18/04/15

UN CONTACONTOS NA BIBLIO

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

O PASADO MÉRCORES VEU AO COLEXIO UN CONTACONTOS. DESPOIS DO RECREO, ACUDIMOS Á BIBLIOTECA E UN HOME CUNHA MALETA ESTÍVONOS A NARRAR VARIAS HISTORIAS. ENSINOUNOS VARIOS LIBROS E COÑECEMOS ALGÚNS MONICREQUES: UN RATO, UN PAXARO...

16/04/15

ELIXIMOS UN CADRO PARA O RECANTO DE PLÁSTICA

IMAXE: FUNDACIÓN M. JOSÉ JOVE.

SEMPRE CONTAMOS CUN AUTOR OU CADRO PARA INSPIRARNOS NO RECANTO DE PLÁSTICA E, APROVEITANDO A VISITA Á FUNDACIÓN JOVE, QUIXEMOS ELIXIR UN DOS QUE ALÍ VIMOS. 
PASAMOS ALGUNHAS IMAXES DOS CADROS AO NOSO ORDENADOR E, DESPOIS, CADA UN DE NÓS FOI ANOTANDO O QUE MÁIS NOS GUSTABA.
IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.
LOGO, CONTAMOS OS VOTOS DE CADA CADRO E DISCUTIMOS SOBRE CAL TIÑA MÁIS. O MEU GAÑOU, DICÍAN ALGÚNS NENOS E NENAS, XA TIVESE DOUS OU CATRO VOTOS O SEU. PERO, AO FINAL, DESPOIS DE REFLEXIONAR UN CHISCO, DÉMONOS CONTA DE QUE O CADRO CON CATRO RAIAS ERA O GAÑADOR.
FOMOS ENTÓN Á TROPA DE PAULO, ONDE HABÍA UNHA LIGAZÓN Á PÁXINA DA FUNDACIÓN JOVE E DESCUBRIMOS QUE O AUTOR DO CADRO ERA FERNANDO ÁVAREZ DE SOTOMAYOR E QUE A SEÑORA DO CADRO NON SE CHAMABA FLOR (COMO NÓS PENSABAMOS), SENÓN DOÑA ELVIRA ESTANY VALART.

14/04/15

SAÍDA Á FUNDACIÓN JOVE

IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.

HOXE ACUDIMOS Á FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE, UN LUGAR CON MOITAS OBRAS DE ARTE. A MEDIA MAÑÁ MONTAMOS AO AUTOBÚS. A VIAXE FOI CURTA PERO DIVERTIDA.
XA DENTRO COÑECEMOS A PATRICIA, QUE, PARA CHEGAR Á SALA DE EXPOSICIÓNS, SUBIUNOS EN ASCENSOR. E VIMOS UNHA ESCULTURA.
UNHA VEZ ALÍ, PRESENTOUNOS UN AMIGO: FORES, CHAMÁMOSLLE NÓS. ERA UNHA ESCULTURA DE MADEIRA Á QUE LLE FOMOS COLOCANDO AS PARTES DA FACIANA.
MADEIRA, CLARO. E A MADEIRA  VÉN DAS ÁRBORES E, POR ISO, QUIXEMOS VER COMO É UNHA POR DENTRO.
LOGO, COÑECEMOS A UNHA AMIGA DE FORES.
E O XARDÍN POR ONDE PASEA A SÚA AMIGA.
E LOGO, PATRICIA PREGUNTOUNOS SE SABIAMOS ONDE ESTABA A PRAIA NA QUE SE BAÑA FORES E NOA CONTESOTU QUE ELA O SABÍA E LEVOUNOS ATA ALÍ.
E XA NA PRAIA, ESTIVEMOS TOMANDO UN POUCO O SOL (SÓ UN CHISCO; NON TIÑAMOS CREMA).
E VIMOS OUTRA PRAIA.
E, COMO XA VÍCHEDES NA VOSA CASA, DEBUXAMOS UN AUTORRETRATO E MAIS O CADRO QUE MÁIS NOS GUSTOU.
CREAMOS CADROS MOI PARECIDOS AOS QUE VIMOS NA SALA. MIRADE COMO CRISTINA IMITA AS LIÑAS HORIZONTAIS DE CORES NESTE.

ESTA VISITA RESULTARANOS MOI ÚTIL, PORQUE DE AQUÍ VAI SAÍR O VINDEIRO AUTOR QUE TRABALLAREMOS NA AULA. ÍMOLO ESCOLLER ENTRE TODOS E TODAS.

13/04/15

CANCIÓNS DE PRIMAVERA


XA HAI TEMPO QUE ESTAMOS NA PRIMAVERA PERO AÍNDA NON O CANTARAMOS COMO É DEBIDO. AÍ VAN UN PAR DE CANCIÓNS PARA FACELO. UNHA DA CANLE DE YOUTUBE DE ELF KIDS VÍDEOS E OUTRA DE MUSICAEDUCA.