23/10/13

COMO SE ESCRIBE "TIBURÓN"?


O OUTRO DÍA, MENTRES SEGUIAMOS TODOS OS PASOS PARA BUSCAR NOVAS SOBRE QUENLLAS, TIVEMOS UN PROBLEMA. CALES SON AS LETRAS DA PALABRA "TIBURÓN"? ENTÓN, PUXÉMONOS A PRACTICALA NO NOTEBOOK. ALGÚNS NENOS E NENAS DICÍAN: "EU NON SABO ESCRIBIR". PERO ISO NON É CERTO. TODOS SABEMOS ESCRIBIR Á NOSA MANEIRA.
MIRADE O BEN QUE O FIXEMOS (COAS GRAFÍAS DO GRUPO DAS LÚAS DE MARÍA JOSÉ ACTUALIZADAS):

21/10/13

PAULOMOVIES: A DE COUSAS QUE HAI EN PSICOMOTRICIDADE!


ESTE MES, NAS SESIÓNS IMOS FACER UNHA CHEA DE COUSAS PARA COÑECER OS MATERIAIS DA AULA DE PSICOMOTRICIDADE.:
  • QUECEMENTO: FORMAREMOS UN CADRADO COS CONOS E LOGO CORREREMOS ARREDOR DELES. FAREMOS DOUS EQUIPOS E DESPOIS CORREREMOS PRIMEIRO UNS, LOGO OUTROS E DESPOIS TODOS E TODAS.
  • XOGOS ESPACIAIS: AO SON DA MÚSICA POÑÉMONOS DENTRO DOS AROS. CANDO PARE, BAILAMOS.
  • XOGOS CORPORAIS: DESPRAZARSE ÁS CATRO PATAS NAS COLCHONETAS, CON DOUS PUNTOS DE APOIO E UN POUQUIÑO CON UN.
  • XOGOS TEMPORAIS: MOVERSE AO SON DO PANDEIRO (LENTO, AMODO).
  • RELAXACIÓN.

COIDADO ARAÑA, QUE CHEGA O OUTONO!


XA SABEDES QUE ESTAMOS EN OUTONO E, COMO TODOS OS OUTONOS, CHOVE ABONDO. ESTES DÍAS ESTIVO A CHOVER TANTO E TANTO QUE... MIRADE O QUE LLE PASOU A INCY WINCY SPIDER. WATCH OUT, INCY!
TAMÉN O PODEDES VER EN AO QUE XOGAMOS.