01/06/16

CARTA DE OLE E CARTA A OLE

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
LEMBRADES QUE HAI UNHAS SEMANAS FOMOS VISITAR AO AMIGO OLE, QUE VIVÍA NA BIBLIOTECA DOS ROSALES? POIS BEN, ACABAMOS DE RECIBIR UNHA CARTA DEL E, POR SUPOSTO, ABRÍMOLA. O INTERIOR CONTIÑA UNHA ESTUPENDA FOTO NOSA CON OLE E AS BIBLIOTECARIAS. AGORA, TÓCANOS CONTESTARLLA, NON SI?
ESTIVEMOS NO RECANTO DA BIBLIOTECA ESCRIBÍNDOLLA. METÉMOLA NUN SOBRE CO SEU ENDEREZO E, NA ASEMBLEA, DECIDIMOS QUE CON ISO ABONDABA PARA MANDARLLA. OU, SE CADRA, DEBUXARLLE ALGO NO SOBRE E LISTO.
ESTA FIN DE SEMANA, DANIEL VAINA DEPOSITAR NUN BUZÓN. DI QUE HAI UN AO LADO DA SÚA CASA. A VER QUE PASA ENTÓN. AGARDEMOS QUE LLE CHEGUE.

31/05/16

ANIVERSARIO DE ZOE

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

UNHA NOVA NENA ENTRA NO CLUB DOS 4 E, POR SUPOSTO, ESTIVÉMOSLLE COMENDO UN ANACO DE DELICIOSO BISCOITO QUE TROUXO. ANTES, COMA SEMPRE, CANTÁMOSLLE EN TRES IDIOMAS. LOL!
X. RODÍGUEZ (LETRA) E E. NOVOA (MÚS.)

30/05/16

O RECANTO DA CASIÑA

IMAXES: PILI NOGUEIRA.

O RECANTO DA CASIÑA ULTIMAMENTE NON ESPERTABA MOITO INTERESE. POR ISO, QUIXEMOS DARLLE UN EMPURRÓN E, PARA ISO, DECIDIMOS PEDIR A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS. PEDÍMOSLLES QUE, SE TIÑAN NA CASA, TROUXESEN ROUPA, DISFRACES E COMPLEMENTOS VELLOS PARA METERMOLOS NUN BAÚL NO RECANTO. TODO ESE MATERIAL DESPOIS SERVIRÍANOS PARA DISFRAZARNOS E IIMAXINAR MILES DE HISTORIAS. 
AGORA MESMO, O BAÚL ESTÁ CHEO E, PROBABLEMENTE VEXÁMONOS OBRIGADOS A MERCAR OUTRO. POR ISO, GRAZAS A TODOS E TODAS AS QUE FIXESTES A VOSA ACHEGA.