05/06/19

QUE TAL SE PRACTICAMOS UN DEPORTE? O BALONMÁN


NAS CLASES DE PSICOMOTRICIDADE DESTA SEMANA IMOS PRACTICAR UN BALONMÁN UN CHISCO DIFERENTE:
  • QUECEMENTO: IMOS MOVERNOS LIBREMENTE QUENTANDO SOBRE TODO OS BRAZOS (OMBREIROS, CÓBADOS, PULSOS E DEDOS).
  • XOGOS ESPACIAIS: DUN LADO A OUTRO DA LIÑA PASÁMONOS UN BALÓN PEQUENIÑO CUNHA SOA MAN E RECIBÍMOLO SEN QUE NOS CAIA.
  • XOGOS CORPORAIS: FALAREMOS DAS PARTES DO CORPO UTILIZAMOS NESE XOGO.
  • XOGOS TEMPORAIS: PENSAREMOS QUE HAI QUE FACER PRIMEIRO PARA PASAR UN BALÓN COA MAN; QUE TEMOS QUE FACER LOGO; E QUE TEMOS QUE FACER AO FINAL CANDO, POR FIN, SOLTAMOS A PELOTA.
  • RELAX: FORMAREMOS A NUBE DE CALMA BALONMANÍSTICA. CADA CATIVO SERÁ, COMA SEMPRE, UN RABO DE NUBE.

23/04/19

QUE É UN FRESBEE?



NAS CLASES DE PSICOMOTRICIDADE DESTA SEMANA:
  • QUECEMENTO: IMOS MOVERNOS POLA CLASE MOVENDO E QUENTADO AS PARTES DO CORPO QUE UTILIZAMOS PARA ARREBOLAR O FRISBEE.
  • XOGOS ESPACIAIS: UNS A UN LADO DA CLASE E OUTROS A OUTRO LANZARANSE O FRISBEE. OLLO, HAI QUE COLLELO NO AR! SE O DISCO CAE NO CAMPO DO MEDIO, SO O PODERÁN COLLER OS NENOS OU NENAS RECOLLEDISCOS.
  • XOGOS CORPORAIS: PENSAREMOS QUE PARTES DO CORPO UTILIZAMOS NOS LANZAMENTOS.
  • XOGOS TEMPORAIS: LANZARÉMOLO AMODO E DESPOIS MÁIS FORTE.
  • RELAX: FORMAREMOS A NUBE DE CALMA. CADA CATIVO SERÁ, COMA SEMPRE, UN RABO DE NUBE.

28/03/19

UN XOGO PARA NENAS E NENOS: O BRILÉ


ACHÉGASE O 8 DE MARZO E NA AULA DE PSICOMOTRICIDADE IMOS PRACTICAR UN XOGO SEN DISTINCIÓNS DE XÉNERO:
  • QUECEMENTO: IMOS DESPRAZARNOS DE DIFERENTES MANEIRAS E PORTANDO PELOTAS MEDIANAS ARREDOR DA PISTA DE BRILÉ.
  • XOGOS ESPACIAIS: XA NA PISTA DE BRILE E SITUADOS NA LIÑA DE FONDO, CADA UN DOS DOUS EQUIPOS DEBERÁ ATINAR E DARLLE CUNHA PELOTA AOS CONOS DA LIÑA CENTRAL.
  • XOGOS CORPORAIS: CAMBIAREMOS A PARTE DO CORPO COA QUE LANZAMOS OU GOLPEAMOS O BALÓN.
  • XOGOS TEMPORAIS: XOGAREMOS AO BRILÉ. PRIMEIRO, OS DOUS EQUIPOS SITUARANSE NO SEU CAMPO. LOGO, CANDO UN NENO SEXA GOLPEADO CO BALÓN TERÁ QUE OCUPAR O SEU LUGAR DETRÁS DA LIÑA DE FONDO DO EQUIPO CONTRARIO. AO FINAL, GAÑARÁ O EQUIPO QUE QUEDE CON ALGÚN DOS SEUS INTEGRANTES VIVO.
  • RELAX: COS CONOS COLOCADOS NO CAMPO DE XOGO. TODOS OS NENOS E NENAS SENTARÁN NA PAREDE. AQUELES QUE ESTEAN MOI TRANQUILOS PODERÁN DESCANSAR AO CARÓN DUN DOS CONOS.

