26/04/14

CONTO DE CRONOPIOS: CAPÍTULO 2

XA TEMOS O ESPERADO SEGUNDO CAPÍTULO DO CONTO. MIRADE O BORRADOR DAS IDEAS QUE FORON SAÍNDO:
E ESTES SON OS FRAGMENTOS EN TWITTER DO SEGUNDO CAPÍTULO:
SE O QUEREDES VER ENTEIRO, LEMBRADE QUE O PODEDES FACER NESTA TÁBOA. OU PREMENDO NA IMAXE DE ENRIBA.

24/04/14

CONTO DE CRONOPIOS: CAPÍTULO 1

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

O MÉRCORES TOCOULLE ASISTIR AO GRUPO 1 DE MAR Á AULA EDI. ELES E ELAS ÍAN SER OS ENCARGADOS DE INVERTAR O PRIMEIRO ANACO DO CONTO: O COMEZO. ENTÓN, ESTIVEMOS FALANDO DO QUE ERA UN CRONOPIO E ELABORAMOS O PRIMEIRO BORRADOR. É ESTE: 
LOGO, ORGANIZÁMOLO UN POUCO. POR EXEMPLO, DECIDIMOS QUE O PROBLEMA AO QUE SE ENFRONTABAN ("NON TIÑAN LIBROS NIN CONTOS") FOSE AO FINAL DO TEXTO PARA QUE OS DEMAIS GRUPOS PENSASEN EN COMO RESOLVER ISO. AO FINAL QUEDOU REDACTADO DO SEGUINTE XEITO:
ESTE VENRES SERÁN OS CATIVOS E CATIVAS DO GRUPO 2 DE MAR OS QUE DEBEN CONTINUAR ESTA HISTORIA. O VINDEIRO LUNS, TOCARALLES AS LÚAS E SOLES DE VICKY E AS LÚAS E SOLES DE MARÍA JOSÉ. TO BE CONTINUED.
PARA IR VENDO OS CAPÍTULOS DO CONTO, PREME AQUÍ OU NO NOSO NOVO TWITTER.

23/04/14

O XOGO DA SEMANA: ¿CRONOPIOS OU VEDOQUES?

IMAXE: http://www.vedoque.com/

COMO NÓS PENSAMOS QUE OS CRONOPIOS TEÑEN ALGO DE EXTRATERRESTRES, BUSCAMOS UN XOGO ONDE APAREZAN ALGÚNS. E, MIRADE, OS VEDOQUES SON MOI SIMILARES AOS CRONOPIOS.
PREMEDE NA IMAXE PARA XOGAR (OU IDE AO QUE XOGAMOS).

22/04/14

DÍA DO LIBRO: CREAMOS UN CONTO ENTRE TODOS E TODAS

IMAXE: PROYECTO VIVA LEER.

ACHÉGASE O DÍA DO LIBRO E NÓS TAMÉN O QUEREMOS CELEBRAR. PERO DESTA VOLTA NON IMOS LER NINGÚN CONTO, NON. IMOS INVENTALO! SI, CREAREMOS UNHA HISTORIA ENTRE TODOS OS GRUPOS DO EDI. CADA VEZ QUE VEÑA UN EQUIPO, TERÁ QUE INVENTAR UN ANACO E ASÍ, POUCO E POUCO, IREMOS CONSTRUÍNDO O NOSO PROPIO CONTO.
E COMO PARA COMEZAR A HISTORIA NECESITABAMOS UNS PERSONAXES, AÍ VAN ESTES: OS CRONOPIOS. SON UNS PERSONAXES QUE INVENTOU O ESCRITOR JULIO CORTÁZAR E QUE NÓS IMOS PEDIRLLE EMPRESTADO. JULIO CORTÁZAR ERA UN ESCRITOR ARXENTINO QUE NACEU NUN LUGAR CHAMADO BRUXELAS HAI 100 ANOS.