17/01/19

UN CIRCO EN PSICOMOTRICIDADE


NAS CLASES DE PSICOMOTRICIDADE DESTA SEMANA IMOS ADESTRAR PARA SERMOS FUNAMBULISTAS NO CIRCO DA SRA. LINGUA:
  • QUECEMENTO: IMOS MOVERNOS LIBREMENTE QUENTANDO SOBRE TODAS AS PARTES DO CORPO. UN FUNAMBULISTA UTILIZA OS SEUS CINCO SENTIDOS.
  • XOGOS ESPACIAIS: DUN LADO A OUTRO DA CORDA (OS BANCOS) IMOS DESPRAZÁNDONOS DE DIFERENTES MANEIRAS (CAMIÑANDO, ÁS CATRO PATAS, ETC.).
  • XOGOS CORPORAIS: FALAREMOS DAS PARTES DO CORPO UTILIZAMOS NESE XOGO.
  • XOGOS TEMPORAIS: PENSAREMOS QUE HAI QUE FACER PRIMEIRO PARA SUBIR Á CORDA, QUE HAI QUE FACER DURANTE E QUE HAI QUE FACER DESPOIS, AO BAIXAR, PARA NON LEVAR UNHA MORRADA.
  • RELAX: FORMAREMOS A NUBE DE CALMA FUNAMBULÍSTICA. CADA CATIVO SERÁ, COMA SEMPRE, UN RABO DE NUBE.

15/01/19

FILOSOFANDO CUNHA SOPIÑA

IMAXE: KALANDRAKA.

ACHÉGASE, DE ACORDO CO CALENDARIO ESCOLAR, O DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA. POR ESTE MOTIVO, DECIDIMOS ESCOLLER UN LIBRO MARABILLOSO NO QUE A UN RATIÑO SE LLE PRESENTA UN PROBLEMA: UNHA DONICELA QUÉREO COMER. COMO REACCIONARÁ EL? ATACANDO, USANDO A VIOLENCIA...? HABEMOS DE LER O LIBRO E VEREMOS COMO RESOLVE ESTA SITUACIÓN. AQUÍ TENDES A FOLLA DA PLANIFICACIÓN DAS SESIÓNS DE FILOSOFÍA PARA NENOS E NENAS.

E AQUÍ TENDES O VÍDEO CO FRAGMENTO DUNHA CANCIÓN SOBRE RATIÑOS INVENTADA PARA UN CONTO DA MESMA EDITORIAL QUE O LIBRO DE ENRIBA. CANCIÓN INTERPRETADA POLOS CONTACONTOS PATRI E ÁLEX DURANTE A LECTURA DO LIBRO "NÚMEROS" DE LEO LIONI E ANTONIO RUBIO NO CEIP DE PRÁCTICAS.