21/02/13

BUSCA A PAULO EN GOOGLE


AMIGOS E AMIGAS D'A TROPA DE PAULO:
ATA AGORA, SE QUERIAMOS ACCEDER Á NOSA PÁXINA, TIÑAMOS QUE COPIAR EXACTAMENTE O ENDEREZO DO NOSO BLOG NA CAIXA DO NOSO EXPLORADOR (XA SABEDES: NÓS USAMOS SEMPRE CHROME OU FIREFOX). POIS AGORA ISTO XA NON É NECESARIO PORQUE, SE IDES A GOOGLE E ESCRIBIDES O NOME DO BLOG (A TROPA DE PAULO), O PRIMEIRO RESULTADO DE BUSCA É... O NOSO BLOG! 
ESTAMOS DE NORABOA. PARABÉNS A TODOS E TODAS!

UN XOGUIÑO DE LETRAS, E LOGO!


ESTAMOS QUE O TIRAMOS POLA VENTÁ. AGORA CUN XOGO DE LETRAS. QUE DIGO UN XOGO? UNHA CHEA! GOZADE EN AO QUE XOGAMOS.

XOGO: IGUAIS/DIFERENTES


UN NOVO XOGO EN AO QUE XOGAMOS. TRÁTASE DE FIXARSE E ACERTAR SE OS PUNTOS QUE SE VEN SON IGUAIS OU DIFERENTES. OLLO, PORQUE O TEMPO CORRE.

19/02/13

TITORIAL 1: COMO PASAR UNHA IMAXE DESDE INTERNET A NOTEBOOK?


XA VÍCHEDES O MAKING-OF. POIS AGORA É O MOMENTO DE VEXADES O VÍDEO E APRENDADES. NESTE TITORIAL EXPLÍCASENOS COMO PASAR IMAXES DESDE INTERNET AO PROGRAMA DO ENCERADO DIXITAL: NOTEBOOK. AGARDAMOS QUE VOS SEXA DE AXUDA.

18/02/13

ADIANTO DO NOVO LIBRO ESPECIAL


ESTÉ SI QUE É UN LIBRO ESPECIAL DE VERDADE. NON NOS CONTA HISTORIA NINGUNHA; PERO É MARABILLOSO. BOTÁDELLE UN OLLO ÁS FOTOS A VER SE IDENTIFICADES O LIBRO. ENJOY!