13/12/18

PELOTAS DE TODOS OS TAMAÑOS


ESTA SEMANA EN EDUCACIÓN FÍSICA DE BASE, FAREMOS:
  • QUECEMENTO: IMOS DESPRAZARNOS DE DIFERENTES MANEIRAS E PORTANDO PELOTAS DE DISTINTOS TAMAÑOS.
  • XOGOS ESPACIAIS: HABERÁ AROS GRANDES, MEDIANOS E PEQUENOS CISCALLADOS POR TODA A CLASE. AS PELOTAS TAMÉN ESTARÁN ESPAREXIDAS. Á ORDE, TERÁN QUE CLASIFICALAS O MÁIS RÁPIDO POSIBLE.
  • XOGOS CORPORAIS: ULTILIZAREMOS AS PELOTAS DE DISTINTOS TAMAÑOS CON DIFERENTES PARTES DO CORPO, ARREBOLÁNDOAS E GOLPEÁNDOAS.
  • XOGOS TEMPORAIS: PROBAREMOS A ENCESTAR AS PELOTAS. PRIMEIRO, AS PEQUENAS; LOGO, AS MEDIANAS; E, AO FINAL, AS GRANDES.
  • RELAX: CON AROS COLOCADOS POR TODA A CLASE, TODOS OS NENOS E NENAS SENTARÁN NA PAREDE. AQUELES QUE ESTEAN MOI TRANQUILOS PODERÁN DESCANSAR NUN DOS AROS.

28/11/18

UN PASEO POLA PAISAXE OUTONAL, CASE INVERNAL


ESTA SEMANA IMOS XOGAR COS ZANCOS:
  • QUECEMENTO: IMOS DESPRAZARNOS DE DIFERENTES MANEIRAS BORDEANDO O CIRTCUÍTO/PAISAXE QUE ESTÁ PREPARADO NO MEDIO DA PISTA.
  • XOGOS ESPACIAIS: COMO A CHUVIA DE OUTONO DEIXOU TODO ASOLAGADO, IMOS MONTAR NOS ZANCOS E PERCORREREMOS A SALA DUN LADO A OUTRO.
  • XOGOS CORPORAIS: MOVERÉMONOS POR UN CIRCUÍTO. ESTARÁ FORMADO POR UNHA COLCHONETA PARA FACERMOS UNHA REVIRAVOLTA (PARA ESQUIVAR UN TRONCO DO SOUTO); UNS AROS QUE HABERÁ QUE PERCORRER SALTANDO COS PÉS XUNTIÑOS (PARA TRASPASAR O RÍO); UNHAS PICAS QUE HABERÁ QUE SORTEAR MOI RÁPIDO (SON ÁRBORES SEN FOLLAS DA FRAGA); UNHAS COLCHONETAS PARA ARRASTRARSE (PARA PASAR POR DEBAIXO DOS TOXOS); E UNS ZANCOS COS QUE REMATAR O CIRCUÍTO (PARA NON MOLLAR OS PÉS COA AUGA DA CHUVIA).
  • XOGOS TEMPORAIS: AO REALIZAR O CIRCUÍTO IREMOS FALANDO DO EXERCICIO QUE VAI PRIMEIRO E O QUE VAI DESPOIS; O QUE VAI ANTES E DESPOIS; E A ACTIVIDADE INICIAL E A FINAL.
  • RELAX: CON AROS COLOCADOS POR TODA A CLASE, TODOS OS NENOS E NENAS SENTARÁN NA PAREDE. AQUELES QUE ESTEAN MOI TRANQUILOS PODERÁN DESCANSAR NUN DOS AROS COMO SE FOSEN UNHA RA NUN NENÚFAR.

25/11/18

FILOSOFÍA COA PRINCESA SABELA

PREME PARA VER FICHA.
IMAXE: XERAIS.

PASOU, SEGUNDO O CALENDARIO ESCOLAR, A ACTIVIDADE CONMEMORATIVA DO DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA (20 DE NOVEMBRO) E O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25 DE NOVEMBRO). POR ESTE MOTIVO, DECIDIMOS ESOCOLLER UN LIBRO QUE FALA SOBRE A INFANCIA E OS ESTEREOTIPOS SEXISTAS E, CON EL, ORGANIZAMOS UNHAS SESIÓNS DE FILOSOFÍA PARA NENOS E NENAS (FpN). ESTAS CONSTAN DE CATRO PARTES:
  1. LECTURA E ESCOITA ATENTA DO CONTO.
  2. CONVERSA.
  3. REPRESENTACIÓN GRÁFICA.
SE QUEREDES A EXPLICACIÓN MÁIS DETALLADA DAS SESIÓN PREMEDE AQUÍ.

22/11/18

QUE CONTROL DE BALÓN!


