IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO. |
POIS XA TEMOS O CONTO COMPLETO. NUHA DECISIÓN DEMOCRÁTICA DIXITAL, ELIXIMOS XA UN FINAL PARA O NOSO CONTO, QUE QUEDOU ASÍ:
HABÍA UNHA VEZ UN CRONOPIO SUPERHEROE QUE SALVABA O MUNDO. TIÑA ANTENAS, UN CINTO, UNHA CAPA E ARMAS PARA DEFENDERSE. NON PARABA DE COMER HAMBURGUESAS E, POR ISO, O CRONOPIO ESTABA UN POUQUIÑO GORDO E RECHONCHO. SUPERCRONOPIO, QUE ASÍ SE CHAMABA, TIÑA UN PROBLEMA.
A SÚA FAMILIA VIVÍA NA LÚA, EL NON PODÍA VOAR PORQUE INCHARA A HAMBURGUESAS E, CLARO, NON PODÍA IR VISITALA. ESTABA MOI TRISTE E PENSOU VARIAS IDEAS.
PODERÍA MERCAR UNHA NAVE ESPACIAL, PERO NON CABERÍA POLA PORTA.
PODERÍA FACER EXERCICIO, PERO ISO NON LLE GUSTABA MOITO.
POODERÍA MERCAR UNHA MOCHILA PROPULSORA, PERO SEGURO QUE NON LLE COLLERÍA O CINTO.
ENTÓN, OCORRÉUSELLE CAMIÑAR E COMEZOU A CAMIÑAR, O CABO DUN POUCO, ATOPOU UNHA PEGADA NO CHAN. E OUTRA E LOGO OUTRA. SEGUIUNAS E CHEGOU ATA A CASA DUN MONSTRO. MIROU POLA VENTÁ E DENTRO VIU... OS SEUS PAIS QUE FORAN CAPTURADOS POLO MONSTRO. CANDO O MALVADO MONSTRO VIU A SUPERCRONOPIO LANZOULLE UNHA BÓLA DE LUME, PERO ESTE ESQUIVOUNA E BOTOULLE AUGA PARA APAGALA. NON SABÍA QUE FACER PARA RESCATALOS.
ENTÓN, DECIDIU COMEZAR EL A LANZAR BÓLAS DE LUME EL TAMÉN. UNHA DELAS GOLPEOU NA CABEZA DO MONSTRO E DERRUBOUNO. MENTRES ESTABA TIRADO NO CHAN, PUIDO RESCATAR OS SEUS PAIS E LEVALOS LONXE DE ALÍ. POR FIN, SUPERRONOPIO PUIDO DARLLES UNHA APERTA.