13/02/15

QUE ESTÁ A NACER NA TERRA?

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

CONTÁMOSVOS O OUTRO DÍA QUE XA ESTABAN MEDRANDO ALGUNHAS SEMENTES QUE PLANTAMOS NA HORTA. POIS BEN, NON SON AS ÚNICAS. MIRADE NA FOTO. XA TEMOS MÁIS. CÍRCULO VERMELLO, OS ALLOS; AMARELO, AS CEBOLAS; E MORADO, OS FABALLÓNS.
*POR CERTO, HAI UN ERRO NA FOTO. A VER SE O ATOPADES.

12/02/15

FIXÉMOSLLE CASO AO MECO

XA VOS CONTAMOS QUE O MECO NOS MANDOU TRAER ALGO PARA DISFRAZARNOS CADA DÍA E NÓS, CO GUIADIÑOS QUE SOMOS, OBEDECÉMOSLLE. MIRADE QUE GUAPOS E SIMPÁTICOS VIÑEMOS.
LUNS NON ESQUEZAS TRAER ALGO PARA A TÚA CABEZA.
MARTESCOLGA ALGO DO TEU PESCOZO.
MÉRCORESPENSA OUTRA COUSA PARA VESTIR A TÚA CINTURA.
XOVESTODO XUNTO AO COLE TRAERÁS E ASÍ DISFRAZADO VIRÁS.
IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.

10/02/15

TRAXES DE ENTROIDO LISTOS!

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
ONTE Á TARDE, COMO TIÑAMOS PENSADO, OS PAIS E AS NAIS DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS VIÑERON COLABORAR NA CONFECCIÓN DO DISFRACE DE PINTOR. ENTRE TODOS E TODAS, TARDAMOS POUCO MÁIS DE MEDIA HORA EN TER TODO A PUNTO. 
GRAZAS A TODOS E A TODAS.

08/02/15

OS MANDADOS DO MECO

IMAXE: CEIP S. FAMILIA.

ACHÉGASE O ENTROIDO E DURANTE ESTA SEMANA IMOS COÑECER UN PERSONAXE NOVO: O MECO. CADA DÍA, ESTE AMIGO VAINOS IR MANDANDO TRAER ALGÚN COMPLEMENTO PARA DISFRAZARNOS.
EU SON O REI DO ENTROIDO,
MECO DANME EN CHAMAR.
OBEDECE AS MIÑAS ORDES,
SE BEN O QUERES PASAR.
LUNS NON ESQUEZAS TRAER ALGO PARA A TÚA CABEZA.

MARTES, COLGA ALGO DO TEU PESCOZO.
MÉRCORES, PENSA OUTRA COUSA PARA VESTIR A TÚA CINTURA.
XOVES, TODO XUNTO AO COLE TRAERÁS E ASÍ DISFRAZADO VIRÁS.
IMAXES: MODIFICADAS DE FLICKR.

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

ESTE VENRES, O TEMPO ACOMPAÑOUNOS UN POUCO E PUIDEMOS ACUDIR AO PAVILLÓN A FESTEXAR O DÍA DA PAZ. NO CENTRO DA PISTA, OS CATIVOS E CATIVAS DE EDUCACIÓN INFANTIL FORMAMOS UN GRAN CORAZÓN VERMELLO (POR ISO LEVAVAMOS OS FLECOS E O GORRO DESA COR) E CANTAMOS A CANCIÓN QUE ESTEVIRAMOS ENSAIANDO.
IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.