ESTA SEMANA, PAULO PROPONNOS ISTO PARA FACER EN PSICOMOTRICIDADE:
  • QUECEMENTO: IMOS CORRER DE DIFERENTES MANEIRAS SOSTENDO A PELOTA COAS MANS.
  • XOGOS ESPACIAIS: MOVÉMONOS AO LONGO DA SALA DE USOS MÚLTIPLES DESPRAZANDO A PELOTA. PRIMEIRO COA MAN DEREITA, LOGO COA ESQUERDA. PÉ DEIREITO E ESQUERDO.
  • XOGOS CORPORAIS: DESPRAZARÉMONOS POLA CLASE SOSTENDO A PELOTA CON DIFERENTES PARTES DO CORPO.
  • XOGOS TEMPORAIS: O MESMO XOGO DE ANTES PERO CAMBIANDO OS RITMOS (UNHA VECES RÁPIDO, OUTRAS LENTO).
  • RELAX: DEITARÉMONOS MOVENDO LENTAMENTE AS PELOTAS SEN QUE SE ESCAPEN.

12/11/18

AS CERAS DE CORES ESTÁN ENFADADAS


AS CERAS ESTÁN CABREADAS CO SEU DONO, DUNCAN. POR ISO, ESTANLLE A ESCRIBIR CARTAS QUEIXÁNDOSE. ISO ESTANOS A DAR PÉ A INICIAR UNHAS NOVAS SESIÓNS DE FILOSOFÍA PARA NENOS E NENAS.
QUEREMOS REFLEXIONAR CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO SOBRE OS ESTEREOTIPOS SEXISTAS. NESTE CASO, AS CORES DE NENOS E AS CORES DE NENAS. 
ESTIVEMOS A IMAXINAR CAL SERÍA O MOTIVO DO ENFADO DA COR ROSA CON DUNCAN. ASÍ DOCUMENTAMS AS REPOSTAS DUNHA CLASE:
NOR: NON LLE GUSTABA COMO PINTABA.
ALE: PORQUE FAI CHAFULLADAS.
WIA: A COR ROSA DI QUE ELA É A COR DO SOL.
GAI: O ROSA NON É A COR DO SOL.
MAI: PORQUE FIXO UNHA PELEXA.
FRA: PORQUE DUNCAN SE PORTOU MAL.
AIN: PORQUE LLE PEGARON.
FAT: PORQUE QUERE IR CO VERMELLO.
MAR: PORQUE OS SEUS AMIGOS ESTABAN ENFADADOS.
JUA: PORQUE QUERE UN CARACOL.
ALE: PORQUE QUERE IR CO AZUL.
GOO: PORQUE LLE DERON UNHA PUÑADA.
E DOUTRA CLASE:
SEP: ENVÍALLE CARTAS E XA NON SON AMIGOS.
ADR: PORQUE PINTA MAL CON ESA CERA.
SAR. PORQUE SE SAE POR FÓRA.
ÁNG: PORQUE XA NON XOGA.
E DOUTRA:
ERI: PORQUE TODO NON É ROSA.
ALE: PORQUE PINTOU UN DINOSAURO ROSA.
ICÍ: A COR ROSA QUERE SER A COR DO SOL.
SAN: PORQUE PINTOU UN LOBO DE COLOR ROSA.
BAB: PORUE PINTOU UN OSO DE COR ROSA.
ERI: PORQUE DUNCAN PINTOU UNHA CASA AZUL E DESPOIS DE COR ROSA.

07/11/18

PASEANDO POLO SOUTO


ESTA SEMANA, PAULO PROPONNOS ISTO PARA FACER EN PSICOMOTRICIDADE:
  • QUECEMENTO: IMOS CORRER DE DIFERENTES MANEIRAS BORDEANDO O SOUTO QUE HOXE TEMOS NA AULA DE USOS MÚLTIPLES (OS CASTIÑEIROS DO SOUTO SERÁN PICAS SITUADAS POR TODO O ESPAZO DA CLASE). 
  • XOGOS ESPACIAIS: MOVÉMONOS DE DIFERENTES MANEIRAS, IMITANDO ANIMAIS PROTAGONISTAS DO OUTONO PERCORRENDO O SOUTO. NON SE PODÉN TOCAR OS CASTIÑEIROS.
  • XOGOS CORPORAIS: DESPRAZARÉMONOS POLA CLASE AGARRANDO A PICA CON DIFERENTES PARTES DO CORPO.
  • XOGOS TEMPORAIS: O MESMO XOGO DE ANTES PERO CAMBIANDO OS RITMOS (UNHA VECES RÁPIDO, OUTRAS LENTO).
  • RELAX: RABOS DE NUBE. OS NENOS QUE ESTEAN TRANQUILOS VAN IR FORMANDO UNHA GRANDE NUBE POR TODO O ESPAZO DA SALA DE USOS MÚLTIPLES. CADA NENO SERÁ UN RABO DE NUBE QUE SE COLOCARÁ DEITADO CON BRAZOS E PERNAS ABERTOS E SUXEITÁNDOSE AO COMPAÑEIRO PARA FORMAR A NUBE.

