26/01/13

NOVO PROGRAMA INTERESANTE


HABÍA TEMPO QUE NON COLGABAMOS ALGO EN O QUE BAIXAMOS. XA SABEDES QUE PAULO GOSTA DE SELECCIONAR SÓ O MELLOR E, NESTA OCASIÓN, AÍ VOS VAI UN BO PROGRAMA PARA LERDES E EDITARDES CALQUERA DOCUMENTO EN PDF. É DE BALDE E, SE ESTADES FARTOS DO ACROBAT E AS SÚAS ETERNAS ACTUALIZACIÓNS, ESTA É OUTRA OPCIÓN. ESTÁ EN INGLÉS, PERO ISO NON É UN PROBLEMA PARA UN BLOG PLURILINGÜE COMA O NOSO. ;)

25/01/13

CANCIÓN DO DÍA DA PAZ


POR PERTICIÓN POPULAR, AQUÍ VAI O VÍDEO DO DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA. SE NON SE COLGABA NA TROPA A ALGÚNS DÁBALLES UN LLULLU. :)

23/01/13

OLLO Á BOIA!


XA SABEDES QUE AGORA, NAS CLASES DE 5 ANOS, TEMOS ENCERADOS DIXITAIS INTERACTIVOS (EDI) NOVOS. POIS BEN, PARA CELEBRALO PAULO CONFECCIONOUNOS UN GLOG PARA EXPLICARNOS UN PAR DE COUSAS E ADVERTIRNOS DUN RISCO QUE DEBEMOS EVITAR. PREMEDE NA FOTO E XA SABEDES: OLLO Á BOIA!

20/01/13

O QUE NOS TROUXERON OS REIS


ALGO QUE SE NOS QUEDOU NO TINTEIRO FOI PUBLICAR AS FOTOS DO XOGO QUE FIXEMOS NO EDI. TRATÁBASE DE QUE UN NENO OU NENA DEBUXASE NO ENCERADO DIXITAL E CON NOTEBOOK UN DOS XOGUETES QUE LLES TROUXERON OS MAGOS. OS DEMAIS TIÑAMOS QUE ADIVIÑAR DE QUE SE TRATABA. LOGO, ESCRIBIAMOS O SEU NOME Á NOSA MANEIRA E BUSCABAMOS UNHA FOTO EN INTERNET. PREMEDE NA FOTO PARA VER O GLOG.