PARA FESTEXAR QUE HOXE É O DÍA DO LIBRO, A SEÑORA LINGUA VAIVOS PROPOÑER UN XOGO COAS PALABRAS. PERO, OLLO!, NON AS COMADES, COMO FACÍA HENRY, O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS.
O XOGO CHÁMASE PALABRAS ENCADEADAS E CONSISTE NO SEGUINTE. A SEÑORA LINGUA DI UNHA PALABRA, POR EXEMPLO CASA, E UN NENO OU NENA TEN QUE DICIR OUTRA QUE COMECE POLA ÚLTIMA SÍLABA, SA, COMO, POR EXEMPLO, SACO. DESPOIS OUTRO TEN QUE PENSAR NOUTRA PALABRA QUE EMPECE POR CO, COELLO. E ASÍ SEGUIDO. VEÑA, A VER SE SODES QUEN DE ENCADEAR MOITÍSIMAS PALABRAS.