12/04/16

QUE É UN GROMO?

IMAXE: VAN GOGH MUSEUM.

OUTRA IDEA ESTÁ XURDINDO NAS CLASES DE INFANTIL. DEBEMOS DARLLE FORMA AÍNDA PERO, COMO ELEMENTOS MOTIVADORES, XA TEMOS DECORADA UNHA PARTE DO CORREDOR DE ENTRADA CON COUSAS RELACIONADAS COAS FLORES E PLANTAS: MACETAS, LIBROS, CADROS... ÁBRESE UN GROMO, ENTÓN.
O OUTRO DÍA ESTIVEMOS CONVERSANDO NA ASEMBLEA. TROUXEMOS UNHAS FLORES Á CLASE E ESTIVEMOS A FALAR SOBRE ELAS.
ANDREA: EL SOL HACE EL COLOR DE LAS FLORES.
VEGA: LAS RIEGAS Y CRECEN.
NADIA: ...CON LA TIERRA.
MARCOS: PABLO Y YO COGIMOS HIERBA EN EL PATIO PARA COCINAR.
TAMÉN PAROLAMOS SOBRE O CADRO DE VAN GOGH QUE VEDES ARRIBA:
DANIEL: LAS PLANTAS BEBEN AGUA POR UNA COSA QUE ES MUY GRANDE QUE POR FUERA TIENE UNA COSA QUE ES ROJA.
PABLO P.: UN DÍA VI GIRASOLES CUANDO IBA DE PASEO CON MI ABU EN ESPASANTE.
LEIRE: SON AMARILLOS. YO QUIERO UNA FLOR ROSA.
A VER QUE SAE DE AÍ!

11/04/16

SAÍDA Á BIBLIO DOS ROSALES

IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.

OUTRA EXCURSIÓN. NON TEMOS PARADA!
A MEDIA MAÑÁ DO XOVES, SUBIMOS AO AUTOBÚS.

DIRIXÍMONOS AO BARRIO DOS ROSALES, EN CONCRETO, Á SÚA BIBLIOTECA. LORENA E VERO, AS BIBLIOTECARIAS AGARDÁBANNOS NA PORTA E NON TARDARON EN PRESENTARNOS AO PAXARO OLE. 

RECIBIRAMOS UNHA CARTA DEL CONVIDÁNDONOS A IR E, CLARO, NON IAMOS DICIR QUE NON. FOINOS EXPLICANDO AS ETIQUETAS QUE HAI NOS LIBROS E, DE CADA UNHA, LEUNOS UN CONTO.

LIBROS SOBRE O MUNDO QUE NOS RODEA

LIBROS CON MÚSICA

LIBROS CON SORPRESA

LIBROS PARA VER

LIBROS PARA CONTAR