24/10/18

O TRONCO FURADO


ESTA SEMANA, PAULO PROPONNOS ISTO PARA FACER EN PSICOMOTRICIDADE:
  • QUECEMENTO: Corremos de diferentes maneiraS, IMITANDO ANIMAIS PROTAGONISTAS DO OUTONO (ANDORIÑAS, ESQUÍOS...).
  • XOGOS ESPACIAIS: PASAMOS POLO TRONCO DUNHA ÁRBORE CAÍDA (O TÚNEL). LOGO, O MESMO PERO O TÚNEL AGORA SERÁ HUMANO. POÑÉNDOSE NUNHA RINGLEIRA E ABRINDO AS PERNAS.
  • XOGOS CORPORAIS: LANZAMOS O BALÓN COAS MANS E OS PÉS PARA ENCESTALO NO ARO QUE SUXEITA O COMPAÑEIRO.
  • XOGOS TEMPORAIS: O XOGO DO QUECEMENTO CAMBIANDO DE RITMO.
  • RELAX: Rabos de nube. OS NENOS QUE ESTEAN TRANQUILOS VAN IR FORMANDO UNHA GRANDE NUBE POR TODO O ESPAZO DA SALA DE USOS MÚLTIPLES. CADA NENO SERÁ UN RABO DE NUBE QUE SE COLOCARÁ DEITADO CON BRAZOS E PERNAS ABERTOS E SUXEITÁNDOSE AO COMPAÑEIRO PARA FORMAR A NUBE.

18/10/18

SEGUÍMONOS CRENDO FOLLAS SECAS


ESTA SEMANA, PAULO PROPONNOS ISTO PARA FACER EN PSICOMOTRICIDADE:
  • QUECEMENTO: seguimos coas árbores de outono. Corremos de diferentes maneiras. Ao son, detémonos imitando árbores sen follas.
  • XOGOS ESPACIAIS: Mar, terra e aire. Esquerda, centro e dereita saltando dunha a outra.
  • XOGOS CORPORAIS: man dereita pintada cunha marca vermella. Esquerda verde. Bailamos libremente e, ao sinal, facemos grupos de X nenos xuntados só pola man indicada.
  • XOGOS TEMPORAIS: O XOGO ESPACIAL CAMBIANDO OS RITMOS A LENTO/RÁPIDO.
  • RELAX: Rabos de nube.

09/10/18

PISCOMOTRICIDADE EN PICTOS


PARA AXUDAR NAS EXPLICACIÓNS, O REFORZO VISUAL (ARASAAC) SUPÓN UN GRAN RECURSO. AQUÍ VOS DEIXAMOS UN LIBRIÑO COAS ACCIÓNS MÁIS HABITUAIS NAS CLASES DE PSICOMOTRICIDADE.

05/10/18

AS FOLLAS DE OUTONO


ESTA SEMANA EN PSICOMOTRICIDADE CO AMIGO PAULO IMOS FACER ALGO MOI OUTONAL:

  • QUECEMENTO: ÁRBORES QUIETAS!
  • XOGOS ESPACIAIS: MOVÉMONOS NAS COLCHONETAS COMA FOLLAS SECAS (DEITADOS BOCA ARRIBA, BOCA ABAIXO, A ROLOS...).
  • XOGOS CORPORAIS: SOA A MÚSICA E BAILAMOS. PARA E UNS FACEMOS DE ÁRBORES E OUTROS DE FOLLAS COLGADAS DOS BRAZOS-PÓLAS DOS DEMAIS.
  • XOGOS TEMPORAIS: AS FOLLAS-NENOS ARRÁSTRANSE POLO CHAN CON VENTO FORTE E CON BRISA.
  • RELAXACIÓN: AS FOLLAS QUEDAN QUIETAS NO CHAN.

25/09/18

UN LIBRO CON SENTIMENTOS

 PREME NA IMAXE PARA VER AS ACTIVIDADES DO CURSO PASADO.
IMAXE: LA CASA DEL LIBRO.

O CURSO PASADO COMEZAMOS CUN LIBRO XENIAL: O MONSTRO DE CORES DE ANNA LLENAS. ESTE CURSO IMOS FACER O MESMO. PREMEDE NA IMAXE PARA VER ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE REALIZAMOS.
ACOMPAÑAREMOS ESTA EXPERIENCIA CUNHA FERMOSA CANCIÓN SOBRE O MONSTRO.

