19/02/18

O CICLO DA AUGA EN EDUCACIÓN PSICOMOTRIZ


LEVAMOS UN INVERNO BEN MOLLADO, NON SI. CHOVE A ESGALLA! POIS NAS CLASES DE PSICOMOTRICIDADE DESTA SEMANA IMOS FACER O CICLO DA AUGA:
  • QUECEMENTO: IMOS MOVERNOS LIBREMENTE COMO SE FÓSEMOS PINGAS DE AUGA. CANDO SOE O ASUBÍO, QUEDAMOS PARADOS.
  • XOGOS ESPACIAIS: O CIRCUÍTO DO CICLO DA AUGA. NADAMOS NO MAR ATA QUE NOS QUETA O SOL (SOBRE AS COLCHONETAS), SUBIMOS Á NUBE (OS BANCOS SUECOS), TOCAMOS A MONTAÑA (ESQUIVAMOS AS PICAS VERTICAIS) E FLUÍMOS POLO RÍO (TÚNEL).
  • XOGOS CORPORAIS: PENSAREMOS QUE PARTES DO CORPO UTILIZAMOS NOS CIRCUÍTO.
  • XOGOS TEMPORAIS: PENSAREMOS QUE FENÓMENO PASA ANTES E CAL DESPOIS. E CAL AO FINAL. PERO, HAI REALMENTE FINAL?
  • RELAX: FORMAREMOS A NUBE DE CALMA. CADA CATIVO SERÁ, COMA SEMPRE, UN RABO DE NUBE.

18/02/18

ABRINDO FIESTRAS COA SEÑORA LINGUA


CHEGA O DÍA DE ROSALÍA E ESTE ANO, O LEMA É #ABRIDEAFIESTRA. E, CLARO, A SEÑORA LINGUA VAI AIREAR A SÚA CASA. PIMEIRO, ABRE A PORTA PARA QUE CORRA O AR (ABRIMOS A BOCA E RESPIRAMOS). LOGO, ABRE UNHA VENTÁ (RESPIRAMOS POR UNHA FOSA NASAL E TAPAMOS A OUTRA) E LOGO OUTRA (RESPIRAMOS POLA OUTRA FUNGAINA E PECHAMOS A ANTERIOR) DURANTE 20 SEGUNDOS (INSPIRAMOS E EXPIRAMOS 20 VECES). A VER QUEN É QUEN DE FACELO ABRINDO SÓ UNHA FIESTRA! POR ÚLTIMO, ABRIMOS AS DÚAS XANELAS Á VEZ (AS DÚAS FOSAS NASAIS). 

03/02/18

O ENTROIDO DOS ANIMAIS


O ENTROIDO TAMÉN TERÁ O SEU LUGAR NAS CLASES DE PSICOMOTRICIDADE:
  • QUECEMENTO: IMOS MOVERNOS POLA CLASE ALTERNANDO OS DESPRAZAMENTOS IMITANDO A DIFERENTES ANIMAIS.
  • XOGOS ESPACIAIS: OS ANIMAIS TERÁN QUE PERCORRER UN CIRCUÍTO DE OBSTÁCULOS SEN DEIXAR DE SER ELES MESMOS. PASARÁN POLO RÍO SALTANDO POLAS PEDRAS (AROS), ARRASTRÁNDOSE POLAS XESTAS (PASANDO DEBAIXO DAS PICAS)...
  • XOGOS CORPORAIS: PENSAREMOS QUE PARTES DO CORPO UTILIZAMOS MÁIS EN CADA IMITACIÓN. 
  • XOGOS TEMPORAIS: PENSAREMOS EN QUE ANIMAIS VAN MÁIS RÁPIDO E CALES MÁIS LENTO.
  • RELAX: FORMAREMOS A NUBE DE CALMA. CADA CATIVO SERÁ, COMA SEMPRE, UN RABO DE NUBE.

02/02/18

O ENTROIDO DA SRA. LINGUA


INVERNO ESTÁ A SER MOI LONGO E TAMÉN ESTÁ AFECTANDO Á NOSA AMIGA. COLLEU UN ARREFRIADO DE AUPA E AGORA NON TEN VOZ. A ELA ENCÁNTANLLE AS ENTROIDO, PERO TEN MEDO DE NON SANDAR PARA CELEBRALO. GÚSTALLE MOITO DISFRAZARSE E CANTAR PERO, TAL E COMO ESTÁ, CADA VEZ QUE QUERE CANTAR ALGO, NON ARTICULA PALABRA. 
AO CABO DUN ANACO, COMO SE ABURRE, PROPON UN XOGO COS SEUS AMIGOS OS BEIZOS: ELES TEÑEN QUE PRONUNCIAR UNHA VOGAL SEN EMITIR SON NINGÚN E ELA TEN QUE ADIVIÑAR DE CAL SE TRATA. QUE VOS PARECE? XOGAMOS?

26/01/18

PAZ E AMIZADE NA AULA DE PSICOMOTRICIDADE


ACHÉGASE O DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA E NA CLASE DE PSICOMOTRICIDADE TAMÉN O QUEREMOS CELEBRAR:
  • QUECEMENTO: IMOS DESPRAZARNOS POLA CLASE FORMANDO MINIEQUIPOS DE AMIGOTES DE 2, 3, 4... MEMBROS. MOVERÉMONOS DE DIFERENTES MANEIRAS.
  • XOGOS ESPACIAIS: FAREMOS UN XOGO DE EQUIPO. CONSISTE EN QUE UN CATIVO TERÁ QUE IR COLLENDO AOS SEUS COMPAÑEIROS. CADA UN DOS QUE ENGANCHE CONVERTERÁSE NO SEU ALIADO E SAIRÁ A COLLER NENOS AGARRADO DA SÚA MAN. ESTE XOGO, ÁS VECES, CHÁMASE PALOMINO.
  • XOGOS CORPORAIS: FAREMOS O MESMO XOGO PERO, NO CANTO DAS MANS, COLLERÉMONOS POR OUTRAS PARTES DO CORPO.
  • XOGOS TEMPORAIS: PENSAREMOS EN QUE PARTES DO CORPO NOS PERMITE DESPRAZARNOS MÁIS RÁPIDO E CALES MÁIS LENTO.
  • RELAX: FORMAREMOS A NUBE DE CALMA. CADA CATIVO SERÁ UN RABO DE NUBE.