27/02/15

NORMA 5: ESCOITAR

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

COMO VEDES TODOS OS DÍAS NA PARTE LATERAL DEREITA DO BLOG, HAI CATRO IMAXES. PARA TER UN CLIMA AGRADABLE NA CLASE, ACORDAMOS UNHAS NORMAS E, PARA FACELAS MÁIS VISIBLES E SIGNIFICATIVAS, REFLECTÍMOLAS MEDIANTE FOTOS NOSAS. SON CATRO, COMO DICIMOS, PERO AGORA IMOS ENGADIR OUTRA: PARA ENTENDERNOS: ESCOITAMOS E FALAMOS. NECESITABÁMOLA. SÓ TENDES QUE ESCOITAR ALGÚNS DOS PAULOAUDIOS PARA DARVOS DE CONTA DE QUE NOS COSTA UN  CHISCO. É A QUINTA E, SE TODO VAI BEN, NON INCLUIREMOS OUTRA. AS NORMAS, SE SON SUFICIENTES PARA MANTER UN BO AMBIENTE, CANTAS MENOS, MELLOR.

25/02/15

ARCIMBOLDO CHEGA A NOSA CLASE

XA SABEDES POR UNHA ENTRADA ANTERIOR QUE ESTAMOS A FALAR MOITO DE ALIMENTOS NA AULA. E NO RECANTO DE PLÁSTICA QUERIAMOS VER ALGUNHAS OBRAS DE ARTE QUE AMOSEN COMIDA. HAI MOITOS AUTORES E AUTORAS, PERO NÓS IMOS VER O TRABALLO DE ARCIMBOLDO. PARA ISO, COLLEMOS NA BIBLIOTECA DOS ROSAIS UN LIBRO SOBRE EL. ARCIMBOLDO PINTABA RETRATOS DE PERSOAS PERO, NO CANTO DE REPRESENTAR AS PARTES DA CARA DE FORMA NATURAL, SUBSTITUÍAAS POR ELEMENTOS DO CONTORNO: ALIMENTOS, ANIMAIS... COLÓCAAS EN POSICIÓNS CONCRETAS E, MEDIANTE UNHA ILUSIÓN ÓPTICA, PERMÍTENOS VER UNHA FACIANA HUMANA.
IMAXE: WIKIMEDIA.
O PRIMEIRO QUE IMOS FACER NA AULA É UN AUTORRETRATO (UN SELFIE, VAIA) E, PARA ISO, COMO NÓS NON IMOS SER QUEN DE DEBUXAR ALIMENTOS CO DETALLE DE ARCIMBOLDO, UTILIZAREMOS FOTOS. MAÑÁ OS CATIVOS E CATIVAS LEVARÁN UNHA NOTA PARA QUE VAIAN TRAENDO (CANTOS MÁIS MELLOR) FOTOS DE ALIMENTOS RECORTADAS E PERFILADAS. NÓS, NO COLEXIO, ESTÁMOLAS A ESCOLLER DOS FOLLETOS DOS SUPERMERCADOS. VÓS, NA CASA PODEDES FACER O MESMO.
IMAXE: ANA LÓPEZ.

AUDIOS DOS POEMAS DE "MAMÁ"

IMAXE: KALANDRAKA.

COÑECEDES XA QUE NA NOSA CLASE TEMOS UN CAIXÓN CON LIBROS QUE VEÑEN DA BIBLIOTECA DO COLEXIO. POIS HOXE ESCOLLEMOS UN DOS LIBROS (MAMÁ DE MARIANA RUIZ JOHNSON) E GUSTOUNOS TANTO QUE DECIDIMOS GRAVAR UN FRAGMENTO: 
OS PAXAROS CANTAN
CANDO ENTÁ CONTENTA.
MAIS CANDO SE ENFADA
MAMÁ É TORMENTA.
AQUÍ VAN OS AUDIOS. PRIMEIRO, O EDITADO.
EN SEGUNDO LUGAR, CON PAUSAS PARA QUE REPITADES.
E, POR ÚLTIMO, O AUDIO ORIXINAL. PARA QUE VEXADES QUE GRAVAR NON É COUSA DOADA. :)
IMAXES: CAPTURAS DE GOEAR.
POR CERTO, NA EDICIÓN DE AUDIO, USAMOS SEMPRE O PROGRAMA DE SOFTWARE LIBRE AUDACITY. MOI SINXELO DE USAR. RECOMENDABLE.


24/02/15

A BIBLIOTECA DO COLEXIO VIAXA

IMAME. RAMÓN PARÍS LAGO.

CADA CERTO TEMPO, CHEGA Á NOSA CLASE UNHA CAIXA CON RODAS. LEVA DENTRO UNHA CHEA DE LIBROS DA BIBLIOTECA DO COLEXIO. DESTA VOLTA, FIXÉMOSLLE UNHA FOTO A TODOS ELES. IRÉMOLOS LENDO POUCO A POUCO DURANTE O TEMPO QUE ESTEAN CONNOSCO.

23/02/15

CANCIÓN PARA ESTE TEMPO


AGORA MESMO NA CLASE ESTAMOS A FALAR MOITO DOS ALIMENTOS QUE COMEMOS E, POR ISO, AQUÍ DEIXAMOS ESTA CANCIÓN QUE IMOS COMEZAR A BAILAR MAÑÁ. ENJOY!

ANIVERSARIOS VARIOS

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

XA TEMOS OUTRA NENA NO CLUB DOS 4: ANIA. UNHA SEMANA ANTES, EN PLENO ENTROIDO, IAGO TAMÉN CHEGOU AOS 4. E COMO NON TIÑAMOS UNHA FOTO DEL COA COROA E XA CUMPRIU EN XANEIRO, TAMÉN RETRATAMOS A MATEO MARTÍNEZ.
IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.