13/05/14

UNHA CANCIÓN PARA A GRANXA


O VINDEIRO LUNS, 19 DE MAIO, IMOS DE EXCURSIÓN A UNHA GRANXA QUE SE CHAMA A CASA DO QUEIXO. POIS PARA IRMOS SABENDO O NOME DALGÚNS DOS ANIMAIS QUE VIVEN ALÍ, CANTEMOS EN INGLÉS! PREME O VÍDEO E APRENDE OS ANIMAIS CON OLD McDONALD. DO BRITISH COUNCIL.

12/05/14

ILUSTRANDO O CONTO DE CRONOPIOS

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO BASEADA EN http://pixabay.com/

ALGÚNS E ALGUNHAS DE VÓS XA SABEDES QUE ESTAMOS A COMPOÑER O CONTO DE CRONOPIOS EN SOPORTE PAPEL. DEBUXAMOS CADANSEU CRONOPIO NA PORTADA E AGORA ESTAMOS A COLOCAR POR ORDE OS CAPÍTULOS DA HISTORIA. TAREFA ESTA MOI DIFÍCIL E QUE IMOS FACENDO CON MOITO COIDADO.
ADEMAIS DISTO, NECESITAMOS, PARA ILUSTRAR OS CAPÍTULOS, UNS DEBUXOS DOS PERSONAXES, OBXECTOS E SITUACIÓNS QUE SE NARRAN NO CONTO. POR ISO, AGORA NA AULA EDI, ESTAMOS A DEBUXALOS TODOS XUNTOS COA FERRAMENTA WEB SCRIBBLERTOO, DA QUE XA TIÑAMOS UNHA LIGAZÓN EN AO QUE XOGAMOS. MIRADE QUE OBRAS DE ARTE PREMENDO AQUÍ.