ESTA SEMANA IMOS XOGAR COS ZANCOS:
- QUECEMENTO: IMOS DESPRAZARNOS DE DIFERENTES MANEIRAS BORDEANDO O CIRTCUÍTO/PAISAXE QUE ESTÁ PREPARADO NO MEDIO DA PISTA.
- XOGOS ESPACIAIS: COMO A CHUVIA DE OUTONO DEIXOU TODO ASOLAGADO, IMOS MONTAR NOS ZANCOS E PERCORREREMOS A SALA DUN LADO A OUTRO.
- XOGOS CORPORAIS: MOVERÉMONOS POR UN CIRCUÍTO. ESTARÁ FORMADO POR UNHA COLCHONETA PARA FACERMOS UNHA REVIRAVOLTA (PARA ESQUIVAR UN TRONCO DO SOUTO); UNS AROS QUE HABERÁ QUE PERCORRER SALTANDO COS PÉS XUNTIÑOS (PARA TRASPASAR O RÍO); UNHAS PICAS QUE HABERÁ QUE SORTEAR MOI RÁPIDO (SON ÁRBORES SEN FOLLAS DA FRAGA); UNHAS COLCHONETAS PARA ARRASTRARSE (PARA PASAR POR DEBAIXO DOS TOXOS); E UNS ZANCOS COS QUE REMATAR O CIRCUÍTO (PARA NON MOLLAR OS PÉS COA AUGA DA CHUVIA).
- XOGOS TEMPORAIS: AO REALIZAR O CIRCUÍTO IREMOS FALANDO DO EXERCICIO QUE VAI PRIMEIRO E O QUE VAI DESPOIS; O QUE VAI ANTES E DESPOIS; E A ACTIVIDADE INICIAL E A FINAL.
- RELAX: CON AROS COLOCADOS POR TODA A CLASE, TODOS OS NENOS E NENAS SENTARÁN NA PAREDE. AQUELES QUE ESTEAN MOI TRANQUILOS PODERÁN DESCANSAR NUN DOS AROS COMO SE FOSEN UNHA RA NUN NENÚFAR.