03/02/16

LUGRÍS E O SEU MUNDO

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

ENTRE A PAZ E O ENTROIDO, TAMÉN DEIXAMOS SITIO PARA SEGUIR COÑECENDO MÁIS SOBRE URBANO LUGRÍS E O SEU UNIVERSO MARIÑO. PERO, PARA CONTALO, IMOS DAR UN PASEO POLOS RECANTOS DA AULA.
XA SABEDES QUE, NO RECANTO DE BIBLIOTECA, ESTIVEMOS A ELABORAR UNHA BONITA PORTADA. ASÍ QUEDOU A DE NEREA.
DURANTE TODOS ESTES DÍAS, FOMOS TRAENDO OBXECTOS RELACIONADOS CO CADRO MARIÑA SURREALISTA DE LUGRÍS. ENCHEMOS UNHA MESA CON CUNCHAS, XOGUETES... PERO, CLARO, NON SABIAMOS COMO SE DENOMINABAN ALGUNHAS CUNCHAS. FOMOS, ENTÓN,  AO RECANTO DA BIBLIOTECA E BUSCAMOS NUN LIBRO COMO SE CHAMABA PARA IR DESEÑANDO UN MANUAL. MIRADE O DE NADIA.
VISITEMOS O RECANTO DE MATES. ALÍ, PARA NON PERDERMOS AS CUNCHAS, CONTÁMOLAS E ANOTÁMOLAS NUN INVENTARIO. ESTE É O DE LÍA.
NO RECANTO DE PLÁSTICA, TENTAMOS UNHA COMPOSICIÓN EN 3D DO CADRO. USAMOS OS OBXECTOS QUE FOMOS TRAENDO Á CLASE.
IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.
POR ÚLTIMO, FÓRA XA DOS RECANTOS, NA RUTINA DA ASEMBLEA ESTAMOS ENSAIANDO A CANCIÓN SEREÍÑA DE MAMÁ CABRA. DEIXÁMOSVOS A CANCIÓN DE YOUTUBE E A LETRA CON PICTOGRAMAS DE ISSUU.

E, NESTES DÍAS, UNHA RAPSODIA AO PINTOR DO MAR.


RAPSODIA AO PINTOR DO MAR

URBANO, URBANO,
URBANO LUGRÍS (BIS)
QUEN PINTOU O MAR,
SOÑOS DUN PAÍS!

ULYSES, ULYSES
ULYSES FINGAL (BIS)
PINTANDO A MAROLA
MUDOU TODO O MAR.

ACERICO DAS SEREAS;
COSEN AS RENDAS DO MAR
COSEN AS RENDAS DO MAR
CON FÍOS DE LÚA CHEA.

TEÑO UNHA PEDRA CORAL,
TÉÑOA NA MIÑA POUTADA
TÉÑOA NA MIÑA POUTADA
NENA, QUE ANDAS NO AREAL.

URBANO, URBANO,
URBANO LUGRÍS (BIS)
QUEN PINTOU O MAR,
SOÑOS DUN PAÍS!

ULYSES, ULYSES
ULYSES FINGAL (BIS)
PINTANDO A MAROLA
MUDOU TODO O MAR.
MONCHO DO ORZÁN E RODRIGO OSORIO.

02/02/16

DÍA DA PAZ

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ NON SE CELEBRA SÓ UNHA SEMANA AO ANO. DEBE FESTEXARSE TODOS OS DÍAS. PERO NÓS, DURANTE OS DÍAS PREVIOS AO EVENTO FOMOS TRATANDO O TEMA.
ESTIVEMOS A LER UN FERMOSO LIBRO:
IMAXE: AIOVAI.
AO FÍO DO CONTO, INVENTAMOS MOITOS TIPOS DE BICOS, DEBUXÁMOLOS DENTRO DUN CORAZÓN E METÉMOLOS NUNHA CAIXIÑA PARA TELOS SEMPRE Á MAN.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
FINALMENTE, FOMOS AO XIMNASIO PARA CELEBRAR CO RESTO DO COLEXIO. LEVAMOS CONNOSCO A NOSA ACHEGA Á DOAZÓN DE ALIMENTOS.
IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.