23/10/15

O HORRIBLE MONSTRO VERDE E A SÚA CARA

IMAXE: ED. OCÉANO.

A SEMANA QUE VÉN, NO RECANTO DE PLÁSTICA IMOS IMITAR A UN ARTISTA. SERÁ UN ESCRITOR E ILUSTRADOR DE CONTOS: ED EMBERLY, E O SEU LIBRO ¡FUERA DE AQUÍ, HORRIBLE MONSTRUO VERDE! ESCOLLÉMOLO PORQUE, COMO SE ACHEGA O SAMAÍN (E A SÚA VERSIÓN ESTADOUNIDENSE DO HALLOWEEN), QUIXEMOS BUSCAR ALGO RELACIONADO COS MEDOS E COMO VENCELOS. NESTE CASO CONSEGUÍMOLO MEDIANTE A EXPRESIÓN: ¡FUERA DE AQUÍ!
IMOS TRATAR, POIS, DE COMPOÑER A CARA DESE HORRIBLE MONSTRO VERDE TAL E COMO ED EMBERLY VAI FACENDO A MEDIDA QUE TRANSCORRE O LIBRO. LEMBRADE, PRIMEIRO VANSE MOSTRANDO TODAS ELAS E, LOGO, AS NOSAS PALABRAS FANAS DESAPARECER POUCO E POUCO.
PARA MONTAR A NOSA CARA USAREMOS OS MATERIAIS MÁIS PARECIDOS AOS QUE USA ED NO SEU LIBRO: CARTOLINA OU PAPEL CHARÓN.

22/10/15

PRIMEIRA NORMA DE CONVIVENCIA DA AULA

NUN ARTIGO DO CURSO PASADO, AFIRMABAMOS QUE AS NORMAS, SE SON SUFICIENTES PARA MANTER UN BO AMBIENTE, CANTAS MENOS, MELLOR. E ESTE ANO IMOS SEGUIR IGUAL: CONSENSUANDO NORMAS DE CONVIVENCIA PARA CONSEGUIR ENTRE TODOS E TODAS UN CLIMA DE RESPECTO E APRENDIZAXE FAVORABLE.
A PRIMEIRA NORMA FACIASE NECESARIA. CANDO FORMAMOS UNHA ASEMBLEA, NON PARABAMOS DE FALAR UNS ENRIBA DE OUTROS E NUN TON MOI ALTO. POR ISO, DESPOIS DE CONVERSAR UN POUQUIÑO, DECIDIMOS INSISTIR DÍA A DÍA NA MELLOR FORMA DE COMUNICARSE: QUE UN FALE TRANQUILAMENTE E OUTRO LLE ESCOITE CON ATENCIÓN. SACAMOS UNHA FOTO PARA REPRESENTALA E XA TEMOS UN CARTELIÑO NA AULA PARA LEMBRALO. E AGORA PUBLICÁMOLO TAMÉN AQUÍ. FIXÁDEVOS NO MENÚ DA DEREITA. ALÍ TAMÉN SE PODE VER.

21/10/15

CELEBRAMOS ALGÚNS ANIVERSARIOS

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

TODOS OS DÍAS, UNHA DAS RUTINAS DA ASEMBLEA CONSISTE EN RISCAR NO CALENDARIO OS DÍAS QUE VAN PASANDO. ÁS VECES, ATOPÁMONOS QUE, ENRIBA DO NÚMERO DO DÍA, HAI ALGO ESCRITO POR RAMÓN. QUE SERÁ? SE PENSADES QUE ESTÁ ANOTADO O NOME DO NENO OU NENA QUE CUMPRE ANOS ESE DÍA, ACERTÁCHEDES. NESTAS SEMANAS, COINCIDIU QUE TIÑAMOS QUE CELEBRAR OS ANIVERSARIOS DE AINARA E LEIRE E, POR ISO, NOS TROUXERON CADANSEU BISCOITO. YUMMY, YUMMY!
ESTE É O TEU DÍA, 
DÍA DO TEU CUMPREANOS.
HOXE É O TEU DÍA, 
DÍA NO QUE TI FAS ANOS.
X. RODÍGUEZ (LETRA) E E. NOVOA (MÚS.)
PD: ALGUÉN PREGUNTOU QUE ERA ISO DAS CORES DOS DÍAS. POIS BEN, AQUÍ VOS VAI UNHA LIGAZÓN CO CÓDIGO DE CORES QUE USAMOS NA AULA PARA DIFERENCIAR OS DÍAS DA SEMANA (E A CANCIÓN COA QUE OS MEMORIZAMOS, QUE TAMÉN A PODEDES VER O QUE CANTAMOS).
*NOTA DO 05/11/2015: ESTE CÓDIGO DE CORES FOI MODIFICADO. CONTÁMOVOLO NESTE ARTIGO.