21/03/14

XOGO DE COCORICOS

AUTOR: RAMÓN PARÍS LAGO, TOMADA DE http://www.vedoque.com/

AÍ VAI O XOGO DESTA SEMANA. XA QUE ESTAMOS A LER O LIBRO DE COCORICO, O XOGO DEBÍA TER PITIÑOS. E ISO É O QUE TEN: MOITOS PITIÑOS E DE MOITAS CORES. BUSCÁDEO TAMÉN EN AO QUE XOGAMOS.

20/03/14

GLOGSTER DE COCORICO

AUTOR: RAMÓN PARÍS LAGO UTILIZANDO UNHA IMAXE DE OQO Editora.

XA TEMOS SUBIDAS AS NOSAS VOCES AO GLOGSTER DE COCORICO. SE QUEREDES SABER COMO SE CHAMAN TODAS AS LETRAS DO NOME DE COCORICO, SÓ TENDES QUE PREMER NOS CADRADOS CUN TRIÁNGULO DENTRO QUE HAI DEBAIXO DELAS.
O GLOGSTER NON É ALGO REMATADO PORQUE, AO MELLOR, AO LONGO DESTES DÍAS OCÓRRENSENOS COUSAS QUE LLE PODEMOS ENGADIR.

17/03/14

GRAVAMOS AS LETRAS DE COCORICO

ESTIVEMOS COMPOÑENDO O TÍTULO DO LIBRO ESPECIAL. FIXÉMOLO TANTO EN PAPEL COMA EN SOPORTE INFORMÁTICO.
NAS NOSAS CLASES, PEGAMOS, UNHA A UNHA, AS LETRAS DO AMIGO COCORICO NO PAPEL.
E NA AULA EDI, EN PRIMEIRO LUGAR, COLOCAMOS CON NOTEBOOK AS LETRAS DO SEU NOME PARA UTILIZALAS COMO GUIÓN NAS GRAVACIÓNS. EN SEGUNDO, FOMOS GRAVANDO EN AUDACITY TODAS AS LETRAS COAS NOSAS VOCES. E EN TERCEIRO, CADA VEZ QUE DICIAMOS UNHA LETRA E QUEDABA BEN REXISTRADA, RODEÁBAMOLA CO ROTULADOR DIXITAL. ASÍ:
CON TODO ESTE MATERIAL CREAREMOS UN GLOG ESTUPENDO NO QUE, CADA VEZ QUE SE PREMA A LETRA DO CONTO DE COCORICO, SE ESCOITE A NOSA VOZ DICÍNDOA. O GLOG ESTÁ AÍNDA NO TALLER.