19/09/18

PRIMEIRA SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE

E COMEZAMOS CUNHA SESIÓN SINXELA DE PSICOMOTRICIDADE; O QUE VÉN SENDO EDUCACIÓN FÍSICA, VAIA. TITULARÉMOLA: QUIETO PARADO!
IMAXE: CONSELLO DA CULTURA GALEGA.

ESTA SEMANA, NAS SESIÓNS DE EDUCACIÓN FÍSICA ESTIVEMOS FACENDO TODO ISTO:
  • QUECEMENTO: XOGO DO QUIETO PARADO!
  • XOGOS ESPACIAIS: DESPRAZAMENTOS TUMBADOS DE COSTAS.
  • XOGOS CORPORAIS: DESPRAZAMENTOS CON DIFERENTES PARTES DO CORPO.
  • XOGOS TEMPORAIS: TREN LONGO, TREN CURTO; SONS LONGOS, SONS CURTOS.
  • RELAXACIÓN.

16/09/18

BENVIDOS E BENVIDAS A UN NOVO CURSO


OS E AS QUE XA SEGUIDES DESDE HAI TEMPO ESTE BLOG, SABEDES QUE O USAMOS PARA INFORMAR SOBRE ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES NA AULA. ESTE CURSO, AO IGUAL QUE NO ANTERIOR, ÍMOLO DEDICAR AO APOIO DE EDUCACIÓN INFANTIL. NO NOSO COLEXIO, O CEIP RAQUEL CAMACHO DA CORUÑA, AS CLASES DE APOIO OCÚPANSE DE VARIOS TIPOS DE ACTIVIDADES:
POIS BEN, SE BOTADES UN OLLO AOS ARTIGOS VELLOS DO BLOG, XA VOS PODEDES FACER UNHA IDEA DE TODO ISTO. ESTE CURSO SEGUIREMOS IGUAL (IGUAL DE BEN) QUE SEMPRE. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE. ADIANTE!

20/05/18

BA-LON-CES-TO!


MIRA QUE NOS GUSTOU XOGAR AO BALONMÁN. POIS ESTA SEMANA EN PSICOMOTRICIDADE IMOS PRACTICAR OUTRO DEPORTE:
  • QUECEMENTO: IMOS MOVERNOS POLA AULA QUENTANDO TODO O CORPO PERO, POR RIBA DE TODO, OS BRAZOS.
  • XOGOS ESPACIAIS: UN NENO DUN LADO, UN NENO DO OUTRO VANSE IR PASANDO O BALÓN DE DIFERENTES MANEIRAS.
  • XOGOS CORPORAIS: IMOS LANZAR O BALÓN Á CANASTRA USANDO AS NOSAS MANS.
  • XOGOS TEMPORAIS: PENSAREMOS NOS MOVEMENTOS QUE TEMOS QUE REALIZAR PARA PODERMOS TIRAR AO ARO. QUE FACEMOS PRIMEIRO, QUE FACEMOS DESPOIS...
  • RELAX: FORMAREMOS UN MANTO DE FLORES PRIMAVERAL BALONCESTÍSTICO. CADA CATIVO SERÁ UNHA FERMOSA FLOR DO CAMPO.

14/05/18

A SEÑORA LINGUA GOZA COS CRONOPIOS

AUTOR: RAMÓN PARÍS LAGO BASEÁNDOSE NA ROLLING STONES TONGUE LOGO.

XA HABÍA TEMPO QUE NON PASABA POR AQUÍ A SEÑORA LINGUA. ESTIVO MOI OCUPADA LENDO OS CONTOS QUE CRONOPIOS QUE INVENTAMOS NAS AULAS. QUEREDES SABER COMO LE A NOSA AMIGA? POIS, MIRADE: VAI MOVENDO A VISTA DUN LADO A OUTRO DO TEXTO (MOVEMOS A LINGUA DUN LADO A OUTRO). E ASÍ TODO O TEMPO. ENCÁNTALLE! PÁSAO PIPA COA BRUXA, COA DOUTORA...



13/05/18

EEEI, AMODIÑO!


ESTA SEMANA COMEZAMOS COS GREATEST HITS DAS SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADE DE TODO O ANO. E COMEZAMOS POR ISTO:
  • QUECEMENTO: 1, 2, 3 ZAPATIÑO INGLÉS.
  • XOGOS ESPACIAIS: AO SON DA MÚSICA POÑÉMONOS DENTRO DOS AROS. CANDO PARE, BAILAMOS.
  • XOGOS CORPORAIS: DESPRAZARSE ÁS CATRO PATAS, CON TRES PUNTOS DE APOIO E CON UN.
  • XOGOS TEMPORAIS: MOVERSE AO SON DO PANDEIRO (LENTO, AMODO).
  • RELAXACIÓN.

