29/11/13

A NOVA VERSIÓN DO APALPADOR


O LIBRO DO APALPADOR QUE ESTIVEMOS VENDO TEN UNS DEBUXOS MOI BONITOS, PERO ALGUNHAS PALABRAS QUE USA SON MOI DIFÍCILES DE ENTENDER. POR ISO, COLLEMOS O LIBRO DE XOÁN G. E CAMBIAMOS UN POUCO A HISTORIA. ESPERAMOS QUE NON LLE IMPORTE ;)
TÉMOLO PUBLICADO EN ISSU. GOZÁDEO E ANOTADE AQUÍ SE XA O VÍCHEDES!

25/11/13

PAULOMOVIES: TITORIAL PARA XOGAR CON MATEA CALCULATOR (2)


XA VÍCHEDES O VÍDEO DE MATEA CALCULATOR. NOTÁCHEDES SEGURAMENTE QUE NON TIÑA SON, QUE NON SE EXPLICABA O QUE HABÍA QUE FACER. POIS BEN, ESTA SEMANA ÍMONOS DEDICAR A GRAVAR AS NOSAS VOCES NARRANDO OS PASOS QUE HAI QUE SEGUIR. PERO, CLARO, MATEA É UNHA ROBOT E, POR ISO, AS NOSAS VOCES VAN SOAR COMA SE FÓSEMOS ROBOTS. IMOS UTILIZAR O PROGRAMA AUDACITY, QUE TENDES Á VOSA DISPOSICIÓN EN O QUE BAIXAMOS.
COMA SEMPRE, ANOTADE AQUÍ SE XA GRAVÁCHEDES.

AS PARTES DUNHA NOVA (2)


VEÑA! IMOS COA DERRADEIRA ACTIVIDADE QUE IMOS FACER COAS NOVAS SOBRE QUENLLAS. XA O VIMOS FACENDO NA CLASE CO PAPEL, PERO AGORA PROBAREMOS A POÑER O PÉ DE FOTO UTILIZANDO AS FERRAMENTAS DO EDI.
TEMOS TODO O QUE NECESITAMOS NESTA LIGAZÓN. ALÍ ATOPAREMOS:

AGORA QUE XA TEMOS TODO LISTO, IMOS COMPOÑER A NOSA NOVA:

  1. ABRIMOS O DOC DA NOVA.
  2. ARRASTRAMOS A FOTO AO DOC DA NOVA E LOGO COLOCÁMOLA NO SEU SITIO.
  3. E FINALMENTE ARRASTRAMOS O NOSO PÉ DE FOTO AO DOC DA NOVA E POÑÉMOLO NO SEU LUGAR.
AQUÍ COLGAREMOS COLGANDO AS NOVAS QUE IMOS IR FACENDO:

24/11/13

UN CONTO DO NADAL


XA NOS ACHEGAMOS AO NADAL E, COMO AÍNDA TEMOS O SABOR DAS CASTAÑAS NA BOCA, IMOS LER UN CONTO QUE XUNTA NADAL E CASTAÑAS.
ALÁ, MOI LONXE, NUNHAS MONTAÑAS QUE SE CHAMAN O COUREL, VIVE UN HOME QUE SE CHAMA O APALPADOR. QUEREDES SABER QUEN É? UN PAPA NOËL VERDE? UN REI MAGO CON BOINA? QUEREDES ENTERARVOS DE QUE FAI ESTE HOME NO NADAL? POIS PREMEDE AQUÍ PARA VERDES O CONTO, QUE PAULO ADAPTOU PARA VÓS.
SE QUEREDES QUE VER A VERSIÓN ORIXINAL, FACEDE CLIC AQUÍ PARA VER O PDF.
COMA SEMPRE, TEMOS QUE ANOTAR AQUÍ SE XA VIMOS O CONTO.