IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO. |
NUN ARTIGO DO CURSO PASADO, AFIRMABAMOS QUE AS NORMAS, SE SON SUFICIENTES PARA MANTER UN BO AMBIENTE, CANTAS MENOS, MELLOR. E ESTE ANO IMOS SEGUIR IGUAL: CONSENSUANDO NORMAS DE CONVIVENCIA PARA CONSEGUIR ENTRE TODOS E TODAS UN CLIMA DE RESPECTO E APRENDIZAXE FAVORABLE.
A PRIMEIRA NORMA FACIASE NECESARIA. CANDO FORMAMOS UNHA ASEMBLEA, NON PARABAMOS DE FALAR UNS ENRIBA DE OUTROS E NUN TON MOI ALTO. POR ISO, DESPOIS DE CONVERSAR UN POUQUIÑO, DECIDIMOS INSISTIR DÍA A DÍA NA MELLOR FORMA DE COMUNICARSE: QUE UN FALE TRANQUILAMENTE E OUTRO LLE ESCOITE CON ATENCIÓN. SACAMOS UNHA FOTO PARA REPRESENTALA E XA TEMOS UN CARTELIÑO NA AULA PARA LEMBRALO. E AGORA PUBLICÁMOLO TAMÉN AQUÍ. FIXÁDEVOS NO MENÚ DA DEREITA. ALÍ TAMÉN SE PODE VER.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
PON AQUÍ O TEU COMENTARIO.