COMEZAMOS O ANO MIRANDO CARA O DÍA DA PAZ. E PENSAMOS EN FALAR DUN LIBRO MOI SINXELO PERO CON ALGO DE TALLADA. EFECTIVAMENTE, QUEN É ESE BECHO? AMOSA MOITOS TIPOS DE BECHOS E NÓS ESTAMOS APROVEITÁNDOO PARA REFLEXIONAR SOBRE A DIVERSIDADE.
SE PREMEDES NA IMAXE DE EMBAIXO, PODEREDES ACCEDER Á PROGRAMACIÓN DAS VINDEIRAS SESIÓNS QUE VAN SER MOI INTERESANTES.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
POIS XA QUE FALAMOS DE BECHOS, AQUÍ TENDES UN XOGO ONDE PODEDES COLOREAR BECHOS, ENTRE ELES UNHA ARAÑA.
IMAXE: JUEGA PEQUE.
E MÁIS RECURSOS SOBRE INSECTOS DIVERSOS: UN MEMORY.
IMAXE: BALARA.
E AÍ VAI UNHA CANCIÓN SOBRE UN DELES: A ARAÑA INCY WINCY. UNHA GRAN AMIGA QUE, AO IGUAL QUE OS OUTROS DOUS RECURSOS, TAMÉN PODEDES VER EN AO QUE XOGAMOS. ESTE ÚLTIMO, NA SECCIÓN XOGOS COA MÚSICA.
ESTIVEMOS APRENDENDO UNHA VERSIÓN EN CASTELÁN. PODÉDELA ESCOITAR PREMENDO AQUÍ. E MESMO CANTAMOS UNHA VERSIÓN MADE IN A TROPA EN GALEGO:
INCY WINCY ARAÑA SUBIU O CANALÓN. VEU A CHUVIA E CAEU DE CU. SAIU O SOL E SECOU A CHUVIA. E INCY WINCY ARAÑA OUTRA VEZ SUBIU.
NON DIREDES QUE NON TENDES ONDE ELIXIR. A VERSIÓN MÁIS PLURILINGÜE DE PAULO.