14/06/15

RECOLLEITA (PARTE 2)

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

CONTABÁMOSVOS O OUTRO DÍA QUE ACUDIMOS Á HORTA A COLLETAR O SEMENTADO. TROUXEMOS CEBOLIÑOS, ALLOS, CHÍCHAROS E FABAS.
AO DÍA SEGUINTE, ESTIVEMOS TOCÁNDOOS.
ARRECENDÉNDOOS.
E MESMO PROBÁNDOOS (OS ALLOS PICAN; É O QUE TEÑEN!).
LOGO, DEIXÁMOLOS NUNHA CAIXA PARA VER QUE OCORRÍA CO PASO DO TEMPO E DECATÁMONOS DE QUE PODRECEN, COMO O CEBOLIÑOS, E ENDURÉCENSE, COMA OS CHÍCHAROS.
POR ÚLTIMO, O VENRES O MESTRE MANU COMENTOUNOS QUE TIÑAMOS NA NOSA HORTA UNHA CHEA DE AMORODOS VERMELLOS QUE, SE NON COLLEITABAMOS XA, PODERÍA VIR ALGÚN PAXARIÑO E COMELOS. POR ISO, CORREMOS LIXEIROS ATA A HORTA E ARRINCÁMOLOS. LOGO, NA CLASE, QUE PENSADES QUE FIXEMOS: MIRAR PARA ELES? HA, HA! POIS SI, PERO Á PARTE DISO TAMÉN OS ULIMOS E, POR SUPOSTO, SABOREAMOS. COMPROBAMOS QUE DESPRENDEN UN SABOR MOI ACEDO.
IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.