15/09/16

AS REGRAS DO XOGO

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

LEMBRADES AS NORMAS QUE ACORDAMOS O CURSO PASADO PARA A NOSA AULA? SINXELAS, NON? ERAN SÓ 3, COMO OS ANOS QUE TIÑAN OS NENOS E NENAS DA AULA.
AGORA TOCA AFINAR UN CHISCO MÁIS: SOMOS RAPACES E RAPAZAS DE 5 ANOS E QUEREMOS CONTARNOS COUSAS PARA DIVERTIRNOS E APRENDER. O XOGO DIALÓXICO (O DEBATE, VAIA) DEBE DESENVOLVERSE NA AULA CUNHAS REGRAS BÁSICAS. QUEREMOS QUE NOS ATENDAN E ENTENDAN E, PARA ISO, NECESITAMOS SER ATENDIDOS E ENTENDIDOS. PARTIMOS, ENTÓN, ESTE CURSO CUNHA PROPOSTA: NORMAS PARA PODERMOS FALAR EN GRUPO. SÁTIRO (2012) PROPÓN 6 E AQUÍ AS REPRODUCIMOS PARA RECORDALAS NA AULA. USAMOS OS PICTOGRAMAS DE ARASAAC.

ESCOITAR CON ATENCIÓN

EXPRESAR AS PROPIAS IDEAS (FALAR)

PEDIR QUENDA (LEVANTAR A MAN)

TER EN CONTA AOS DEMAIS (RESPECTARSE)

PENSAR SOBRE AS IDEAS QUE XORDEN

PASALO BEN

IMAXES: ARASAAC.

13/09/16

BENVIDOS E BENVIDAS A UN NOVO CURSO

IMAXE: CEIP ALBORADA.

QUEREMOS ACOLLER CALOROSAMENTE OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS DO CEIP ALBORADA DE A CORUÑA. SE A FUNCIÓN DO MESTRE CAMBIA CADA CURSO, A NATUREZA DO BLOG TAMÉN. POR ISO, COMA SEMPRE, A TROPA DE PAULO CONTERÁ ARTIGOS DE INTERESE PARA O ALUMNADO DESTE ANO. AGARDAMOS QUE VOS SIGA GUSTANDO!