08/05/15

SAÍDA Á BIBLIOTECA DA SAGRADA

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

DESPOIS DO CUMPRE DE NICO, FIXEMOS UN TREN E MARCHAMOS PARA A BIBLIOTECA. IAMOS BEN PREPARADOS PORQUE LEVAMOS FALANDO DA EXCURSIÓN MOITO TEMPO. OLE, A MASCOTA DA BIBLIO, MANDÓUNOS UNHA CARTA PARA QUE O FÓSEMOS VISITAR E PUXÉMONOS A PENSAR EN COMO CHEGAR ATA ALÍ. ASÍ QUE FOMOS A BING MAPS E A GOOGLE MAPS. ALÍ BUSCAMOS O COLEXIO E LOGO A BIBLIOTECA DA SAGRADA FAMILIA. TRAZAMOS DIFERENTES PERCORRIDOS EN DISTINTAS CORES.
E ESTIVEMOS VALORANDO CAL ERA MÁIS CURTO, EN CAL CANSARIAMOS MÁIS, SE TIÑAMOS QUE CRUZAR A PONTE PEONIL...
AO FINAL DECANTÁMONOS POLO ROTEIRO VERMELLO. E ALÁ FOMOS.
UNHA VEZ ALÍ, AS BIBLIOTECARIAS ESTIVÉRONNOS EXPLICANDO PARA QUE SERVEN AS PEGATINAS DE CORES QUE LEVAN ALGÚNS LIBROS E FÓRONNOS LENDO UN DE CADA CATEGORÍA. 


IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.
FINALMENTE, CO NOSO SUPERCARNÉ, QUE NOS PERMITE TRAER ATA 30 LIBROS, METEMOS O QUE MÁIS NOS APETECÍA A CADA UN E UNHA NUNHA MALETA E ACAREXÁMOLOS PARA A CLASE.

07/05/15

ANIVERSARIO DE NICO

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

LEVABAMOS UN TEMPIÑO SEN CELEBRAR UN CUMPRE. POIS HOXE, ANTE DE IRMOS DE EXCURSIÓN Á BIBLIOTECA, CANTÁMOSLLE EN TRES LINGUAS E, LOGO, NA HORA DO APERITIVO, COMEMOS CADANSEU ANACO DE BISCOITO. TIÑA LETRAS DE CHOCOLATE E TODO.
ESTE É O TEU DÍA, 
DÍA DO TEU CUMPREANOS.
HOXE É O TEU DÍA, 
DÍA NO QUE TI FAS ANOS.
X. RODÍGUEZ (LETRA) E E. NOVOA (MÚS.)
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

04/05/15

ESTAMPADO DO VESTIDO DE DONA ELVIRA (PARTE 1)

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

UNHA VEZ FEITOS OS BOSQUEXOS DO CADRO DE DONA ELVIRA, HABÍA QUE SEGUIR ESTUDANDO A OBRA DE ÁLVAREZ DE SOTOMAYOR. DESTA VOLTA, FIXÁMONOS NO ESTAMPADO DO SEU FERMOSO VESTIDO. EN EFECTO, NÓS CREMOS QUE É GRIS E, APROVEITANDO QUE NA CLASE TEMOS TÉMPERA PRATEADA, ESTIVEMOS APLICANDO A BASE DA MOSTRA DO VESTIDO NESA COR. CANDO ESTEA SECA A CARTOLINA NEGRA QUE USAMOS, DEBUXAREMOS OS MOTIVOS DO ESTAMPADO. QUE SERÁN? ALGÚNS E ALGUNHAS XA AFIRMARON QUE SON FLORES. DEBATERÉMOLO ESTA SEMANA.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.