- QUECEMENTO: IMOS MOVERNOS LIBREMENTE COMO SE FÓSEMOS PINGAS DE AUGA. CANDO SOE O ASUBÍO, QUEDAMOS PARADOS.
- XOGOS ESPACIAIS: O CIRCUÍTO DO CICLO DA AUGA. NADAMOS NO MAR ATA QUE NOS QUETA O SOL (SOBRE AS COLCHONETAS), SUBIMOS Á NUBE (OS BANCOS SUECOS), TOCAMOS A MONTAÑA (ESQUIVAMOS AS PICAS VERTICAIS) E FLUÍMOS POLO RÍO (TÚNEL).
- XOGOS CORPORAIS: PENSAREMOS QUE PARTES DO CORPO UTILIZAMOS NOS CIRCUÍTO.
- XOGOS TEMPORAIS: PENSAREMOS QUE FENÓMENO PASA ANTES E CAL DESPOIS. E CAL AO FINAL. PERO, HAI REALMENTE FINAL?
- RELAX: FORMAREMOS A NUBE DE CALMA. CADA CATIVO SERÁ, COMA SEMPRE, UN RABO DE NUBE.
19/02/18
O CICLO DA AUGA EN EDUCACIÓN PSICOMOTRIZ
18/02/18
ABRINDO FIESTRAS COA SEÑORA LINGUA
CHEGA O DÍA DE ROSALÍA E ESTE ANO, O LEMA É #ABRIDEAFIESTRA. E, CLARO, A SEÑORA LINGUA VAI AIREAR A SÚA CASA. PIMEIRO, ABRE A PORTA PARA QUE CORRA O AR (ABRIMOS A BOCA E RESPIRAMOS). LOGO, ABRE UNHA VENTÁ (RESPIRAMOS POR UNHA FOSA NASAL E TAPAMOS A OUTRA) E LOGO OUTRA (RESPIRAMOS POLA OUTRA FUNGAINA E PECHAMOS A ANTERIOR) DURANTE 20 SEGUNDOS (INSPIRAMOS E EXPIRAMOS 20 VECES). A VER QUEN É QUEN DE FACELO ABRINDO SÓ UNHA FIESTRA! POR ÚLTIMO, ABRIMOS AS DÚAS XANELAS Á VEZ (AS DÚAS FOSAS NASAIS).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)