25/02/15

ARCIMBOLDO CHEGA A NOSA CLASE

XA SABEDES POR UNHA ENTRADA ANTERIOR QUE ESTAMOS A FALAR MOITO DE ALIMENTOS NA AULA. E NO RECANTO DE PLÁSTICA QUERIAMOS VER ALGUNHAS OBRAS DE ARTE QUE AMOSEN COMIDA. HAI MOITOS AUTORES E AUTORAS, PERO NÓS IMOS VER O TRABALLO DE ARCIMBOLDO. PARA ISO, COLLEMOS NA BIBLIOTECA DOS ROSAIS UN LIBRO SOBRE EL. ARCIMBOLDO PINTABA RETRATOS DE PERSOAS PERO, NO CANTO DE REPRESENTAR AS PARTES DA CARA DE FORMA NATURAL, SUBSTITUÍAAS POR ELEMENTOS DO CONTORNO: ALIMENTOS, ANIMAIS... COLÓCAAS EN POSICIÓNS CONCRETAS E, MEDIANTE UNHA ILUSIÓN ÓPTICA, PERMÍTENOS VER UNHA FACIANA HUMANA.
IMAXE: WIKIMEDIA.
O PRIMEIRO QUE IMOS FACER NA AULA É UN AUTORRETRATO (UN SELFIE, VAIA) E, PARA ISO, COMO NÓS NON IMOS SER QUEN DE DEBUXAR ALIMENTOS CO DETALLE DE ARCIMBOLDO, UTILIZAREMOS FOTOS. MAÑÁ OS CATIVOS E CATIVAS LEVARÁN UNHA NOTA PARA QUE VAIAN TRAENDO (CANTOS MÁIS MELLOR) FOTOS DE ALIMENTOS RECORTADAS E PERFILADAS. NÓS, NO COLEXIO, ESTÁMOLAS A ESCOLLER DOS FOLLETOS DOS SUPERMERCADOS. VÓS, NA CASA PODEDES FACER O MESMO.
IMAXE: ANA LÓPEZ.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

PON AQUÍ O TEU COMENTARIO.