IMAXE: PROYECTO VIVA LEER. |
ACHÉGASE O DÍA DO LIBRO E NÓS TAMÉN O QUEREMOS CELEBRAR. PERO DESTA VOLTA NON IMOS LER NINGÚN CONTO, NON. IMOS INVENTALO! SI, CREAREMOS UNHA HISTORIA ENTRE TODOS OS GRUPOS DO EDI. CADA VEZ QUE VEÑA UN EQUIPO, TERÁ QUE INVENTAR UN ANACO E ASÍ, POUCO E POUCO, IREMOS CONSTRUÍNDO O NOSO PROPIO CONTO.
E COMO PARA COMEZAR A HISTORIA NECESITABAMOS UNS PERSONAXES, AÍ VAN ESTES: OS CRONOPIOS. SON UNS PERSONAXES QUE INVENTOU O ESCRITOR JULIO CORTÁZAR E QUE NÓS IMOS PEDIRLLE EMPRESTADO. JULIO CORTÁZAR ERA UN ESCRITOR ARXENTINO QUE NACEU NUN LUGAR CHAMADO BRUXELAS HAI 100 ANOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
PON AQUÍ O TEU COMENTARIO.