|
O CRONOPIO NÚMERO 4 OBTIVO 22 VOTOS |
ALGUNHAS AULAS, PARTINDO DO CRONOPIO GAÑADOR
NA VOTACIÓN, XA IMAXINARON A SÚA MINI-HISTORIA. AQUÍ ESTÁN:
CLASE DE ÁNGELES
O CRONOPIO ESTABA CONTENTO PORQUE VIVÍA NUNHA CASA NORMAL: TIÑA LIBROS, UN BALÓN, XOGUETES, UN BEBÉ, MOITOS LAPIS E UNHA PISTOLA. UN DÍA PÚXOSE A CHORAR. NON PODÍA XOGAR PORQUE ERA DE NOITE E TIÑA QUE IR PARA A CAMA.
CLASE DE PATRICIA
O CRONOPIO ESTABA ENFADADO PORQUE NON O EMPUXABAN NO BAMBÁN. DE SÚPETO, CAEU DE CABEZA E, CO GOLPE, DOBROU AS ANTENAS. FÍXOSE UNHA PUPA NUNHA DAS SÚAS CATRO PERNAS.
QUE PODERÍA FACER?
GAIA, QUE ERA DOUTORA E SABÍA CURAR, MIROULLE O CORAZÓN E TAPOULLE A FERIDA CUNHA TIRITA. E AÍ A TIVO ATA QUE LLE CUROU.
CLASE DE BEA
O CRONOPIO NÚMERO 4 VIVÍA NA LÚA. ENCANTÁBALLE XOGAR COS SEUS AMIGOS AO ESCONDITE. PERO, UN DÍA, NINGUÉN O ATOPABA. BUSCARON NA CASA, NO PARQUE, NA HERBA, POLA RÚA... PERO NON APARECÍA. ENTÓN, UN CRONOPIO BUSCOU POR EL NO XARDÍN E ALÍ ESTABA.
CLASE DE IRENE
O CRONOPIO NÚMERO 4 VIVÍA NO ESPAZO. UN DÍA, CHEGOU UNHA BRUXA. TRAIA NAS SÚAS MANS MOOOITO DIÑEIRO. ROUBÁRAO NUN CAIXEIRO E QUERÍALLE MERCAR UN LIBRO MOOOI IMPORTANTE AO CRONOPIO. ESE DIÑEIRO ROUBÁCHELO, BERROU O CRONOPIO. NON CHE VENDEREI O LIBRO! A BRUXA, SORPRENDIDA E ENFADADA, MARCHOU VOANDO AO SEU CASTELO.
CLASE DE PILI
O CRONOPIO NÚMERO 4 VIVÍA NA CORUÑA. GUSTÁBALLE DESORDENAR OS XOGOS. UN DÍA, DEUSE DE CONTA DE QUE DESTROZAR ERA MOI FEO PORQUE ESVAROU CUN COCHE DE XOGUETE CANDO ESTABA XOGANDO CON OUTRO CRONOPIO AO BALÓN. A PELOTA SAIU DISPARADA E ROMPEU O CRISTAL ONDE UN SEÑOR ESTABA TRABALLANDO. O CRONOPIO FÍXOSE UNHA PUPA NA CABEZA. TIVERON QUE CHAMAR A AMBULANCIA QUE LEVOU O CRONOPIO NÚMERO 4 AO MÉDICO. CANDO SE RECUPEROU, VOLVEU AO PARQUE, ARRANXOULLE O CRISTAL AO SEÑOR E PEDIUILLE PERDÓN.
CLASE DE MARÍA
O NOSO CRONOPIO VIVÍA NA CASA DA ÁRBORE. UN DÍA, FOISE DE ALÍ PORQUE SE ABURRÍA. ATOUPOU OUTRO CRONOPIO, QUE ESTABA EN PERIGO. UN LOBO ESTÁBAO A PERSEGUIR. OS DOUS CORRERON DE NOVO PARA A CASA DA ÁRBORE, ENTRARON E PECHARON A PORTA. O LOBO SOPROU MOI FORTE PARA DERRUBAR A CASA PERO NON PUIDO. ENTÓN, DISFRAZOUSE DE CRONOPIO E CHAMOU Á PORTA, PERO ELES DESCUBRÍRONO. O TRAXE LLE QUEDABA PEQUENO E VÍANSELLE OS PELOS. FINALMENTE, DISFRAZOUSE DE CASTOR, FOI ROENDO A CASA ATA QUE A TIROU TODA ABAIXO. TODA? NON, TODA NON. DEIXOU O TELLADO EN PÉ ONDE OS CRONOPIOS QUEDARON PARA SEMPRE.