XE ESTAMOS CO PRIMEIRO CHOIO. A CLASE DE ENFRONTE (A DA PROFE Mª JOSÉ) E MAIS NÓS QUIXEMOS DARLLE UN TOQUE DE COR AO NOSO CORREDOR. ESTAMOS A PINTAR UNHA PAISAXE PARA LOGO COLOCAR UNHAS FIGURAS DUN CONTO CLÁSICO. A NOSA CLASE DEDICARASE, DE MOMENTO, A DEBUXAR A HERBA DESA PAISAXE. POR ISO, ESTIVEMOS A MIRAR COMO UN GRAN ARTISTA,
VAN GOGH, RECREA ESA PLANTA.
FIXÁDEVOS COMO O ARTISTA UTILIZA VARIAS
TONALIDADES DE VERDE EN BROCHAZOS VERTICAIS E DIAGONAIS. POIS NÓS QUIXEMOS IMITALO E PUXÉMONOS MANS Á OBRA.
COMO NON TIÑAMOS PINTURA VERDE, MESTURAMOS E REMEXEMOS AZUL E AMARELO.
E PINTAMOS A HERBA.
LOGO, COMO AÍNDA NOS SOBROU ALGO DE PINTURA, ENGADÍMOSLLE UN POUCO DE NEGRO PARA CONSEGUIR VERDE ESCURO.
E LOGO VOLVEMOS TRAZAR RAIAS DE HERBA.
COMO VEDES, O TRABALLO ESTÁ A MEDIO FACER. ASÍ QUE TO BE CONTINUED.