06/05/18

QUE TAL SE PRACTICAMOS UN DEPORTE? O BALONMÁN


NAS CLASES DE PSICOMOTRICIDADE DESTA SEMANA IMOS PRACTICAR UN BALONMÁN UN CHISCO DIFERENTE:
  • QUECEMENTO: IMOS MOVERNOS LIBREMENTE QUENTANDO SOBRE TODO OS BRAZOS (OMBREIROS, CÓBADOS, PULSOS E DEDOS).
  • XOGOS ESPACIAIS: DUN LADO A OUTRO DA LIÑA PASÁMONOS UN BALÓN PEQUENIÑO CUNHA SOA MAN E RECIBÍMOLO SEN QUE NOS CAIA.
  • XOGOS CORPORAIS: FALAREMOS DAS PARTES DO CORPO UTILIZAMOS NESE XOGO.
  • XOGOS TEMPORAIS: PENSAREMOS QUE HAI QUE FACER PRIMEIRO PARA PASAR UN BALÓN COA MAN; QUE TEMOS QUE FACER LOGO; E QUE TEMOS QUE FACER AO FINAL CANDO, POR FIN, SOLTAMOS A PELOTA.
  • RELAX: FORMAREMOS A NUBE DE CALMA BALONMANÍSTICA. CADA CATIVO SERÁ, COMA SEMPRE, UN RABO DE NUBE.

23/04/18

OS NOSOS CONTOS DE CRONOPIOS

O CRONOPIO NÚMERO 4 OBTIVO 22 VOTOS

ALGUNHAS AULAS, PARTINDO DO CRONOPIO GAÑADOR NA VOTACIÓN, XA IMAXINARON A SÚA MINI-HISTORIA. AQUÍ ESTÁN:

CLASE DE ÁNGELES

O CRONOPIO ESTABA CONTENTO PORQUE VIVÍA NUNHA CASA NORMAL: TIÑA LIBROS, UN BALÓN, XOGUETES, UN BEBÉ, MOITOS LAPIS E UNHA PISTOLA. UN DÍA PÚXOSE A CHORAR. NON PODÍA XOGAR PORQUE ERA DE NOITE E TIÑA QUE IR PARA A CAMA.

CLASE DE PATRICIA

O CRONOPIO ESTABA ENFADADO PORQUE NON O EMPUXABAN NO BAMBÁN. DE SÚPETO, CAEU DE CABEZA E, CO GOLPE, DOBROU AS ANTENAS. FÍXOSE UNHA PUPA NUNHA DAS SÚAS CATRO PERNAS.
QUE PODERÍA FACER?
GAIA, QUE ERA DOUTORA E SABÍA CURAR, MIROULLE O CORAZÓN E TAPOULLE A FERIDA CUNHA TIRITA. E AÍ A TIVO ATA QUE LLE CUROU.

CLASE DE BEA

O CRONOPIO NÚMERO 4 VIVÍA NA LÚA. ENCANTÁBALLE XOGAR COS SEUS AMIGOS AO ESCONDITE. PERO, UN DÍA, NINGUÉN O ATOPABA. BUSCARON NA CASA, NO PARQUE, NA HERBA, POLA RÚA... PERO NON APARECÍA. ENTÓN, UN CRONOPIO BUSCOU POR EL NO XARDÍN E ALÍ ESTABA.

CLASE DE IRENE

O CRONOPIO NÚMERO 4 VIVÍA NO ESPAZO. UN DÍA, CHEGOU UNHA BRUXA. TRAIA NAS SÚAS MANS MOOOITO DIÑEIRO. ROUBÁRAO NUN CAIXEIRO E QUERÍALLE MERCAR UN LIBRO MOOOI IMPORTANTE AO CRONOPIO. ESE DIÑEIRO ROUBÁCHELO, BERROU O CRONOPIO. NON CHE VENDEREI O LIBRO! A BRUXA, SORPRENDIDA E ENFADADA, MARCHOU VOANDO AO SEU CASTELO.

CLASE DE PILI

O CRONOPIO NÚMERO 4 VIVÍA NA CORUÑA. GUSTÁBALLE DESORDENAR OS XOGOS. UN DÍA, DEUSE DE CONTA DE QUE DESTROZAR ERA MOI FEO PORQUE ESVAROU CUN COCHE DE XOGUETE CANDO ESTABA XOGANDO CON OUTRO CRONOPIO AO BALÓN. A PELOTA SAIU DISPARADA E ROMPEU O CRISTAL ONDE UN SEÑOR ESTABA TRABALLANDO. O CRONOPIO FÍXOSE UNHA PUPA NA CABEZA. TIVERON QUE CHAMAR A AMBULANCIA QUE LEVOU O CRONOPIO NÚMERO 4 AO MÉDICO. CANDO SE RECUPEROU, VOLVEU AO PARQUE,  ARRANXOULLE O CRISTAL AO SEÑOR E PEDIUILLE PERDÓN.

