06/10/14

HERBA DE VAN GOGH

FONTE: LAROUSSE.

XE ESTAMOS CO PRIMEIRO CHOIO. A CLASE DE ENFRONTE (A DA PROFE Mª JOSÉ) E MAIS NÓS QUIXEMOS DARLLE UN TOQUE DE COR AO NOSO CORREDOR. ESTAMOS A PINTAR UNHA PAISAXE PARA LOGO COLOCAR UNHAS FIGURAS DUN CONTO CLÁSICO. A NOSA CLASE DEDICARASE, DE MOMENTO, A DEBUXAR A HERBA DESA PAISAXE. POR ISO, ESTIVEMOS A MIRAR COMO UN GRAN ARTISTA, VAN GOGH, RECREA ESA PLANTA.
FONTE: ARTES PLÁSTICAS Y OTRAS HIERBAS.
FIXÁDEVOS COMO O ARTISTA UTILIZA VARIAS TONALIDADES DE VERDE EN BROCHAZOS VERTICAIS E DIAGONAIS. POIS NÓS QUIXEMOS IMITALO E PUXÉMONOS MANS Á OBRA.
COMO NON TIÑAMOS PINTURA VERDE, MESTURAMOS E REMEXEMOS AZUL E AMARELO.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
E PINTAMOS A HERBA.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
LOGO, COMO AÍNDA NOS SOBROU ALGO DE PINTURA, ENGADÍMOSLLE UN POUCO DE NEGRO PARA CONSEGUIR VERDE ESCURO.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
E LOGO VOLVEMOS TRAZAR RAIAS DE HERBA.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
COMO VEDES, O TRABALLO ESTÁ A MEDIO FACER. ASÍ QUE TO BE CONTINUED.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

PON AQUÍ O TEU COMENTARIO.