O ENTROIDO TAMÉN TERÁ O SEU LUGAR NAS CLASES DE PSICOMOTRICIDADE:
- QUECEMENTO: IMOS MOVERNOS POLA CLASE ALTERNANDO OS DESPRAZAMENTOS IMITANDO A DIFERENTES ANIMAIS.
- XOGOS ESPACIAIS: OS ANIMAIS TERÁN QUE PERCORRER UN CIRCUÍTO DE OBSTÁCULOS SEN DEIXAR DE SER ELES MESMOS. PASARÁN POLO RÍO SALTANDO POLAS PEDRAS (AROS), ARRASTRÁNDOSE POLAS XESTAS (PASANDO DEBAIXO DAS PICAS)...
- XOGOS CORPORAIS: PENSAREMOS QUE PARTES DO CORPO UTILIZAMOS MÁIS EN CADA IMITACIÓN.
- XOGOS TEMPORAIS: PENSAREMOS EN QUE ANIMAIS VAN MÁIS RÁPIDO E CALES MÁIS LENTO.
- RELAX: FORMAREMOS A NUBE DE CALMA. CADA CATIVO SERÁ, COMA SEMPRE, UN RABO DE NUBE.