CHEGA O INVERNO E, CON EL, O FRÍO. A SEÑORA LINGUA ESTÁ A TREMER (FACEMOS PAPARRUCHAS COS BEIZOS) CANDO SAE FÓRA DA SÚA CASA (SACAMOS A LINGUA). POR ISO, PARA ESTAR AO QUENTIÑO, A NOSA AMIGA MÉTESE DENTRO, ACENDE A LAREIRA E PONSE UNHA MANTIÑA (TOCAMOS OS POTES POR DENTRO COA LINGUA).
QUECEMENTO: IMOS DESPRAZARNOS DE DIFERENTES MANEIRAS E PORTANDO DISTINTOS MATERIAIS (AROS, ZANCOS, PELOTAS...).
XOGOS ESPACIAIS: CO MESMO XOGO DE ANTES, Á ORDE DO MESTRE, CAMBIAREMOS A NOSA POSICIÓN. METERÉMONOS DENTRO DO ARO, BAIXAREMOS DOS ZANCOS, SENTAREMOS ENRIBA DA PELOTA...
XOGOS CORPORAIS: PRACTICAREMOS A REVIRAVOLTA NAS COLCHONETAS.
XOGOS TEMPORAIS: REALIZAREMOS UN PEQUENO CIRCUÍTO SEGUINDO UNHA ORDE NOS EXERCICIOS. PRIMEIRO, DAREMOS UNHA REVIRAVOLTA, LOGO DESPRAZAREMOS A PELOTA DUN LUGAR A OUTRO COAS MANS E, AO FINAL, PORTAREMOS O TRES AROS EN DIFERENTES PARTES DO CORPO.
RELAX: CON AROS COLOCADOS POR TODA A CLASE, TODOS OS NENOS E NENAS SENTARÁN NA PAREDE. AQUELES QUE ESTEAN MOI TRANQUILOS PODERÁN DESCANSAR NUN DOS AROS COMO SE FOSEN UNHA RA NUN NENÚFAR.