PASEANDO POLO SOUTO
ESTA SEMANA, PAULO PROPONNOS ISTO PARA FACER EN PSICOMOTRICIDADE:
- QUECEMENTO: IMOS CORRER DE DIFERENTES MANEIRAS BORDEANDO O SOUTO QUE HOXE TEMOS NA AULA DE USOS MÚLTIPLES (OS CASTIÑEIROS DO SOUTO SERÁN PICAS SITUADAS POR TODO O ESPAZO DA CLASE).
- XOGOS ESPACIAIS: MOVÉMONOS DE DIFERENTES MANEIRAS, IMITANDO ANIMAIS PROTAGONISTAS DO OUTONO PERCORRENDO O SOUTO. NON SE PODÉN TOCAR OS CASTIÑEIROS.
- XOGOS CORPORAIS: DESPRAZARÉMONOS POLA CLASE AGARRANDO A PICA CON DIFERENTES PARTES DO CORPO.
- XOGOS TEMPORAIS: O MESMO XOGO DE ANTES PERO CAMBIANDO OS RITMOS (UNHA VECES RÁPIDO, OUTRAS LENTO).
- RELAX: RABOS DE NUBE. OS NENOS QUE ESTEAN TRANQUILOS VAN IR FORMANDO UNHA GRANDE NUBE POR TODO O ESPAZO DA SALA DE USOS MÚLTIPLES. CADA NENO SERÁ UN RABO DE NUBE QUE SE COLOCARÁ DEITADO CON BRAZOS E PERNAS ABERTOS E SUXEITÁNDOSE AO COMPAÑEIRO PARA FORMAR A NUBE.