20/03/19

COLCHONETAS COOPERATIVAS


MIRADE QUE BEN OIMOS PASAR:

  • QUECEMENTO: IMOS DESPRAZARNOS DE DIFERENTES MANEIRAS POLAS COLCHONETAS (ROLANDO, ARRASTRÁNDONOS, GATEANDO...).
  • XOGOS ESPACIAIS: DESPRAZARÉMONOS POR DIFERENTES LUGARES ARRASTRANDO OU ERGUENDO AS COLCHONETAS EN GRUPOS CON DIFERENTE NÚMERO DE INTEGRANTES.
  • XOGOS CORPORAIS: PENSAREMOS NAS PARTES DO CORPO QUE UTILIZAMOS PARA DESPRAZAR AS COLCHONETAS.
  • XOGOS TEMPORAIS: LEVAREMOS XENTE SUBIDA Á COLCHONETA COMO SE FOSE UNHA CARRETA. PENSAREMOS NO RÁPIDO OU LENTO QUE IMOS SEGUNDO O NÚMERO DE NENOS E NENAS QUE TIREN DA COLCHONETA, CATIVOS E CATIVAS QUE VAIAN ENRIBA...
  • RELAX: CON COLCHONETAS COLOCADAS POR TODA A CLASE, TODOS OS NENOS E NENAS SENTARÁN NO BANCO. AQUELES QUE ESTEAN MOI TRANQUILOS PODERÁN DESCANSAR NUNHA DAS COLCHONETAS COMO SE FOSEN UNHA RA NUN NENÚFAR.

07/03/19

PARA QUE SERVEN OS AROS?


POIS ÍMOLO SABER ESTA SEMANA NA SALA DE PSICOMOTRICIDADE. AQUÍ TENDES ALGÚNS EXEMPLOS DO QUE SE PODE FACER:
  • QUECEMENTO: IMOS DESPRAZARNOS DE DIFERENTES MANEIRAS BORDEANDO OS AROS QUE ESTÁN SEMENTADOS AO LONGO DA SALA .
  • XOGOS ESPACIAIS: CANDO SOEN DOUS ASUBÍOS E O MESTRE DIGA UN NÚMERO, TODOS TERÁN QUE METERSE NUN ARO FACENDO EQUIPOS DUN NÚMERO IGUAL AO QUE SE BERRE.
  • XOGOS CORPORAIS: CADA CATIVO CUN ARO TRATARÁ DE SOSTER O ARO CON DIFERENTES PARTES DO SEU CORPO.
  • XOGOS TEMPORAIS: FORMAREMOS UN GRAN CÍRCULO E SENTAREMOS. UN NENO IRÁ DANDO VOLTAS AMODIÑO CUN ARO NA MAN E, CANDO O DESEXE, COLOCARALLO A UN NENO. ESTE TERÁ QUE CORRER LIXEIRO DETRÁS DO CATIVO QUE ESTÁ DE PÉ ANTES DE QUE CHEGUE A SENTAR NO ARO QUE ANTERIORMENTE DEIXOU.
  • RELAX: CON AROS COLOCADOS POR TODA A CLASE, TODOS OS NENOS E NENAS SENTARÁN NA PAREDE. AQUELES QUE ESTEAN MOI TRANQUILOS PODERÁN DESCANSAR NUN DOS AROS COMO SE FOSEN UNHA RA NUN NENÚFAR.

03/03/19

PAULO PRESÉNTAVOS Á SEÑORA LINGUA

IMAXE: ROLLING STONES LOGO.

HOXE PAULO QUÉREVOS PRESENTAR UNHA COLEGA. CHÁMASE SEÑORA LINGUA E, DURANTE ESTE CURSO, VAINOS AXUDAR A FALAR MELLOR. CON ELA, IMOS DESENVOLER UN PELO (PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL), ¡VAIA NOME! APRENDEREMOS A MOVER CORRECTAMENTE A LINGUA, A SABER RESPIRAR, A PODER UTILIZAR BEN OS BEIZOS AO FALALARMOS... EN FIN, UNHA CHEA DE COUSAS QUE IMOS IR COLGANDO AQUÍ N'A TROPA DE PAULO.

