IMAXE: antonio-mkds. |
HOXE IMOS FALAR DO BEN QUE SE LEVAN A SRA. LINGUA E O AIRE. A ELA ENCÁNTALLE QUE O AIRE CIRCULE POLA SÚA CASA. UNHAS VECES, PASA MOI AMODIÑO (INSPIRAMOS E EXPIRAMOS MOI LENTAMENTE) E, OUTRAS, MOI RÁPIDO (SOPRAMOS FORTE). UNHA VECES, TEN A PORTA MOI ABERTA E OUTRAS MOI PECHADA; E, CANDO PASA ISTO ÚLTIMO, O AIRE PRODUCE UN ASUBÍO. PROBADE VÓS!
PERO, HOXE A NOSA AMIGA NECESITA DESCANSAR E PECHOU A PORTA PARA QUE NON ENTRASE CORRENTE (PECHAMOS A BOCA). ENTÓN, O AIRE, QUE É MOI TRAVESO, QUERE SAÍR. E POR ONDE O FAI? POIS POLO NARIZ (EXPULSAMOS AIRE SÓ POLO NARIZ).