27/11/15

SAÍDA AO CGAI

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

ESTIVEMOS TODA A SEMANA PASADA FALANDO DA SAÍDA AO CGAI (O CINE, COMO LLE CHAMAMOS NÓS). LEMBRABAMOS AS PELÍCULAS QUE IAMOS VER...

SHANGOUL E MANGOUL


O PEIXE ARCO DA VELLA


LILI HOSAK (PE PE PEQUENO ESTANQUE)


...FALABAMOS DE QUE PODERÍAN TRATAR E, NO RECANTO DA BILBIOTECA, ESTIVEMOS A DISCUTIR SOBRE A RUTA QUE DEBERÍA SEGUIR O BUS QUE NOS ÍA LEVAR. EFECTIVEMENTE, PARTIMOS DUN TEXTO REAL (UN MAPA DE A CORUÑA DESCARGADO DE GOOGLE MAPS), PARA SITUAR O NOSO PUNTO DE PARTIDA E O DE CHEGADA. MIRADE A PABLO E A MARCOS CONSULTANDO O MAPA.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
VIMOS QUE SÓ SE PODÍA IR POLOS CAMIÑOS BRANCOS (AS RÚAS) E EVITAMOS MARCAR O PERCORRIDO POLAS PARTES GRISES (OS EDIFICIOS). TAMÉN NOS QUEDOU CLARO QUE NON RESULTABA RECOMEDABLE DICIRLLE AO CONDUTOR QUE NOS LEVASE POLA PRAIA OU O MAR.
IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.

26/11/15

ANIVERSARIOS DE MARTINA E MICHAEL

NON FOI SEN TEMPO! NON PUBLICAMOS AS IMAXES POR PROBLEMAS VARIOS :).
UN NENO E UNHA NENA ENTRARON HAI UNHAS SEMANAS NO CLUB DOS 3. MARTINA E MICHAEL CONVIDÁRONNOS A UN ANACO DE DELICIOSO BISCOITO E NÓS, A CAMBIO, CANTÁMOSLLE EN TRES IDIOMAS. OMG!
ESTE É O TEU DÍA, 
DÍA DO TEU CUMPREANOS.
HOXE É O TEU DÍA, 
DÍA NO QUE TI FAS ANOS.
X. RODÍGUEZ (LETRA) E E. NOVOA (MÚS.)

22/11/15

CAMBIO DE IMAXE

IMAXE: CAPTURA D'A TROPA DE PAULO.

COMO VEDES, A TROPA CAMBIOU DE ASPECTO. QUERIAMOS FACER MÁIS CLARA A SÚA VISUALIZACIÓN E DECIDIMOS MUDAR AS CORES DO BLOG. PARA TER SEMPRE NA LEMBRANZA A ANTIGA IMAXE, DEIXAMOS UNHA CAPTURA. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.