14/02/19

RELEVOS CAMBIANTES


A CLASE DE PSICOMOTRICIDADE DESTA SEMANA VAI SER TREPIDANTE:
  • QUECEMENTO: IMOS DESPRAZARNOS ARREDOR DOS CONOS DE DIFERENTES MANEIRAS.
  • XOGOS ESPACIAIS: OS CONOS ESTÁN SITUADOS A UN LADO E A OUTRO DA PISTA. SON DE CATRO CORES DIFERENTES E CADA CONO TEN O SEU IGUAL AO OUTRO ESTREMO DA AULA. COA CANCIÓN OS ANIMAIS DE LUAR NA LUBRE IREMOS FORMADO EQUIPOS DE DIFERENTE NÚMERO ATA CHEGARMOS A XUNTAR 4 EQUIPOS, QUE SE COLOCARÁN DETRÁS DE CADA CONO A UN LADO DA PISTA.
  • XOGOS CORPORAIS: XOGAREMOS ÁS CARREIRAS DE RELEVOS PORTANDO OBXECTOS DIFERENTES COMO TESTEMUÑO E CARREXÁNDOOS CON DISTINTAS PARTES DO CORPO.
  • XOGOS TEMPORAIS: PENSAREMOS NOS TESTEMUÑOS QUE NOS FAN IR MÁIS LIXEIROS E NOS QUE NOS OBRIGAN A IR MÁIS LENTOS.
  • RELAX: COS CONOS COLOCADOS NO CAMPO DE XOGO. TODOS OS NENOS E NENAS SENTARÁN NA PAREDE. AQUELES QUE ESTEAN MOI TRANQUILOS PODERÁN DESCANSAR AO CARÓN DUN DOS CONOS.

03/02/19

UNHA FAMILIA NORMAL

IMAXE: KALANDRAKA.

O SEGUINTE LIBRO QUE IMOS TRATAR VAINOS PERMITIR FALAR DA FAMILIA. DA FAMILIA? ASÍ EN SINGULAR? NON, NON. O CONTO DE DANIELA KULOT OFRECE A PORTUNIDADE DE CONVERSAR SOBRE AS FAMILIAS, EN PLURAL. QUE É? QUE MEMBROS TEN? POR QUE ESTES E NON OUTROS?
AQUÍ TENDES A PROGRAMACIÓN DAS SESIÓNS DE FpN.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
PARA ISO, COMA SEMPRE, SERVIRÉMONOS DUNHA SERIE DE RECURSOS Á PARTE DO CONTO.
UNA FAMILIA, 1989.
MADRE E HIJO, 1993.
EN EL PARQUE, 1999.
LA VIUDA, 1997.
  • UNHA CANCIÓN.

CADA NIÑO Y CADA NIÑA
CADA UNO CON SU SIGNA
TIENE UN NOMBRE PERSONAL
Y UNA FAMILIA ESPECIAL.

EN LA MÍA ESTÁ MI TÍA,
DOS ABUELAS Y TRES PRIMAS.
CUATRO TÍOS Y UN ABUELO.
DOS HERMANOS MUY PEQUEÑOS.
UNA HERMANA Y UN PRIMO.
PADRE Y MADRE A LOS QUE ESTIMO.
UN BEBÉ Y UNA MUÑECA
CON VESTIDO Y MUCHAS PECAS.

CADA UNO CON LA SUYA.
YO, LA MÍA; TÚ, LA TUYA.
CADA UNA DIFERENTE,
CADA UNA CON SU GENTE.

EN LA MÍA ESTÁ MI TÍA,
DOS ABUELAS Y TRES PRIMAS.
CUATRO TÍOS Y UN ABUELO.
DOS HERMANOS MUY PEQUEÑOS.
UNA HERMANA Y UN PRIMO.
PADRE Y MADRE A LOS QUE ESTIMO.
UN BEBÉ Y UNA MUÑECA
CON VESTIDO Y MUCHAS PECAS.

MI FAMILIA ES MUY CURIOSA,
MUY ALEGRE Y NUMEROSA.
MI FAMILIA ES TODO UN MUNDO,
TODO UN MUNDO PARA MÍ.

