06/03/15

ADEUS, PATRICK! E DÉIXANOS UN SELFIE ANTES DE IRTE

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

SI, VÁISENOS UN NOVO AMIGO PARA OUTRO COLEXIO: PATRICK. AS DESPEDIDAS NON SON NUNCA AGRADABLES E, PARA TERMOS UNHA LEMBRANZA AGRADABLE DEL, O VENRES ASISTIU AO RECANTO DA PLÁSTICA. QUERIAMOS QUE NOS DEIXARA FEITO O SEU AUTORRETRATO SEGUNDO ARCIMBOLDO. E NISO ESTIVO, COMO VEDES NA FOTO.
POR OUTRO LADO, DURANTE TODA A SEMANA ESTIVEMOS COS SELFIES E TAMÉN LLE FOMOS PREPARANDO OS FONDOS. ARCIMBOLDO PINTÁBAOS SEMPRE MOI ESCUROS E, COMO NON TIÑAMOS MÁIS CARTOLINAS QUE AS BRANCAS, DÉMOSLLE UNHA PINTURA NEGRA.
IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.

OS CARTEIS DA HORTA

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

ESTA SEMANA ESTIVEMOS COLOCANDO OS CARTEIS DAS PLANTAS QUE SEMENTAMOS. QUEREMOS AMOSAR CLARAMENTE ONDE ESTÁN SITUADOS OS NOSOS FUTUROS ALIMENTOS DA HORTA.
IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.

04/03/15

PLANTANDO AMORODOS

IMAXE: WIKIMEDIA.

O MESTRE MANU TRÓUXONOS UNHAS PLANTIÑAS MOI CHULAS. ESTIVEMOS A FALAR SOBRE QUE PODERÍAN SER E, FINALMENTE, SOUBEMOS QUE ERAN AMORODOS. UNHA PLANTA PARA NÓS, OUTRA PARA A CLASE DE SILVIA E OUTRA PARA A DE RUBÉN. POIS NADA, A PLANTAR.
ANTES DISO, RAMÓN FOI PREPARAR UN POUCO A HORTA. REMEXEU A TERRA, ESCARBOU TRES FURADOS E LOGO TAPOUNOS CUN PLÁSTICO NEGRO CUNHA ABERTURA PARA CADA UN. AO PARECER, AOS AMORODOS NON LLES GUSTA QUE HAXA PLANTAS E BECHOS AO SEU REDOR E, POR ISO, DEBEMOS TAPAR A TERRA QUE O CIRCUNDA.
CON TODO PREPARADO, FOMOS UNHA CUADRILLA DE JORNALEROS ATA A HORTA. IAMOS BEN EQUIPADOS. MIRADE A FOTO.
COLOCAMOS A PLANTA NO SEU FURADO.
BOTÁMOSLLE TERRA.
E RENÉ QUIXO LEVAR UN POUCO DE AUGA PARA REGALAS E ISO FIXEMOS.
IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.

03/03/15

AUTORRETRATO CON FROITAS (PARTE 1)

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

O PRIMEIRO: GRAZAS A TODOS E A TODAS POLA VOSA COLABORACIÓN. TROUXÉCHEDES UNHA CHEA DE FOTOS DE ALIMENTOS.
ESTIVEMOS A CLASIFICAR TODAS AS IMAXES QUE NOS IADES MANDANDO. NUNHA CAIXIÑA GARDAMOS AS FROITAS; NOUTRA, AS BOTELLAS E BOTES; NOUTRA, A CARNE; E NA ÚLTIMA, O RESTO DE COMIDA.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
LOGO, NO RECANTO DE PLÁSTICA, DECIDIMOS UTILIZAR AS FROITAS POLA SÚA VISTOSIDADE PARA CREAR O NOSOS AUTORRETRATOS (VER A PRIMEIRA IMAXE). NUN PRIMEIRO MOMENTO, A IDEA ERA ESCOLLER FROITAS PARA CADA UNHA DAS PARTES DA CARA (NARIZ, BOCA...) COMO ARCIMBOLDO, PERO A MESTRA ANA COMENTOU QUE, SE FACIAMOS ISO, CASE NON SE ÍA DISTINGUIR QUEN ERA A PERSOA RETRATADA. POR ISO, DECIDIMOS QUE, PARA COMEZAR, O MELLOR SERÍA CUBRIR O PELO E DESPOIS XA VEREMOS SE PODEMOS INCLUÍR UN NOVO ELEMENTO SEN ESTRAGAR O SELFIE.

AVISO: DE MOMENTO, NON IMOS ENVIAR MÁIS NOTAS, PERO SE LEDES ISTO, AGORA MESMO O QUE NOS FAN FALTA SON FROITAS. NON TEÑADES MEDO EN MANDARNOS MÁIS IMAXES RECORTADAS E PERFILADAS DESE TIPO ALIMENTOS.