21/01/15

ENTROIDO CON ARTE

IMAXE: AULA DE FILOSOFÍA DE EUGENIA SÁNCHEZ BRAVO.

ESTAMOS METIDOS DE CHEO NA CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ, PERO ACHÉGASE O ENTROIDO E NÓS NA CLASE ESTÁMOLO A PREPARAR. 
COMO SABEDES, SOMOS XENTE MOI SENSIBILIZADA COA ARTE PLÁSTICA. COÑECEMOS ARTISTAS, TRATAMOS DE IMITAR AS SÚAS OBRAS, DISTINGUIMOS AS SÚAS TÉCNICAS... POIS BEN, NO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, DECIDIMOS QUE ESTA VAI SER A TEMÁTICA DO ENTROIDO: A ARTE. PERO, NON NOS QUEREMOS ADIANTAR MÁIS. XA VOS MANDAREMOS UNHA NOTA PARA A SEMANA QUE VÉN SOBRE COMO IMOS ORGANIZAR A FESTA DO ENTROIDO.
MENTRES TANTO, COMO PINTORES QUE SOMOS, HOXE COÑECEMOS A UN NOVO AMIGO: MARK ROTHKO. ESTIVEMOS A VER UN LIBRO SOBRE EL ONDE APARECÍAN MOITAS OBRAS SÚAS. LOGO, OS NENOS E NENAS QUE ACUDIRON HOXE AO RECANTO PLÁSTICA ESCOLLERON UN. EN CONCRETO, ESE QUE VEDES ENRIBA. TITÚLASE Nº6 (AMARELO, BRANCO, AZUL SOBRE AMARELO CON FONDO GRIS). PROXIMAMENTE, PUBLICAREMOS O PROCESO DE CREACIÓN DO CADRO QUE VAI ESTAR EXPOSTO NA PORTA DA NOSA AULA.
IMAXE: WIKIMEDIA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

PON AQUÍ O TEU COMENTARIO.