17/01/19

UN CIRCO EN PSICOMOTRICIDADE


NAS CLASES DE PSICOMOTRICIDADE DESTA SEMANA IMOS ADESTRAR PARA SERMOS FUNAMBULISTAS NO CIRCO DA SRA. LINGUA:
  • QUECEMENTO: IMOS MOVERNOS LIBREMENTE QUENTANDO SOBRE TODAS AS PARTES DO CORPO. UN FUNAMBULISTA UTILIZA OS SEUS CINCO SENTIDOS.
  • XOGOS ESPACIAIS: DUN LADO A OUTRO DA CORDA (OS BANCOS) IMOS DESPRAZÁNDONOS DE DIFERENTES MANEIRAS (CAMIÑANDO, ÁS CATRO PATAS, ETC.).
  • XOGOS CORPORAIS: FALAREMOS DAS PARTES DO CORPO UTILIZAMOS NESE XOGO.
  • XOGOS TEMPORAIS: PENSAREMOS QUE HAI QUE FACER PRIMEIRO PARA SUBIR Á CORDA, QUE HAI QUE FACER DURANTE E QUE HAI QUE FACER DESPOIS, AO BAIXAR, PARA NON LEVAR UNHA MORRADA.
  • RELAX: FORMAREMOS A NUBE DE CALMA FUNAMBULÍSTICA. CADA CATIVO SERÁ, COMA SEMPRE, UN RABO DE NUBE.

15/01/19

FILOSOFANDO CUNHA SOPIÑA

IMAXE: KALANDRAKA.

ACHÉGASE, DE ACORDO CO CALENDARIO ESCOLAR, O DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA. POR ESTE MOTIVO, DECIDIMOS ESCOLLER UN LIBRO MARABILLOSO NO QUE A UN RATIÑO SE LLE PRESENTA UN PROBLEMA: UNHA DONICELA QUÉREO COMER. COMO REACCIONARÁ EL? ATACANDO, USANDO A VIOLENCIA...? HABEMOS DE LER O LIBRO E VEREMOS COMO RESOLVE ESTA SITUACIÓN. AQUÍ TENDES A FOLLA DA PLANIFICACIÓN DAS SESIÓNS DE FILOSOFÍA PARA NENOS E NENAS.

E AQUÍ TENDES O VÍDEO CO FRAGMENTO DUNHA CANCIÓN SOBRE RATIÑOS INVENTADA PARA UN CONTO DA MESMA EDITORIAL QUE O LIBRO DE ENRIBA. CANCIÓN INTERPRETADA POLOS CONTACONTOS PATRI E ÁLEX DURANTE A LECTURA DO LIBRO "NÚMEROS" DE LEO LIONI E ANTONIO RUBIO NO CEIP DE PRÁCTICAS.

10/01/19

PAZ E AMIZADE NA AULA DE PSICOMOTRICIDADE


ACHÉGASE O DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA E NA CLASE DE PSICOMOTRICIDADE TAMÉN O QUEREMOS CELEBRAR:
  • QUECEMENTO: IMOS DESPRAZARNOS POLA CLASE FORMANDO MINIEQUIPOS DE AMIGOTES DE 2, 3, 4... MEMBROS. MOVERÉMONOS DE DIFERENTES MANEIRAS.
  • XOGOS ESPACIAIS: FAREMOS UN XOGO DE EQUIPO. CONSISTE EN QUE UN CATIVO TERÁ QUE IR COLLENDO AOS SEUS COMPAÑEIROS. CADA UN DOS QUE ENGANCHE CONVERTERÁSE NO SEU ALIADO E SAIRÁ A COLLER NENOS AGARRADO DA SÚA MAN. ESTE XOGO, ÁS VECES, CHÁMASE PALOMINO.
  • XOGOS CORPORAIS: FAREMOS O MESMO XOGO PERO, NO CANTO DAS MANS, COLLERÉMONOS POR OUTRAS PARTES DO CORPO.
  • XOGOS TEMPORAIS: PENSAREMOS EN QUE PARTES DO CORPO NOS PERMITE DESPRAZARNOS MÁIS RÁPIDO E CALES MÁIS LENTO.
  • RELAX: FORMAREMOS A NUBE DE CALMA. CADA CATIVO SERÁ UN RABO DE NUBE.