05/11/15

ANIVERSARIO DE ALBA

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

OUTRA NENA QUE ENTRA NO CLUB DOS 3. O OUTRO DÍA ALBA CONVIDOUNOS A UN ANACO DE DELICIOSO BISCOITO E NÓS, A CAMBIO, CANTÁMOSLLE EN TRES IDIOMAS. QUE NIVEL!
ESTE É O TEU DÍA, 
DÍA DO TEU CUMPREANOS.
HOXE É O TEU DÍA, 
DÍA NO QUE TI FAS ANOS.
X. RODÍGUEZ (LETRA) E E. NOVOA (MÚS.)
PD: NOUTRO ARTIGO COMENTABAMOS QUE NA CLASE USABAMOS UN CÓDIGO DE CORES PARA DIFERENCIAR OS DÍAS. POIS BEN, AGORA NON SÓ É DE CORES. TAMÉN USAMOS FORMAS. MIRADE QUE BONITOS.

03/11/15

PARA CIENTÍFICOS, NÓS

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

A SEMANA, ENTRE TANTA LEA DE SAMAÍN/MAGOSTO, VISITÁRONNOS O PAI E A NAI DUNHA NENA DOUTRA CLASE. PREGUNTARÉDESVOS QUE TIÑAN DE PARTICULAR? POIS QUE SON CIENTÍFICOS. ENTÓN ESTIVÉRONNOS APRENDENDO ALGÚN EXEPIMENTOS QUE NOS SORPRENDERON A TODOS E TODAS.
CON ELES SOUBEMOS QUE, PARA APLICAR O MÉTODO CIENTÍFICO, ADEMAIS DE EXEPRIMENTAR, DEBEMOS ANTES FORMULAR HIPÓTESES E, FINALMENTE, EXTRAER CONCLUSIÓNS.
ESTA VISITA INICIARÁ UN CAMIÑO QUE IREMOS PERCORRENDO NAS AULAS E QUE NOS LEVARÁ A PRACTICAR DIVERSOS EXPERIMENTOS.
SEGUIREMOS INFORMANDO.

01/11/15

ANIVERSARIO DE PABLO

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

SEGUIMOS DE FESTEXOS. DESTA VOLTA, RISCAMOS NO CALENDARIO O ANIVERSARIO DE PABLO. POR SUPOSTO, CANTAMOS E PAPAMOS UN BO BISCOITO. PARABÉNS!
ESTE É O TEU DÍA, 
DÍA DO TEU CUMPREANOS.
HOXE É O TEU DÍA, 
DÍA NO QUE TI FAS ANOS.
X. RODÍGUEZ (LETRA) E E. NOVOA (MÚS.)