QUECEMENTO: IMOS MOVERNOS POLA CLASE MOVENDO E QUENTADO AS PARTES DO CORPO QUE UTILIZAMOS PARA ARREBOLAR O FRISBEE.
XOGOS ESPACIAIS: UNS A UN LADO DA CLASE E OUTROS A OUTRO LANZARANSE O FRISBEE. OLLO, HAI QUE COLLELO NO AR! SE O DISCO CAE NO CAMPO DO MEDIO, SO O PODERÁN COLLER OS NENOS OU NENAS RECOLLEDISCOS.
XOGOS CORPORAIS: PENSAREMOS QUE PARTES DO CORPO UTILIZAMOS NOS LANZAMENTOS.
XOGOS TEMPORAIS: LANZARÉMOLO AMODO E DESPOIS MÁIS FORTE.
RELAX: FORMAREMOS A NUBE DE CALMA. CADA CATIVO SERÁ, COMA SEMPRE, UN RABO DE NUBE.