03/02/18

O ENTROIDO DOS ANIMAIS


O ENTROIDO TAMÉN TERÁ O SEU LUGAR NAS CLASES DE PSICOMOTRICIDADE:
  • QUECEMENTO: IMOS MOVERNOS POLA CLASE ALTERNANDO OS DESPRAZAMENTOS IMITANDO A DIFERENTES ANIMAIS.
  • XOGOS ESPACIAIS: OS ANIMAIS TERÁN QUE PERCORRER UN CIRCUÍTO DE OBSTÁCULOS SEN DEIXAR DE SER ELES MESMOS. PASARÁN POLO RÍO SALTANDO POLAS PEDRAS (AROS), ARRASTRÁNDOSE POLAS XESTAS (PASANDO DEBAIXO DAS PICAS)...
  • XOGOS CORPORAIS: PENSAREMOS QUE PARTES DO CORPO UTILIZAMOS MÁIS EN CADA IMITACIÓN. 
  • XOGOS TEMPORAIS: PENSAREMOS EN QUE ANIMAIS VAN MÁIS RÁPIDO E CALES MÁIS LENTO.
  • RELAX: FORMAREMOS A NUBE DE CALMA. CADA CATIVO SERÁ, COMA SEMPRE, UN RABO DE NUBE.

02/02/18

O ENTROIDO DA SRA. LINGUA


INVERNO ESTÁ A SER MOI LONGO E TAMÉN ESTÁ AFECTANDO Á NOSA AMIGA. COLLEU UN ARREFRIADO DE AUPA E AGORA NON TEN VOZ. A ELA ENCÁNTANLLE AS ENTROIDO, PERO TEN MEDO DE NON SANDAR PARA CELEBRALO. GÚSTALLE MOITO DISFRAZARSE E CANTAR PERO, TAL E COMO ESTÁ, CADA VEZ QUE QUERE CANTAR ALGO, NON ARTICULA PALABRA. 
AO CABO DUN ANACO, COMO SE ABURRE, PROPON UN XOGO COS SEUS AMIGOS OS BEIZOS: ELES TEÑEN QUE PRONUNCIAR UNHA VOGAL SEN EMITIR SON NINGÚN E ELA TEN QUE ADIVIÑAR DE CAL SE TRATA. QUE VOS PARECE? XOGAMOS?