XA REMATAMOS CON SABELA. AGORA TOCA UN NOVO LIBRO QUE NOS FAGA PENSAR E, COMO NOS ACHEGAMOS A DATAS MOI SINALADAS, BUSCAMOS ALGO QUE GARDASE RELACIÓN CON ISO. O OUTRO DÍA ACUDIU AO NOSO COLEXIO UN GRAN CONTACONTOS (PACO NOGUEIRAS) E, PRECISAMENTE, NARROU RENATO DE MANOLO HIDALGO. E IMOS UTILIZAR ESE.
A RENATO OCÓRRELLE UNHA DESGRAZA QUE SOLUCIONA DUNHA FORMA ORIXINAL. NÓS, NA CLASE, IMOS PENSAR EN QUE OUTRAS ALTERNATIVAS TERÍA O NOSO AMIGO.
XA VOS CONTAMOS NO ANTERIOR ARTIGO COMO SE ÍAN DESENVOLVER AS CLASES DE FILOSOFÍA PARA NENOS E NENAS. COMO VISTES, HABÍA MOITOS TEMAS QUE TRATAR PORQUE O CONTO DE SABELA TIÑA MOITA TALLADA: SEXISMO, LIBERDADE/DISCIPLINA... E NÓS TOCÁMOLOS TODOS.
FORON UNS DEBATES INTENSOS DOS QUE REPRODUCIMOS ALGUNHA PARTE.
POR EXEMPLO, HOUBO UN MOMENTO DURANTE A PRIMEIRA SESIÓN NO QUE UTILIZAMOS HABILIDADES DE PERCEPCIÓN (A OBSERVACIÓN) E ABORDAMOS OS ESTEREOTIPOS SEXISTAS. USANDO A ILUSTRACIÓN DE SABELA NA COCIÑA.
MESTRE (M): NA COCIÑA, ESTÁ SABELA, VERDADE? PERO HAI MÁIS PERSOAS. FIXÁDEVOS EN QUEN SON AS PERSOAS.
ALE: COCIÑEIRAS!
M: E POR QUE HAI COCIÑEIRAS?
GUI: PARA COCINAR.
M: E AS COCIÑEIRAS ESTAS QUE HAI AQUÍ, GAB, SON HOMES OU MULLERES?
GAB: MUJERES.
M: E POR QUE SON MULLERES AS COCIÑEIRAS?
GAB: PORQUE SABEN COCINAR.
M: E OS HOMES NON SABEN COCIÑAR?
GUI: SI. MI PADRE, SI.
M: TEU PAI SABE COCIÑAR?
VARIOS/AS: Y EL MÍO.
M: ENTÓN, POR QUE SON TODAS MULLERES?
ALE: PORQUE LES MANDÓ EL REY.
M: O REY NON QUERÍA HOMES NA COCIÑA?
ALE: PORQUE YA HABÍA MUCHOS PARA VESTIR A LAS NIÑAS.
M: AH, PORQUE ÁS NENAS VESTÍANAS OS CRIADOS.
ENR: TAMBIÉN HAY COCINEROS.
M: AQUÍ, NESTA COCIÑA, NON.
TAMÉN FALAMOS DE RECENDOS (O CORTELLO DOS PORCOS ANIMABA A ISO) E ELABORAMOS UNHA LISTA DE LUGARES, COUSAS E SITUACIÓNS QUE ULISEN MÁIS OU MENOS DE XEITO SEMELLANTE.
XA NA SEGUNDA SESIÓN, MANTIVEMOS UN DIÁLOGO ONDE BUSCAMOS ANALOXÍAS (UNHA HABILIDADE DE PENSAMENTO) QUE RELACIONASEN A NOSA VIDA CO QUE LLE ESTABA A PASAR A SABELA COS CASTIGOS:
M: POIS AGORA QUERO QUE PENSEMOS UN POUQUIÑO. E AGORA IMOS PENSAR SE PAPÁ E MAMÁ OU AVÓS OU OS TÍOS NOS CASTIGAN. SE A VÓS VOS CASTIGAN. E POR QUE VOS CASTIGAN? GUI, A TI CASTÍGANTE OS TEUS PAIS?
GUI: SI.
M: E POR QUE TE CASTIGAN? QUE FAS?
GUI: PUES... SUBIRME AL SOFÁ... CON LOS ZAPATOS.
M: E, CANDO TE CASTIGAN, ONDE CHE MANDAN?
GUI: DE PIE.
M: PÓÑENCHE DE PÉ? FACENDO QUE?
GUI: NADA.
M: ABURRÍNDOTE?
GUI: SI.
M: E A TI, ALE, CASTÍGANTE?
ALE: NO. ALGUNAS VECES.
M: QUE FAS PARA QUE TE CASTIGUEN?
ALE: POR EJEMPLO, PORTARME MAL. A MAMÁ LE PONGO ENFADADA. A PAPÁ LE PONGO ENFADADO Y UN DÍA PASÓ ESTO. YO, CUANDO ESTABA VIENDO UNA PELI, ME LEVANTÉ Y MI PADRE ME DIJO QUE BAJARA LA PERSIANA Y YO NO LE ESCUCHÉ. SE LEVANTÓ Y YO BAJÉ RÁPIDO LA VENTANA, PERO NO ME DIO TIEMPO Y ME CASTIGARON EN MI HABITACIÓN.
AMOSAMOS SÓ UN CHISCO DAS CONVERSAS PORQUE DURARON... MÁIS DE 20 MINUTOS! NON AS IAMOS REPRODUCIR TODAS AQUÍ!