CON DOUS PUNTOS DE APOIO E UN POUQUIÑO CON UN.
  • XOGOS TEMPORAIS: MOVERSE AO SON DO PANDEIRO (LENTO, AMODO).
  • RELAXACIÓN.

COIDADO ARAÑA, QUE CHEGA O OUTONO!


XA SABEDES QUE ESTAMOS EN OUTONO E, COMO TODOS OS OUTONOS, CHOVE ABONDO. ESTES DÍAS ESTIVO A CHOVER TANTO E TANTO QUE... MIRADE O QUE LLE PASOU A INCY WINCY SPIDER. WATCH OUT, INCY!
TAMÉN O PODEDES VER EN AO QUE XOGAMOS.

17/10/13

COMO BUSCAR NOVAS?


AGORA QUE XA ESTIVEMOS APRENDENDO A PREMER NUNHA LIGAZÓN (NESTE CASO DE XORNAIS) E BUSCANDO AS LUPAS, TOCA FACER ALGO MÁIS. ASÍ QUE, UNHA VEZ QUE ESTEAMOS NA PÁXINA DOS XORNAIS, IMOS BUSCAR UNHA NOVA SOBRE ALGO QUE NOS GUSTE. QUE TAL SE PROBAMOS A ATOPAR NOTICIAS SOBRE QUENLLAS? MIRADE O VÍDEO, QUE VOS DI COMO SE FAI. VEÑA!
XA ESTIVEMOS BUSCANDO E ALGUNHAS CLASES XA ESCOLLERON A NOVA QUE MÁIS LLES GUSTOU:

16/10/13

O OUTONO E A SRA. LINGUA


O OUTONO CHEGOU TAMÉN CHEGOU Á CASA DA SRA. LINGUA. O VENTO DEIXOULLE A PORTA CHEA DE FOLLAS SECAS E AGORA NÓS TEMOS QUE AXUDARLLE A VARRELAS. VEÑA! COLLE A VASOIRA (A TÚA LINGUA) E PÁSALLA POLA PORTA (POLO BEIZO INFERIOR). ASÍ MOI BEN!

11/10/13

BUSCAMOS A LUPA NOS XORNAIS


QUEREMOS BUSCAR UNHA NOVA SOBRE QUENLLAS, SOBRE TIBURONES, ABOUT SHARKS, VAIA. E PARA ISO ESTIVEMOS BUSCANDO EN DIFERENTES PÁXINAS DE XORNAIS ONDE SE TEN QUE POÑER ESA PALABRA. NORMALMENTE HAI UN SITIO ONDE APARECE UNHA LUPA COMO A QUE SE VE ENRIBA. VOLVEMOS AOS XORNAIS E BUSCAMOS A LUPA? ADIANTE!
ALGUNHAS CLASES XA A ESTIVERON BUSCANDO E RODEÁDOA. PARA ISO, USAMOS O ROTULADOR DO ENCERADO DIXITAL DA AULA EDI. MIRADE AQUÍ OS PDF DO QUE FIXEMOS:

09/10/13

UN XOGO DO OUTONO


EN AO QUE XOGAMOS TENDES UNHA CHEA DE XOGOS. AQUÍ VOS VAI UN SOBRE AS ESTACIÓNS. ESTÁ EN INGLÉS. IMOS PROBAR CO OUTONO. ENJOY!

08/10/13

A SRA. LINGUA QUERE COÑECER AS VOSAS SRAS. LINGUAS

 

POIS ISO. COLLEDE UN ESPELLO E AMOSÁDELLE Á SRA. LINGUA A VOSA LINGUA. CANTAS HAI NESTA CLASE! VEÑA!

02/10/13

BUSCAMOS NOVAS SOBRE QUENLLAS





IMOS INVESTIGAR O QUE É UNHA QUENLLA. PAULO É UNHA E QUERE COÑECER NOVAS, MOITAS NOVAS SOBRE ANIMAIS COMA EL. O PRIMEIRO PASO É VISITANDO PÁXINAS WEB DALGÚN XORNAIS. PREMEDE AÍ E LEVARAVOS A UN SITIO CON MOITAS FOTOS E LETRAS. COME ON!

30/09/13

PAULO PRESÉNTASE A TODOS E TODAS


NON VÍCHEDES A NOVA NO XORNAL? POIS APARECEU O OUTRO DÍA. SABIADES QUE PAULO FIXO A SÚA PRESENTACIÓN EN SOCIEDADE? COMO NON O IADES SABER, SE VÓS ESTABADES ALÍ. 
PREMEDE NA IMAXE PARA VER MÁIS.

24/09/13

PAULO PRESENTA... O EDI!


OLA, AMIGOS E AMIGAS. O OUTRO DÍA PAULO COÑECEUVOS A TODOS E A TODAS E PRESENTOUVOS UN NOVO APARELLO: O ENCERADO DIXITAL INTERACTIVO. SABEDES QUE EN CADA AULA TEMOS UN, PERO CANDO IMOS Á AULA DE PAULO SOMOS MENOS NENOS E NENAS E PODEMOS FACER MÁIS COUSAS.
AQUÍ VOS VAI A PRIMEIRA ACTIVIDADE QUE IMOS FACER NEL. HAI QUE APRENDER A MANEXALO E O MELLOR XEITO É USANDO O NOSO DEDIÑO. DESTA VOLTA PARA TIRAR BOTELLAS VERDES E CANTAR. A GOZAR!

