17/10/14

COMPOÑEMOS O NOSO NOME

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

XA ESTÁ EN MARCHA O RECANTO DA BIBLIOTECA. ALÍ TEMOS TODO O RELACIONADO COAS LETRAS, PERO, SOBRE TODO, LIBROS.
ESTA SEMANA TIVEMOS QUE FACER UN PEQUENO TRABALLIÑO (O PRIMEIRO!). COLLEMOS AS ETIQUETAS GRANDES DO NOSO NOME E, LETRA A LETRA, O FOMOS PEGANDO NUNHA LÁMINA. MENTRES O FACIAMOS, COMENTABAMOS CANTAS LETRAS TIÑA, COMO ERAN, CAL ÍA ANTES E CAL DESPOIS, CAL ERA A PRIMEIRA E CAL A ÚLTIMA...
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

13/10/14

UNHA CANCIÓN PARA A MERENDA


NA SECCIÓN O QUE CANTAMOS PODEDES VER TODAS AS CANCIÓNS QUE VAN IR ORGANIZANDO O NOSO DÍA A DÍA. AGORA TÓCALLE AO MOMENTO DA MERENDA CUNHA CANCIÓN DE MIGALLAS: PAN DE MILLO.

12/10/14

OS RECANTOS DA AULA

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO CON SÍMBOLOS TOMADOS DE ARASAAC.

NA EDUCACIÓN INFANTIL, AS AULAS SON DIFERENTES A CALQUERA OUTRA ETAPA. A NOSA ESTÁ DIVIDIDA EN ZONAS E RECANTOS DE ACTIVIDADE.
O ESPAZO DA CLASE DISTRIBÚESE DE XEITO FLEXIBLE PARA QUE FAVOREZA A AUTONOMÍA, A PARTICIPACIÓN, O TRABALLO EN GRUPO E O TRABALLO INDIVIDUAL. A ESTRUTURACIÓN DA AULA EN ZONAS (COLGADOIROS OU ASEMBLEA) E RECANTOS DE ACTIVIDADE (CASIÑA, MATES, BILIOTECA, PLÁSTICA E CONSTRUCIÓNS) FACILITA A CONSECUCIÓN DE TODOS ESTES ASPECTOS.
CADA DÍA, GRUPOS DUN MÁXIMO DE 5 COMPOÑENTES ACUDIRÁN AOS RECANTOS. UNHAS VECES TERÁN QUE REALIZAR UNHA TAREFA, OUTRAS SIMPLEMENTE XOGARÁN (QUE NON É POUCA COUSA!) CO MATERIAL QUE HAI NEL E, OUTRAS, FARÁN AS DÚAS COUSAS. POR EXEMPLO, A SEMANA PASADA, OS CATIVOS E CATIVAS QUE ÍAN AO RECANTO DE PLÁSTICA, ADEMAIS DE PODEREN XOGAR COA PLASTI E FACER UN DEBUXO, TIVERON QUE PINTAR A HERBA DO MURAL DO CORREDOR.