29/01/15

Nº6 DE ROTHKO (PARTE 2)

IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGOAULA DE FILOSOFÍA DE EUGENIA SÁNCHEZ BRAVO.

XA COLGA NA PORTA A RECREACIÓN DO CADRO DE ROTHKO QUE ESTIVEMOS PREPARANDO ESTES DÍAS. COSTOU MOITO E DECATÁMONOS DE QUE, CANDO UN SE PON A IMITAR A UN ARTISTA, NON É TAN DOADO. XURDÍRONNOS MOITOS PROBLEMAS QUE XA FÓCHEDES VENDO NOS ARTIGOS ANTERIORES. POR EXEMPLO, HOXE NON ERAMOS QUEN DE CREAR UN GRIS TAN ESCURO COMO O DA OBRA DE ROTHKO. E, NÓS, VEÑA A ENGADIRLLE MÁIS NEGRO, E MÁIS, E MÁIS...
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
OUTRA DIFICULTADE, O AZUL NON NOS SAIU TAN INTENSO COMO O DEL. E ISO QUE MISTURAMOS DÚAS VECES NEGRO E AZUL. PERO, NADA, NON DEMOS COA COR.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
AGORA, XA O TEMOS NA PORTA E, VÉNDOO TODOS OS DÍAS, PODEREMOS IR COMPROBANDO OUTROS DETALLES QUE NON NOS QUEDARON EXACTAMENTE IGUAIS: OS RECTÁNGULOS NON TEÑEN A MESMA PROPORCIÓN, O BRANCO DEBERÍA TER SIDO MÁIS TRANSPARENTE PARA DEIXAR VER O AMARELO, O AMARELO DE ROTHKO É MÁIS LUMINOSO... PERO, SOBRE TODO ISO HABEMOS DE DEBATER ESTES DÍAS.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.


27/01/15

CANCIÓN DO INVERNO ANIMADA



UTILIZANDO PICASION, QUE SERVE PARA CREAR GIFS A PARTIR DUNHAS FOTOS, DÉMOSLLE UN POUCO DE VIDA Á CANCIÓN DO INVERNO.
CON LA NARIZ COLORADA

Y BUFANDA DE COLORES,

PASEO POR LA CALLE,

DANDO, DANDO TIRITONES.

EL SOL ESTÁ ESCONDIDO,

EL VIENTO SILBANDO.

YO ME FROTO LAS MANITAS

QUE EL INVIERNO ESTÁ LLEGANDO.

25/01/15

Nº6 DE ROTHKO (PARTE 1)

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

PUXÉMONOS MANS Á OBRA, Á OBRA DE MARK ROTHKO. OS CADROS DESTE ARTISTA SON MOI GRANDES (OCUPAN PAREDES ENTEIRAS) E, SE NOS DEDICÁSEMOS A IMITALO E CREAR PEZAS COMA AS DEL, NON NOS ABONDARÍAN OS MUROS DA NOSA CLASE. ASÍ QUE DECIDIMOS PINTAR NUN FORMATO MÁIS PEQUENO, QUE NOS COLLESE, POR EXEMPLO, NA PORTA DA CLASE. COMO A SUPERFICIE A COLOREAR ERA MOI GRANDE E OS PINCEIS DA CLASE MOI PEQUENOS, DECIDIMOS UTILIZAR OUTROS INTRUMENTOS. FOMOS, ENTÓN, Á CLASE DA MESTRA Mª JOSÉ E PEDÍMOSLLE UNS ROLOS.
IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.
LOGO, ESCOLLEMOS A PINTURA DE FONDO (AMARELA), PERO ESQUECEMOS ALGO: O TÍTULO DO CADRO. EN EFECTO, O CADRO CHÁMASE Nº6 (AMARELO, BRANCO, AZUL SOBRE AMARELO CON FONDO GRIS) E, CLARO, DEBERIAMOS TER COLOREADO PRIMEIRO DE GRIS. PERO, NON PASA NADA, OCORRÉUSENOS QUE, UNHA VEZ REMATADO O CADRO, PINTARIAMOS OS BORDES DESA COR (E ASÍ NON SE NOTARÍA TANTO).