CLASE DE MARÍA

O NOSO CRONOPIO VIVÍA NA CASA DA ÁRBORE. UN DÍA, FOISE DE ALÍ PORQUE SE ABURRÍA. ATOUPOU OUTRO CRONOPIO, QUE ESTABA EN PERIGO. UN LOBO ESTÁBAO A PERSEGUIR. OS DOUS CORRERON DE NOVO PARA A CASA DA ÁRBORE, ENTRARON E PECHARON A PORTA. O LOBO SOPROU MOI FORTE PARA DERRUBAR A CASA PERO NON PUIDO. ENTÓN, DISFRAZOUSE DE CRONOPIO E CHAMOU Á PORTA, PERO ELES DESCUBRÍRONO. O TRAXE LLE QUEDABA PEQUENO E VÍANSELLE OS PELOS. FINALMENTE, DISFRAZOUSE DE CASTOR, FOI ROENDO A CASA ATA QUE A TIROU TODA ABAIXO. TODA? NON, TODA NON. DEIXOU O TELLADO EN PÉ ONDE OS CRONOPIOS QUEDARON PARA SEMPRE.

09/04/18

VOTANDO CRONOPIOS


POIS BEN, XA FALAMOS NAS SEIS AULAS DE JULIO CORTÁZAR E OS SEUS CRONOPIOS. ESTIVEMOS IMAXINANDO COMO PODERÍAN SER SEGUNDO A DESCRICIÓN QUE EL REALIZOU. AGORA, TOCA VOTAR. DEBEMOS ELIXIR PREMENDO NA IMAXE DE ARRIBA CAL OU CALES NOS GUSTAN MÁIS PARA LOGO TER UN CRONOPIO CO QUE INVENTAR OS NOSOS CONTOS. VEÑA, ÁNIMO, A VOTAR!

08/04/18

LIBROS QUE CORREN


ESTA SEMANA EN PSICOMOTRICIDADE, O DÍA DO LIBRO ESTARÁ PRESENTE:

  • QUECEMENTO: NO CHAN FAREMOS A FORMA DUN LIBRO COS CONOS. CORREREMOS ARREDOR DEL QUENTANDO PERNAS E BRAZOS (ABRÍNDOOS E PECHÁNDOOS COMO SE FOSEN AS PÁXINAS DUN LIBRO).
  • XOGOS ESPACIAIS: FAREMOS VARIOS EQUIPOS, IDENTIFICADOS POLO DEBUXO DUN LIBRO, E COLOCADOS EN DIFERENTES LUGARES DO GRAN LIBRO, FAREMOS CARREIRA DE RELEVOS. O TESTEMUÑO SERÁ, A VER SE O ADIVIÑADES... UN LIBRO.
  • XOGOS CORPORAIS: LEVAREMOS O LIBRO EN DIFERENTES PARTES DO CORPO.
  • XOGOS TEMPORAIS: PENSAREMOS ONDE LEVAMOS PRIMEIRO O LIBRO TESTEMUÑO, ONDE DESPOIS...
  • RELAX: FORMAREMOS UN LIBRO DE XENTE TRANQUILIÑA NO CHAN.

31/03/18

DÍA DO LIBRO: NOVO CONTO DE CRONOPIOS

IMAXE: FOROS DZ.

HAI TRES ANOS, COS NENOS E NENAS DO CEIP EMILIA PARDO BAZÁN, ELABORAMOS UN CONTO CONXUNTO SOBRE UNS PERSONAXES CHAMADOS CRONOPIOS. ESTE É O PRIMEIRO E ESTE O SEGUNDO. O ALUMNADO DO CEIP ALBORADA FIXO O MESMO O CURSO 2016-2017. QUERIAMOS CELEBRAR O DÍA DO LIBRO E, AGORA, ESTASE ACHEGANDO.
QUE SON OS CRONOPIOS? O SEU CREADOR, JULIO CORTÁZAR, EXPLÍCANOLO AQUÍ. PERO, COMO AO MELLOR NOS RESULTA UN CHISCO DIFÍCIL DE ENTENDER, VELAQUÍ A DESCRICIÓN QUE FIXO DELES O PROPIO JULIO:
LOS CRONOPIOS SON UNOS OBJETOS VERDES Y HÚMEDOS, SON UNOS SERES DESORDENADOS Y TÍMIDOS.
CON ESTA DEFINICIÓN, ENTRE TODOS E TODAS IMOS IMAXINAR O ASPECTO QUE TERÍAN E TRATARÉMOLO DE DEBUXAR NA CLASE. PUBLICAREMOS ESES BOSQUEXOS DE CRONOPIO NO BLOG, VOTAREMOS O QUE MÁIS NOS GUSTE E, LOGO, INVENTAREMOS UN CONTO CONXUNTO. CONTINUARÁ.