13/09/13

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOVO CURSO!

OLA DE NOVO A TODOS E TODAS!
UN ANO MÁIS O NOSO AMIGO PAULO IRANOS INTRODUCINDO NO MUNDO DAS TIC. ESTE ANO, O NOSO AMIGO ESTARÁ COS CATIVOS E CATIVAS DE 3 ANOS. POR ISO, O BLOG NECESITA UN PEQUENOS AXUSTES E, NESTES DÍAS, ESTAMOS EN OBRAS. TEMOS QUE PREPARAR BEN A NOSA PÁXINA PARA OS NOVOS NENOS E NENAS E ISO LEVARANOS UNS DÍAS. 

13/06/13

CAL FOI O TEU LIBRO ESPECIAL PREFERIDO?


PREME NA IMAXE E VOTA AS VECES QUE QUEIRAS O QUE MÁIS CHE GUSTOU. ISTO NON É COMA EN DOODLE, NON É PRECISO POÑER O NOME. ÁNIMO!

12/06/13

XOGOS DE REPASO DO LIBRO ESPECIAL



UN RETO: A VER QUEN SE LEMBRA DE TODOS OS LIBROS ESPECIAIS. PAULO PROPONVOS UN XOGO. SIGUE ESTE PASOS:

  1. PREME NAS IMAXES, ALÍ ATOPARÁS UNHAS LETRAS MOI RARAS.
  2. PREME EN FICHEIRO E LOGO EN DESCARGAR
  3. O ARQUIVO CHEGARÁ AO TEU PC.
  4. ÁBREO PARA XOGAR. 
ASÍ DE SINXELO. ENJOY!

07/06/13

PAULO AXUDANDO A NAVEGAR POR INTERNET


DI CLAUDIA G. QUE NON LLE FURRULA O MOZILLA E PAULO QUERE AXUDARLLE. O QUE TEN QUE FACER É DESINSTALO E BAIXAR CALQUERA DESTES DOUS NAVEGADORES DE BALDE. UNHA VEZ DESCARGADOS, SÓ HAI QUE INSTALALOS.

30/05/13

SI, O NOVO LIBRO ESPECIAL ERA...


COMO XA MOITOS SABIADES, O NOVO LIBRO ESPECIAL ERA CATARINA, O OSO E PEDRO, UN FERMOSO LIBRO DE VIAXES. BOTÁDELLE UN OLLO AO DOODLE QUE FIXEMOS E QUE MOITOS DE VÓS XA CONTESTASTES. COMO PAULO SABE QUE VOS GUSTA MOITO POÑER O VOSO NOME E MARCAR A RESPOSTA, AÍNDA NON PECHOU A VOTACIÓN E PODEREDES SEGUIR VOTANDO DURANTE UNS DÍAS.

27/05/13

NOVO LIBRO ESPECIAL


ALGÚNS NENOS E NENAS XA SABEN CAL É O NOVO LIBRO ESPECIAL. ESTIVERON SACÁNDOLLE FOTOS E SUBIRONAS Á TROPA DE PAULO. MIRÁDEAS E DESCUBRIDE CAL É O LIBRO PARA LOGO CONTESTAR EN DOODLE. ÁNIMO!

16/05/13

A XOGAR CON POISSONROUGE


XA TENDES EN AO QUE XOGAMOS ALGO QUE SE CHAMA POISSONROUGE. PREGUNTARÉDESVOS O QUE É. PERO MELLOR QUE CONTALO É VIVILO. IDE ALÍ E GOZÁDEO!

15/05/13

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


COMO SABEDES, PAULO CASE SEMPRE FALA EN GALEGO (ALGUNHAS VECES TAMÉN FALA EN CASTELÁN, INGLÉS E MESMO EN ÉLFICO). POR ISO, O VENRES 17 DE MAIO É O SEU GRAN DÍA E PARA CELEBRALO QUERE OFRECERVOS UN VÍDEO DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

03/05/13

GIFS CON PICASION


OS GIFS SON SEMELLANTES AOS VÍDEOS, PERO NON SE GRAVAN CUNHA CÁMARA DE VÍDEO SENÓN CUNHA DE FOTOS. QUEREDES SABER COMO FIXEMOS OS GIFS DE ABAIXO? POIS SEGUE ESTES PASOS:
  1. PONTE DIANTE DA CÁMARA E NON TE MOVAS DO SITIO.
  2. SACA 3 OU 4 FOTOS CON DIFERENTES ACENOS.
  3. VAI A PICASION E SUBE AS FOTOS.
  4. DÁLLE AO BOTÓN DE CREATE ANIMATION.
  5. GOZA DO TEU GIF, QUE PODES BAIXAR PREMENDO EN SAVE THIS ANIMATION.