26/04/13

CAL É O NOVO LIBRO ESPECIAL?



BOTÁDELLE UN OLLO ÁS IMAXES DO NOVO LIBRO ESPECIAL E LOGO CONTESTADE Á SEGUINTE PREGUNTA EN DOODLE. VEÑA!

SOLUCIÓN Á PEGUNTA DO VÍDEO

VÍDEO 1

PAULO QUERE DARVOS AS GRAZAS POLA GRAN PARTICIPACIÓN NA CONTESTACIÓN DA PREGUNTA EN DOODLE. PREMEDE AQUÍ PARA VERDES O QUE CONTESTÁCHEDES. AGORA XA NON SE PODE VOTAR MÁIS PORQUE, COMO DI ALÍ, POLL IS CLOSED
A RESPOSTA CORRECTA ERA... GALEGO! O VÍDEO DE DORAEMON ESTABA EN GALEGO. E COMO PREMIO, AÍ VOS VAI OUTRO VÍDEO DE DORAEMON EN GALEGO.

25/04/13

ESCRIBIMOS EN GOOGLE DOCS

O XOGO QUE NOS PROPUXO ESTA SEMANA A SEÑORA LINGUA TAMÉN O PODEMOS FACER DESDE A CASA. PREMEDE NA IMAXE DE ARRIBA OU NA DA SEÑORA LINGUA COAS CADEAS E IREDES A UN DOCUMENTO DE TEXTO DE GOOGLE. ANOTADE A VOSA PALABRA E O VOSO NOME. NON FAI FALTA GARDALO PORQUE GOOGLE DOCS FAINO POR TI.

22/04/13

PALABRAS ENCADEADAS COA SEÑORA LINGUA

PARA FESTEXAR QUE HOXE É O DÍA DO LIBRO, A SEÑORA LINGUA VAIVOS PROPOÑER UN XOGO COAS PALABRAS. PERO, OLLO!, NON AS COMADES, COMO FACÍA HENRY, O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS.
O XOGO CHÁMASE PALABRAS ENCADEADAS E CONSISTE NO SEGUINTE. A SEÑORA LINGUA DI UNHA PALABRA, POR EXEMPLO CASA, E UN NENO OU NENA TEN QUE DICIR OUTRA QUE COMECE POLA ÚLTIMA SÍLABA, SA, COMO, POR EXEMPLO, SACO. DESPOIS OUTRO TEN QUE PENSAR NOUTRA PALABRA QUE EMPECE POR CO, COELLO. E ASÍ SEGUIDO. VEÑA, A VER SE SODES QUEN DE ENCADEAR MOITÍSIMAS PALABRAS.

COMO ANOTAR RESPOSTAS?




NO CONCURSO DE ADIVIÑAR O IDIOMA DOS VÍDEOS TEMOS DÚAS FORMAS DE ANOTAR AS NOSAS RESPOSTAS. UNHA, NA TÁBOA QUE FIXEMOS EN NOTEBOOK (E ISO SO PODEMOS FACELO NA CLASE). E DÚAS, NA PÁXINA WEB DE DOODLE (QUE PODEDES FACER DESDE A CASA), ONDE RAMÓN SIMPSON VOS DEIXOU 4 OPCIÓNS. POÑEDE O VOSO NOME E ELIXIDE UNHA. PODEDES CONTESTAR AS VECES QUE QUEIRADES.