18/03/18

O TREN DA PRIMAVERA



NAS CLASES DE PSICOMOTRICIDADE DESTA SEMANA IMOS DAR A BENVIDA Á PRIMAVERA:
  • QUECEMENTO: IMOS MOVERNOS LIBREMENTE POLA CLASE E, Á ORDE DO MESTRE, FORMAREMOS TRENS CON DIFERENTE NÚMERO DE VAGÓNS.
  • XOGOS ESPACIAIS: CINCO TRENS SAIRÁN DA SÚA ESTACIÓN E TERÁN QUE CHEGAR AO SEU DESTINO SEN DESCARRILAR. OLLO, PORQUE TERÁN DIFERENTES OBSTÁCULOS QUE SUPERAR.
  • XOGOS CORPORAIS: FALAREMOS DAS PARTES DO CORPO UTILIZAMOS NESE XOGO.
  • XOGOS TEMPORAIS: OS TRENS DEBERÁN IR UNHAS VECES MÁIS RÁPIDO E OUTRAS MÁIS AMODO.
  • RELAX: FORMAREMOS UN MANTO DE FLORES PRIMAVERAL. CADA CATIVO SERÁ UNHA FERMOSA FLOR DO CAMPO.

12/03/18

FILOSOFÍA DE COR ROSA CARAMELO


ESTAS SEMANAS PREVIAS AO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER ESTIVEMOS A LER E PENSAR ARREDOR DUN FERMOSO LIBRO: ROSA CARAMELO. O CONTO ENRIBA ESTÁ NARRADO POR BEATRIZ MONTERO. EMBAIXO PODEDES CONSULTAR O PROGRAMA DAS SESIÓNS DE FILOSOFÍA PARA NENOS E NENAS.

11/03/18

"RONDOS" EN PSICOMOTRICIDADE

ESTA SEMANA EN PSICOMOTRICIDADE, IMOS FACER UNS RONDOS:
  • QUECEMENTO: BOTAREMOS UNHAS CAREIRIÑAS QUENTADO AS PARTES DO CORPO QUE IMOS USAR.
  • XOGOS ESPACIAIS: FORAMREMOS VARIOS EQUIPOS DE 5 OU SEIS PERSOAS QUE SE COLOCARÁN EN CÍRCULO
  • XOGOS CORPORAIS: O RONDOS CONSISTEN EN QUE AS PERSOAS QUE FORMAN OS CÍCULOS TERANSE QUE IR PASANDO A PELOTA SEN QUE OUTRA PERSOA, QUE ESTÁ NO MEDIO, DEBERÁ TRATAR DE COLLELA. SE O CONSEGUE, PODERÁ OCUPAR UN LUGAR NO CÍRCULO. PASARÉMONOS O BALÓN CON DISTINTAS PARTES DO CORPO.
  • XOGOS TEMPORAIS. PENSAREMOS NO TEMP QUE ESTIVO UNHA PERSOA NO MEDIO, QUE FIXEMOS ANTES, DESPOIS...
  • RELAX: FORMAREMOS UN RONDO DE TRANQUILIDADE.

19/02/18

O CICLO DA AUGA EN EDUCACIÓN PSICOMOTRIZ


LEVAMOS UN INVERNO BEN MOLLADO, NON SI. CHOVE A ESGALLA! POIS NAS CLASES DE PSICOMOTRICIDADE DESTA SEMANA IMOS FACER O CICLO DA AUGA:
  • QUECEMENTO: IMOS MOVERNOS LIBREMENTE COMO SE FÓSEMOS PINGAS DE AUGA. CANDO SOE O ASUBÍO, QUEDAMOS PARADOS.
  • XOGOS ESPACIAIS: O CIRCUÍTO DO CICLO DA AUGA. NADAMOS NO MAR ATA QUE NOS QUETA O SOL (SOBRE AS COLCHONETAS), SUBIMOS Á NUBE (OS BANCOS SUECOS), TOCAMOS A MONTAÑA (ESQUIVAMOS AS PICAS VERTICAIS) E FLUÍMOS POLO RÍO (TÚNEL).
  • XOGOS CORPORAIS: PENSAREMOS QUE PARTES DO CORPO UTILIZAMOS NOS CIRCUÍTO.
  • XOGOS TEMPORAIS: PENSAREMOS QUE FENÓMENO PASA ANTES E CAL DESPOIS. E CAL AO FINAL. PERO, HAI REALMENTE FINAL?
  • RELAX: FORMAREMOS A NUBE DE CALMA. CADA CATIVO SERÁ, COMA SEMPRE, UN RABO DE NUBE.

