XA DISPOÑEDES DUNHA NOVA ACTIVIDADE EN AO QUE XOGAMOS. MÁIS BEN É UNHA CHEA DE ACTIVIDADES PORQUE NA PÁXINA DE ARRIBA PODEREDES XOGAR A MOITAS APLICACIÓNS. MÁIS CA NUNCA: GOZADE!
31/01/13
30/01/13
AS VOCES EN OFF DO TITORIAL
SEGUIMOS CREANDO O NOSO TITORIAL SOBRE COMO LEVAR UNHA IMAXE AO PROGRAMA NOTEBOOK. XA TEMOS OS VÍDEOS, PERO SEN SON. UNHA DAS PARTES DO PROCESO É GRAVAR AS VOCES EN OFF QUE NOS VAIAN EXPLICANDO O QUE FACER DENTRO DO TITORIAL. XA TEMOS UN GUIÓN E, DECONTADO, NOS PUXEMOS A GRAVALO.
28/01/13
CREANDO TITORIAIS
UN TITORIAL É UN VÍDEO QUE NOS EXPLICA COMO FACER ALGO. POIS BEN, ESTA SEMANA COMEZAMOS UNHA NOVA SECCIÓN N'A TROPA. CHAMARÉMOLA TITORIAIS. QUE ORIXINAL, NON? NELA IMOS IR COLGANDO TODOS OS QUE FAGAMOS. PERO NON SÓ ISO. TAMÉN IMOS SUBIR PARTES DO PROCESO QUE SEGUIREMOS AO CREAR O TITORIAL. AQUÍ VOS VAI O PRIMEIRO PASO DO NOVO TITORIAL QUE IMOS CHAMAR: COMO PASAR UNHA FOTO DE INTERNET A NOTEBOOK? SON DOUS VÍDEOS SEN EDITAR AÍNDA. QUERO QUE VEXADES COMO ERAN AO COMEZO E COMO SERÁN AO REMATE. AH, POR CERTO, XA QUE ESTAMOS PRETO DO DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA, A TEMÁTICA QUE USAMOS É ESA.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)