24/01/15

SEMENTEIRA (PARTE 2)

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

NADA. NON NOS ESTÁ A ACOMPAÑAR O TEMPO E ESTES DÍAS CASE NON POUIDEMOS ACUDIR Á HORTA A PLANTAR. PERO O PASADO MÉRCORES O TEMPO DEUNOS UNHA PAUSA E PERMITIUNOS IR Á NOSA PLANTACIÓN. DESTA VOLTA SEMENTAMOS FABALLÓNS. NON HAI MÁIS IMAXES PORQUE RAMÓN NON PODE ESTAR A TODO: A AXUDAR A ESCARVAR, A COLOCAR A SEMENTE, A SACAR FOTOS... :)
AGORA SÓ NOS FALTAN OS ALLOS E O CHÍCHAROS.

23/01/15

PRIMEIRA SEMANA DA FROITA

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

COMO XA VOS COMENTAMOS NUNHA NOTA, TODA ESTA SEMANA ESTANNOS A TRAER AO COLEXIO UNHA CHEA DE FROITA. HAI XENTE QUE DI QUE, AOS NENOS E NENAS, NON NOS GUSTA. PERO ÉVOS BEN CERTO QUE, CANDO A PROBAMOS CON OUTROS CATIVOS E CATIVAS AO NOSO CARÓN, A COUSA CAMBIA.
O LUNS TOCOU MAZÁ.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
O MARTES, MANDARINA E O QUE SOBROU DO LUNS.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
O MÉRCORES, PERA E O QUE SOBROU DO LUNS E MARTES.
O XOVES, PLÁTANO E O QUE SOBROU DO LUNS, MARTES E MÉRCORES.
O VENRES, MAZÁ GOLDEN E O QUE SOBROU DO LUNS, MARTES, MÉRCORES E XOVES.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

21/01/15

ENTROIDO CON ARTE

IMAXE: AULA DE FILOSOFÍA DE EUGENIA SÁNCHEZ BRAVO.

ESTAMOS METIDOS DE CHEO NA CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ, PERO ACHÉGASE O ENTROIDO E NÓS NA CLASE ESTÁMOLO A PREPARAR. 
COMO SABEDES, SOMOS XENTE MOI SENSIBILIZADA COA ARTE PLÁSTICA. COÑECEMOS ARTISTAS, TRATAMOS DE IMITAR AS SÚAS OBRAS, DISTINGUIMOS AS SÚAS TÉCNICAS... POIS BEN, NO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, DECIDIMOS QUE ESTA VAI SER A TEMÁTICA DO ENTROIDO: A ARTE. PERO, NON NOS QUEREMOS ADIANTAR MÁIS. XA VOS MANDAREMOS UNHA NOTA PARA A SEMANA QUE VÉN SOBRE COMO IMOS ORGANIZAR A FESTA DO ENTROIDO.
MENTRES TANTO, COMO PINTORES QUE SOMOS, HOXE COÑECEMOS A UN NOVO AMIGO: MARK ROTHKO. ESTIVEMOS A VER UN LIBRO SOBRE EL ONDE APARECÍAN MOITAS OBRAS SÚAS. LOGO, OS NENOS E NENAS QUE ACUDIRON HOXE AO RECANTO PLÁSTICA ESCOLLERON UN. EN CONCRETO, ESE QUE VEDES ENRIBA. TITÚLASE Nº6 (AMARELO, BRANCO, AZUL SOBRE AMARELO CON FONDO GRIS). PROXIMAMENTE, PUBLICAREMOS O PROCESO DE CREACIÓN DO CADRO QUE VAI ESTAR EXPOSTO NA PORTA DA NOSA AULA.
IMAXE: WIKIMEDIA.

20/01/15

ATA SEMPRE, OUALA!

IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.

HOXE MARCHOUNOS UNHA GRAN COMPAÑEIRA: OUALA. AS DESPEDIDAS NUNCA SON CÓMODAS E FOI UN MOMENTO EMOTIVO PARA ELA E PARA OS DEMAIS. MANDÁMOSLLE UNS BICOS E DÉMOSLLE UNHA ENORME APERTA. FIXÉMOLO EN PERSOA E AGORA QUEREMOS OFRECERLLOS VIRTUALMENTE (USANDO PICASION) PARA QUE, ALÁ ONDE VAIA, SEMPRE NOS LEMBRE.

19/01/15

CONVERSAMOS SOBRE A PAZ (INCICIAL)

IMAXE: CAPTURA DE GOEAR.

ESTÁ A CHEGAR O DÍA DA PAZ. NA CLASE ESTAMOS A APRENDER A CANCIÓN QUE IMOS INTERPRETAR NA FESTA (A PISTA 6 DESTE CD/DVD: APERTAS QUE VOAN. ADEMAIS, ESTAMOS A FALAR DO QUE SIGNIFICA PARA NÓS ESE DÍA E, SOBRE TODO, A PALABRA PAZ. MIRADE QUE CONVERSA MÁIS INTERESANTE MANTIVEMOS O PASADO XOVES.
RAMÓN: LA PAZ ES...
ANIA: UNA FAMILIA.
RAMÓN: UNA FAMILIA. ¿Y QUÉ MÁS ES LA PAZ?
ANIA: AMISTAD.
RAMÓN: AMISTAD. ¿Y QUÉ MÁS PUEDE SER?
SERGIO: TAMBIÉN... ALEGRÍA.
RAMÓN: ¿ALEGRÍA?
SERGIO: ALEGRÍA TAMBIÉN.
RAMÓN: ALEGRÍA TAMBIÉN ES LA PAZ.
ANIA: PERO, ¡YA PASÓ LA PAZ!
RAMÓN: ¿YA PASÓ? ¡NO! OS HE DICHO QUE LA PAZ ES A PARTIR... ES EL DÍA 30. AÚN NO QUEDAN UNOS DÍAS PARA LLEGAR AL DÍA DE LA PAZ. ¿Y QUÉ MÁS?
SERGIO: TAMBIÉN ES ALEGRÍA.
ANIA: YA LO DIJIMOS.
RAMÓN: ¿Y QUÉ MÁS? IAGO, ¿QUÉ ES LA PAZ PARA TI? ¿QUÉ ES?
IAGO: PAPÁ NOEL.
RAMÓN: PAPÁ NOEL ES LA PAZ. Y PARA TI, MATEO PAZ, ¿QUÉ ES? ¿QUE PUEDE SER LA PAZ?
MATEO PAZ: ABRAZOS.
RAMÓN: ABRAZOS, DICE MATEO. DICE MATEO PAZ QUE, PARA ÉL, LA PAZ ES ABRAZOS. ¿Y PARA TI, NOA?
NOA: ...
RAMÓN: PIÉNSALO Y DESPUÉS ME LO DICES, ¿VALE? PARA TI, DANIELA, ¿QUÉ ES LA PAZ?
DANIELA: PAPÁ NOEL.