18/02/18

ABRINDO FIESTRAS COA SEÑORA LINGUA


CHEGA O DÍA DE ROSALÍA E ESTE ANO, O LEMA É #ABRIDEAFIESTRA. E, CLARO, A SEÑORA LINGUA VAI AIREAR A SÚA CASA. PIMEIRO, ABRE A PORTA PARA QUE CORRA O AR (ABRIMOS A BOCA E RESPIRAMOS). LOGO, ABRE UNHA VENTÁ (RESPIRAMOS POR UNHA FOSA NASAL E TAPAMOS A OUTRA) E LOGO OUTRA (RESPIRAMOS POLA OUTRA FUNGAINA E PECHAMOS A ANTERIOR) DURANTE 20 SEGUNDOS (INSPIRAMOS E EXPIRAMOS 20 VECES). A VER QUEN É QUEN DE FACELO ABRINDO SÓ UNHA FIESTRA! POR ÚLTIMO, ABRIMOS AS DÚAS XANELAS Á VEZ (AS DÚAS FOSAS NASAIS). 

03/02/18

O ENTROIDO DOS ANIMAIS


O ENTROIDO TAMÉN TERÁ O SEU LUGAR NAS CLASES DE PSICOMOTRICIDADE:
  • QUECEMENTO: IMOS MOVERNOS POLA CLASE ALTERNANDO OS DESPRAZAMENTOS IMITANDO A DIFERENTES ANIMAIS.
  • XOGOS ESPACIAIS: OS ANIMAIS TERÁN QUE PERCORRER UN CIRCUÍTO DE OBSTÁCULOS SEN DEIXAR DE SER ELES MESMOS. PASARÁN POLO RÍO SALTANDO POLAS PEDRAS (AROS), ARRASTRÁNDOSE POLAS XESTAS (PASANDO DEBAIXO DAS PICAS)...
  • XOGOS CORPORAIS: PENSAREMOS QUE PARTES DO CORPO UTILIZAMOS MÁIS EN CADA IMITACIÓN. 
  • XOGOS TEMPORAIS: PENSAREMOS EN QUE ANIMAIS VAN MÁIS RÁPIDO E CALES MÁIS LENTO.
  • RELAX: FORMAREMOS A NUBE DE CALMA. CADA CATIVO SERÁ, COMA SEMPRE, UN RABO DE NUBE.

02/02/18

O ENTROIDO DA SRA. LINGUA


INVERNO ESTÁ A SER MOI LONGO E TAMÉN ESTÁ AFECTANDO Á NOSA AMIGA. COLLEU UN ARREFRIADO DE AUPA E AGORA NON TEN VOZ. A ELA ENCÁNTANLLE AS ENTROIDO, PERO TEN MEDO DE NON SANDAR PARA CELEBRALO. GÚSTALLE MOITO DISFRAZARSE E CANTAR PERO, TAL E COMO ESTÁ, CADA VEZ QUE QUERE CANTAR ALGO, NON ARTICULA PALABRA. 
AO CABO DUN ANACO, COMO SE ABURRE, PROPON UN XOGO COS SEUS AMIGOS OS BEIZOS: ELES TEÑEN QUE PRONUNCIAR UNHA VOGAL SEN EMITIR SON NINGÚN E ELA TEN QUE ADIVIÑAR DE CAL SE TRATA. QUE VOS PARECE? XOGAMOS?

17/01/18

O BEN E O MAL

IMAXE: ARASAAC.

HOXE IMOS PENSAR EN SE AS SOLUCIÓNS QUE ACHEGAMOS AO PROBLEMA DO RATIÑO SON OU NON VIOLENTAS. REFLEXIONAREMOS SOBRE O QUE É BO E O QUE NON. FILOSOFEMOS!

15/01/18

A SRA. LINGUA E O AIRE

IMAXE: antonio-mkds.

HOXE IMOS FALAR DO BEN QUE SE LEVAN A SRA. LINGUA E O AIRE. A ELA ENCÁNTALLE QUE O AIRE CIRCULE POLA SÚA CASA. UNHAS VECES, PASA MOI AMODIÑO (INSPIRAMOS E EXPIRAMOS MOI LENTAMENTE) E, OUTRAS, MOI RÁPIDO (SOPRAMOS FORTE). UNHA VECES, TEN A PORTA MOI ABERTA E OUTRAS MOI PECHADA; E, CANDO PASA ISTO ÚLTIMO, O AIRE PRODUCE UN ASUBÍO. PROBADE VÓS!
PERO, HOXE A NOSA AMIGA NECESITA DESCANSAR E PECHOU A PORTA PARA QUE NON ENTRASE CORRENTE (PECHAMOS A BOCA). ENTÓN, O AIRE, QUE É MOI TRAVESO, QUERE SAÍR. E POR ONDE O FAI? POIS POLO NARIZ (EXPULSAMOS AIRE SÓ POLO NARIZ).