POIS ÍMOLO SABER ESTA SEMANA NA SALA DE PSICOMOTRICIDADE. AQUÍ TENDES ALGÚNS EXEMPLOS DO QUE SE PODE FACER:
- QUECEMENTO: IMOS DESPRAZARNOS DE DIFERENTES MANEIRAS BORDEANDO OS AROS QUE ESTÁN SEMENTADOS AO LONGO DA SALA .
- XOGOS ESPACIAIS: CANDO SOEN DOUS ASUBÍOS E O MESTRE DIGA UN NÚMERO, TODOS TERÁN QUE METERSE NUN ARO FACENDO EQUIPOS DUN NÚMERO IGUAL AO QUE SE BERRE.
- XOGOS CORPORAIS: CADA CATIVO CUN ARO TRATARÁ DE SOSTER O ARO CON DIFERENTES PARTES DO SEU CORPO.
- XOGOS TEMPORAIS: FORMAREMOS UN GRAN CÍRCULO E SENTAREMOS. UN NENO IRÁ DANDO VOLTAS AMODIÑO CUN ARO NA MAN E, CANDO O DESEXE, COLOCARALLO A UN NENO. ESTE TERÁ QUE CORRER LIXEIRO DETRÁS DO CATIVO QUE ESTÁ DE PÉ ANTES DE QUE CHEGUE A SENTAR NO ARO QUE ANTERIORMENTE DEIXOU.
- RELAX: CON AROS COLOCADOS POR TODA A CLASE, TODOS OS NENOS E NENAS SENTARÁN NA PAREDE. AQUELES QUE ESTEAN MOI TRANQUILOS PODERÁN DESCANSAR NUN DOS AROS COMO SE FOSEN UNHA RA NUN NENÚFAR.